Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

A figura feminina da queixeira impregna o espíritu do 50º aniversario da Festa do Queixo

18/12/2024

0 Comentarios

 
Cartel Feira Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.comFoto
A Queixería Barral foi o escenario elixido para presentar o cartel e a imaxe gráfica do 50º aniversario da Festa do Queixo

Gonzalo S. Lourido

O Concello de Arzúa presentou hoxe o cartel e a imaxe gráfica do 50º aniversario da Festa do Queixo. Trátase dun tributo visual ás queixeiras, aos visitantes, aos traballadores e traballadoras e ao pasado, presente e futuro desde encontro anual e á tradición que representa. Pero a muller é en todo este proceso de proxección a protagonista, como simbolismo, tradición e esforzo.


A Queixería Barral foi o escenario que se elixiu para a presentación dos cinco novos carteis conmemorativos do queixo, con motivo da celebración no ano que entra dunha nova edición do feiral, no que cumplirá os seus primeiros cincuenta anos.

 O deseñador destes carteis, Daniel Camino, sinalou que o reclamo principal é destacar a figura feminina da queixeira, vestida con traxe tradicional e e portando un queixo que simboliza o esforzo, a dedicación, o apoio e o orgullo destas mulleres que foron fundamentais na historia desta festa.

Engadiu que esta imaxe, plasmada nun dos cinco carteis, está cargada de simbolismo e que pon no centro á muller traballadora, reflectindo o papel crucial que desempeñou e desempeña no ámbito rural e na conservación da tradición.

Polo demais, cada un destes cinco carteis publicitarios honra a diferentes grupos: ás produtoras de queixo, ás artistas, aos visitantes, ás traballadoras e traballadores e ás xeracións que foron parte activa de celebración.

Dixo tamén o deseñador que a inspiración visual dos pósteres provén da obra de recoñecidos artistas galegos, como Luis Seoane, Maruxa Mallo ou Xosé Vizoso, con influenzas que se reflicten no uso de cores brillantes e trazos marcados que evocan o dinamismo e a riqueza cultural de Galicia.

A tipografía seleccionada tamén se basea no legado das letras galegas tradicionais, lembrando os trazos de Castelao, a forza gráfica de Sargadelos de Díaz Pardo ou o deseño contemporáneo de Rubén Prol, "fusionando o pasado e o presente nun estilo visual único e contemporáneo", dixo.

Unha festa para a historia de todos

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, presidiu o acto de presentación, no que sinalou que a próxima edición do encontro anual será "unha festa para historia de todos e de todas", con palabras agarimosas para María Pilar Camba Garrido, "muller que innovou e traballou moitísimo" para sacar adiante a queixería arzuana onde hoxe se fixo a presentación. Dixo que "é unha desas mulleres especiais", que mantiveron viva a arte de facer o queixo "cun produto "que nos fai visibles en calquera parte". María Pilar Camba, que cumpriu este utono 89 anos, participou no acto e departiu cos asistentes sobre as súas experiencias como queixeira.
​
Despois do cartel, nas próximas semanas, o Concello de Arzúa irá presentando o programa musical, cultural e queixeiro,  para cuxo deselvolvemento confía contar co apoio decidido  das distintas Administracións. 

María Pilar Camba Garrido / queixosdegalicia.comFoto
María Pilar Camba, aos 89 anos, é unha desas mulleres que resumen co seu labor o espíritu do 50º aniversario da Festa do Queixo de Arzúa
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia