G.S.Lourido
O concello coruñés da Capela volveu pechar con éxito a nova edición da Festa do Requeixo. O bo tempo turrou da asistencia de visitantes, que mercaron máis de 3.000 terrinas do produto, un dos que fabrica con éxito a Cooperativa Campo Capela, aínda que sen deixar atrás outras referencias que levan ao recoñecemento e fan as ledicias de padales non só dos galegos, senón dos nacionais e internacionais.
Ilustrou e fixo sen dúbida prosa poética a profesora, historiadora e escritora ferrolá Marga Sánchez Yáñez, quen en calidade de pregoeira dixo do requeixo local que a celebración de hoxe é, en realidade, una festa dedicada á vaca, xa que foi “a única fonte de ingresos” e a que aportaba o único abono que se tiña noutros tempos. Hoxendía, coas medidas que se foron tomando, quedaron atrás entrañables imaxes como as de “levar o leite as casas, ou ir ás feiras coa manteiga con adorniños feitos coa culler", dixo.
”Engadiu que este domingo “celébrase” na Capela o requeixo e que seu frescor “tráenos as lembranzas de todo o Concello”.
A Capela, terra meiga
Entre os adornos literarios, o primeiro foi debuxar ao concello como “terra meiga” e falou da virxe das Neves ou de Caaveiro, paraxe este último para deixarse levar pola paisaxe, o río, as follas das árbores…, e ao que non dubidou en referirse como “un paraíso”.
Os queixeiros
Entre outros moitos postos e propostas para atraer a atención dos asistentes, achegáronse ao recinto feiral das Neves queixerías e vendedores como Cortes de Muar, Gaia, Campo Capela, Gandeiría Sillobre ou Casa Curtis.
Fuente RSS
