Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Festa do Queixo, éxito redondo

8/3/2022

0 Comentarios

 
47ª Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
O recinto 'Terra do Queixo' ao mediodía. Vendedores e sector hostaleiro mostráronse moi satisfeitos polas vendas e pola afluencia de público
​QdeG

A 47ª edición da Festa do Queixo de Galicia pechou o pasado fin de semana ao gusto de todos, dos organizadores, que consideran que foi un "rotundo éxito"; dos asistentes, que sen chegar a cifras de anos atrás, contáronse por milleiros e non tiveron atrancos importantes na vila e no recinto feiral; e de vendedores, que tamén contaron coa oportunidade de volver expoñer os seus produtos e facer caixa despois de moitos meses de pandemia.

O éxito de público valora o Concello de Arzúa -o organizador do evento- que quedou reflectido  especialmente na alta participación nas actividades programadas. Especialmente destascable foi a afluencia do sábado, na que as novas xeracións puideron desfrutar das actuación musicais de Marc Seguí e Zahara.

O domingo, despois dun discreto número de visitantes ao abrir o feiral, as rúas e  o recinto 'Terra do Queixo' foron incrementando asistencia, ata chegar a facer colas para degustar e mercar queixos, aínda que houbo fluidez o tempo de espera foi mínimo. E non faltou de nada na xornada, sol e terrazas cheas e algunhas gotas de choiva  con desbandada xeral para porse a colleito.  E tampoco faltaron os habituais avisos por megafonía recomendando prestarlle máis atención as carteiras, despois dalgunhas denuncias.

O recinto feiral pechou o domingo ás seis e media do serán, cando Ailá soaba xa na carpa, anticipando un peche de festa moi agardado, coa actuación de Guadi Galego.

A Festa do Queixo de Arzúa abre a temporada anual das celebracións para exaltar os queixos galegos. O próximo encontro será o 20 de marzo, coa celebración da 28 Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. 

47ª Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
A previsión: non máis de 800 visitantes no recinto 'Terra do Queixo'. Acudiron milleiros de persoas e a fluidez foi unha constante na cola para entrar
0 Comentarios

Domingo de queixos

5/3/2022

0 Comentarios

 
47 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
A Festa do Queixo de Arzúa volverá convocar este domingo milleiros de visitantes

Gonzalo S. Lourido
​

Xusto no momento no que se acaba de confirmar oficialmente a celebración da segunda feira de queixos deste ano en Galicia -a de Friol, que, como se sabe, vai da man do pan de Ousá-  quedan moi poucas horas para entrar pola porta grande do recinto feiral Terra do Queixo de Arzúa. Aquí, máis de medio cento de queixerías recibirán este domingo a miles de visitantes interesados en mercar algunha peza para degustar este mes de marzo no que andamos. É festa, é gastronomía e moitas cousas máis.

E supón unha aproximación á normalidade, que os organizadores esperan que sexa 'ordenada' e con ese 'sentidiño' que desde hai dous anos se reclama e se practica. No recinto feiral 'Terra do Queixo' hai 56 casetas para a venda do produto. Noutras dez presentanse outras propostas difererentes e igualmente interesantes. A entrada é de balde, coma sempre, e habilitouse un único acceso de entrada e saída, co que en todo momento se manterá no recinto o límite de visitas establecido. Faguerase bo en certa medida  o dito de que  'antes de entrar, deixen saír'.

'Terra do Queixo', que xa abriu este sábado, poderá visitarse o domingo entre as dez da mañá e seis e media do serán. Nas casetas haberá unha oferta moi variada e de diversa procedencia, na que se inclúe o segundo queixo máis vendido das denominacións de orixe protexida (DOP) de España, adiviñen cal é? Pois sí, o Arzúa- Ulloa.

 E estarán tamén as mesas dos queixos que en cada edición desta festa ofrecen os produtores lácteos tradicionais (PLTs), que serán cinco para a ocasión, e que contan cun público incondicional, amante do queixo de sempre. Todos os queixos, tanto industriais como artesanais, e o resto dos produtos alimentarios, teñen o  obrigatorio rexistro sanitario.

Recomendacións para a conservación do Arzúa-Ulloa
​
Lembran os impulsores da festa -Concello e DOP Arzúa-Ulloa-  que este queixo arzuán segue madurando co tempo, polo que non se recomenda gardalo envolto en filme transparente ou papel de aluminio, xa que precisa respirar. Aconséllase gardalo nun lugar libre de cheiros fortes e a unha temperatura constante de uns 8-10ºC. Cómpre deixalo a temperatura ambiente un par de horas antes de degustalo, para poder apreciar mellor os seus aromas, sabores e texturas. O resultado será un queixo "boísimo".
​
47 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comImagen
Os produtores lácteos tradicionais volven ter seu espazo para os amantes dos queixos de sempre
0 Comentarios

Arzúa-Ulloa, volve ás rúas a festa do queixo que anuncia a primavera

19/2/2022

0 Comentarios

 
47 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Alcalde de Arzúa e concelleira de Cultura, na presentación, o pasado xoves, da 47 Festa do Queixo
A.S.Rocha

Arzúa celebra os vindeiros 4,5 e 6 de marzo a súa 47 Festa do Queixo. Despois de moitos desacougos e incertezas e dunha edición -o ano pasado- que quedou nunha celebración dixital, en 'streaming', o econtro volve ás rúas e será o máis parecido posible "ao normal", segundo anunciou esta semana o alcalde do municipio coruñés, José Luis García, na presentación do evento.

Para lograr este obxectivo, se algunha partida orzamentaria se incrementa este ano é a da seguridade. Haberá polo tanto, controis de entradas e saídas ao recinto Feira Terra do Queixo e unha  limitación de asistentes más reducida, pero os concertos seguirán sendo gratuítos. E, na rúa, tamén se contará con reforzos importantes, por exemplo, de axentes das policías municipais da contorna.

Este ano, a presentación da Festa do Queixo celebrouse a poucos quilometros  de Arzúa, na Queixería Verbas (Granxa A Curiscada-Burres) , na que se elabora un queixo con leite crú, á espera só do visto e prace oficial da Administración para respaldar o queixo artesanal que xa fabrican  co amparado, agora, Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

56 postos con queixos

Na festa instalaranse  56 casetas para a venda de queixo, ademais doutras dez para expoñer  produtos diversos. A entrada ao recinto feiral Terra do Queixo estará controlada para  manter en todo momento o máximo permitido de asistentes, polo que haberá un único acceso de entrada e saída.

Acudirán, ademais de queixerías das catro denominacións de orixe protexida (DOP) galegas, outros recoñecidos queixos chegados de Francia, Italia, Asturias, Aragón, Baleares, León, A Mancha ou Estremadura. Os anfitrións aportan 12 queixerías da DOP Arzúa-Ulloa, xunto a outras seis con certificado de Produtores Lácteos Tradicionais (PLT). Tanto os queixos industriais como os artesanais e o resto dos productos alimentarios contarán co obrigatorio rexistro sanitario.

No primeiro andar celebraranse as actividades infantís do Pequequeixos, un concurso de escritura e haberá diversas sorpresas.

Festival do Queixo

As condicións de acceso  polo miúdo ao Festival do Queixo pódense atopar na páxina número 30 do programa aínda que, a grandes rasgos, haberá que reservar entrada; pero todos os concertos seguiranse celebrando baixo carpa, e serán de balde.

Neste caso haberá tamén limitación de entrada, estimada actualmente  en 1.000 persoas por concerto, que poderán estar de pé, pero usando sempre a máscara.  E non haberá mostradores para o consumo de bebidas,  nin se poderá acceder ao interior con elas nin con comida.

Adiantou o alcalde -que compareceu xunto coa conselleira de Cultura, Aurora Varela,- que a reserva de entradas para  pregón, o sábado ao mediodía, para a actuación do 'Queixo maquetón' -que terá lugar a continuación- e para a sesión vermú (o domingo), realizaranse nas oficinas de Cultura do Concello. Para os concertos da noite do sábado terase que reservar a entrada para cada un deles 'online' en www.ataquilla.com.

Charlas e encontros sobre os queixos, exposicións, concurso de tapas e petiscos, catas comentadas ou os premios 'Arzuáns do ano 2021', constitúen outros dos atractivos destes tres días intensos de festa, cun pregón que ofrecerá a médico viguesa Susana Rodríguez,  campioa paralímpica en Triatlón en Tokio, catro veces campioa do mundo e dúas veces campioa de Europa. 
​
Festa do Queixo-Queixería Verbas /  queixosdegalicia.com
A presentación fíxose nesta edición na Quexería Verbas, preto de Arzúa, na que se elabora un queixo con leite crú artesanal que terá pronto o respaldo do Craega

0 Comentarios

Xa están aquí os mellores queixos

18/12/2021

0 Comentarios

 
Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.comImagen
Fontenlas, Castelao, Diqueixa e Queinaga foron os fabricantes galardoados na edición deste ano da Cata dos Queixos de Galicia
QdeG

Gañar unha cata anual dos queixos de Galicia é un incentivo importante para os fabricantes, por todo o mellorado e por esa sa competividade de ofrecer para a ocasión o mellor produto, cun recoñecido xurado califiador incluído. En termos de contabilidade hai tamén recompensa, porque cada 'número un' das catro denominacións de orixe protexida (DOP)  que gañaron este ano, venderán máis: a calidade manda. Xa que logo, estamos a falar nesta ocasión de Fontenlas (DOP San Simón da Costa), Castelo (DOP Cebreiro), Diqueixa (Arzúa-Ulloa) e Queinaga (Tetilla). Son todos eles, medalla de ouro. E se todos son bos, agora son un pouco mellores. É tempo de Nadal e iso tamén se vai notar nas vendas e nas preferencias dos consumidores.

Na  DOP Tetilla, gañou Queinaga, seguida de Don Crisanto e Terra de Melide, que acadaron a prata e o bronce, respectivamente. Na DOP Arzúa-Ulloa, xunto con Diqueixa (ouro), gañaron Terra de Melide (prata) e Barral (bronce). Artelac levou o máximo galardón na categoría de curados desta denominación. Na DOP San Simón da Costa, Fontelas recolleu o ouro  e Daniberto a prata. Por último, na DOP Cebreiro o ouro foi para Castelo, pero houbo outro ouro tamén para a quexería Santo André, por manter a elaboración do Cebreiro curado.

O acto de entrega dos galardóns, presidiuno o conselleiro do Medio Rural, José González. Da clausura encargouse o director xeral da Axencia da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos.
0 Comentarios

Cata dos queixos galegos: esperando aos mellores

4/12/2021

0 Comentarios

 
Catas de Galicia / queixosdegalicia.com
O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou aos catadores nesta nova edición das Catas de Galicia
Nesta semana que se pecha, celebrouse en Santiago a XXIV Cata de Queixos de Galicia, un encontro anual no que participaron 30 queixerías das catro denominacións de orixe protexida, con 51 mostras en total.  Na edición anual  dos meles, concursaron  25 industrias, que inscribiron 43 meles nas categorías de monoflorais, multiflorais e mel de bosque - nova este ano-. Nuns días, os esperados resultados.

O  panel de cata dos queixos galegos estivo integrado por 14 expertos, entre eles docentes, enxeñeiros agrícolas, especialistas no sector lácteo e representantes da distribución alimentaria. Entre todos, elixiron 'a cegas' os que serán os mellores queixos de Galicia nesta edición.

Este certame agroalimentario está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria -dependente da Consellería do Medio Rural-, en colaboración cos diferentes consellos reguladores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e das catro denominacións queixeiras de Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro.
 
'Cata a cegas'
 

O proceso desenvólvese na modalidade de “cata a cegas”, que consiste en que os catadores descoñecen en todo momento a que elaborador pertence o produto que están a avaliar.

Para conseguir iso, a organización estableceu un sistema de identificación que garante o anonimato das mostras durante todo o proceso, de xeito que os queixos e meles premiados non se coñecerán ata o día da entrega dos premios, evento xa consolidado no calendario gastronómico galego.

En relación co panel de cata -formado por 14 expertos, sete polos queixos e sete polos meles-, elaborouse de acordo coas propostas dos consellos reguladores e do sector baixo, a supervisión da Consellería do Medio Rural.
 
Para a selección dos especialistas tivéronse en conta criterios como a súa formación, coñecemento no sector, experiencia en catas, representación de asociacións de restauradores e catadores ou relacionados coas seccións de gastronomía de distintos medios de comunicación galegos e estatais, e membros do panel de cata dos consellos reguladores. O dito,nuns días: os gañadores.

0 Comentarios

Arzúa-Ulloa, volve a festa

17/10/2021

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
A 47 edición da Festa do Queixo de Arzúa volverá levar as actividades á rúa 0 4,5 e 6 de marzo de 2022
G.S.
Despois de que o pasado ano tivese que organizarse unha Festa do Queixo de Arzúa online, por mor da pandemia, o concello coruñés acaba de anunciar esta fin de semana as datas da 47 edición, a previsión e que sexa presencial, a pé de rúa, como sempre. Celebrarase o primeiro  fin de semana de marzo.

O encontro abrirase o venres, día 4 de marzo, co concurso de tapas e petiscos preparados con queixo da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa nos locais de hostalaría da vila, e contará con dous días de feira, o sábado, 5, e o domingo, 6, nos que se desenvolverán actividades, animacións e concertos baixo a carpa do Festival do Queixo.

A festa volverá ser presencial, como nas edicións previas a aparición da covid, pero adaptándose  e cumprindo a normativa en materia e regulación sanitaria que se atope vixente nese momento.

Cita ininterrompida

A festa de exaltación dos queixos desta denominación de orixe celébrase de xeito ininterrompido desde 1976, aínda que na edición de 2021 tivera que organizarse online. Daquela, máis de 3.000 persoas de diferentes países conectaron en streaming coas actividades organizadas para a ocasión desde Arzúa.

O  primeiro, o cartel anunciador

Xunto co anuncio das datas da festa, o Concello de Arzúa convocou tamén o concurso de carteis para elixir o que anuncie a 47ª edición. O certame outorgará catro premios en metálico, cunha dotación económica de 600€, 300€ e 100€ para o 1º, 2º e 3º, respectivamente, así como    un 4º premio, elixido por votación popular, que levará un agasallo especial.

A data límite para presentación de orixinais desde concurso é o 10 de decembro de 2021. O luns, 20 de decembro coñecerase o gañador ou ganadora.
​
Os organizadores agardan recibir en Arzúa "un feixe de propostas en diferentes técnicas e alimentadas da maior creatividade".
0 Comentarios

En marcha os cursos de análise sensorial dos queixos galegos

9/9/2021

0 Comentarios

 
Análise sensorial dos queixos galegos / queixosdegaliciacom
A catadora Salomé Beiroa nunha das xornadas formativas de análise sesorial dos queixos galegos con DOP
QdeS
Xa se están desenvolvendo as xornadas formativas complementarias sobre a análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP), impartidas pola experta catadora Salomé Beiroa. son catro xornadas formativas dirixidas  a aqueles que  teñen coñecementos na materia. As prazas están cubertas, pero tamén se celebran seis xornadas máis de iniciación para as que aínda se admiten inscricións. A formación é -en todos os casos- gratuíta, e está dirixida ao sector e industria agrogandeiros.
 
A primeira das sesións complementarias celebrouse  xa no Centro de Formación e Expermientación Agroforestal (CFEA), en Sergude, Boqueixón ( A Coruña). A segunda desenvolveuse os  días 6 e 7 de setembro en Vilalba (Lugo). O  13 e 15 deste mes repítese a actividade  en Lamas de Abade (Santiago/A Coruña)  e os días 20 e 22 en Lalín (Pontevedra). O horario é, en todos os casos, de cinco da tarde a nove do serán.
 
Estas catro sesións están dirixidas a aquelas persoas que ou ben cursaron o ano anterior a formación inicial, ou ben xa posúen coñecementos previamente ao curso.
 
O obxectivo desta actividade formativa -que conta con dez sesións (seis de iniciación e catro complementarias)- é  “achegar a industria e o sector agroalimentario a uns produtos excepcionais” como son os queixos galegos con DOP (o queixo San Simón da Costa, o queixo do Cebreiro, o queixo Arzúa-Ulloa e queixo Tetilla).  Son as catro Denominacións coas que conta Galicia en materia queixeira.
 
Prazas libres na formación de iniciación
 
Calquera persoa vinculada ao sector pode inscribirse gratuitamente nas actividades e non só quen se dedica directamente á fabricación de queixos, senón tamén aquelas produtoras e produtores lácteos, comercializadores e outros.
 
Resalta Salomé Beiroa que “malia que o leite chega ás queixerías desde o sector primario, os queixos galegos aínda precisan ser moito máis coñecidos entre as persoas que todos os días abastecen del á industria”.
 
Como xa queda dito, para as catro primeiras xornadas -as de formación complementaria- o prazo está pechado-. Pero queda algunha praza para as de iniciación, para o que é preciso escribir a formacion.queixos@beiroa.org ou ben cubrir o seguinte formulario en liña (https://i.gal/formacionqueixos2021)
 
Nas sesións formativas abórdanse cuestións como a degustación do produto, saber apreciar as súas características ou como dar valor aos parámetros que garanten a súa calidade. Do labor encárgase Salomé Beiroa,  que conta cunha longa traxectoria como catadora destes produtos no Panel de Cata da Xunta de Galicia desde hai 15 anos.
 
Os colaboradores
 
A formación en análise sensorial dos queixos galegos con DOP conta co financiamento de fondos europeos (Feader), da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), así como coa colaboración dos Consellos Reguladores do Queixo do Cebreiro, Queixo Tetilla, Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo San Simón da Costa, entre outras entidades e institucións.
 
0 Comentarios

Arzúa-Ulloa: medrar en tempos de crise

2/9/2021

0 Comentarios

 
Produción do queixo Arzúa-Ulloa /queixosdegalicia.com
Produción do queixo Arzúa-Ulloa (2010-2020) // Fonte: elaboración propia a partir dos datos da Conselleria do Medio Rural
​
QdeG
​

A Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa mantén a consolidación do crecemento da produción dos seus queixos, cun 2,10 por cento máis en 2020 en relación co ano anterior, no que mandou na economía un desconcerto xeral  que en maior ou menor medida chega ata hoxe. Non obstante, "a situación está ben; non hai queixa", segundo o balance resumido do presidente do Consello Regulador da DOP, Xosé Luis Carrera Valín, quen recorda que durante a última década "crecemos un pouco. Estivemos estabilizados un anos pero, precisamente, o ano pasado, que foi o ano da pandemia, medramos".

Xosé Luis Carrera apunta que os produtos de proximidade, como é o caso do Arzúa-Ulloa - chámalle  de proximidade porque este queixo prodúcese en Galicia, onde se vende o  80 por cento do total-, foi ben acollido nunhas circunstancias como as da pandemia. E  aínda que se baixou algo na hostalería, o groso das vendas estivo na relación das familias coas tendas, mercados e supermercados, e "aí,  aumentamos"recalca.

Sobre como vai 2021, sinala que  "está máis tranquilo" e que , non se creceu aínda. Con todo, recoñece que é difícil poder facer balance agora, á metade de ano, no que   "imos por o momento un pouquiño por debaixo do 2020". Haberá que esperar a que remate o 2021. "Pero estamos ben".

O valor económico estimado da produción certificada en 2020 supón un total de 22,65 millóns de euros, fronte aos 21,11 millóns do ano 2019, segundo os datos da Consellería do Medio Rural. A produción pasou dos 3,6 millóns de quilogramos (3.606.707), case 75.000 quilogramos máis que en 2019 (3.523.475),con arredor do 2,1 por cento de crecemento.

Datos da década

Desde 2010, o Arzúa-Ulloa pasou de 3,2 millóns de quilogramos producidos a eses algo máis de 3,6 millóns en 2020. As estimacións reflicten tamén unha valoración económica de vendas crecente,que no período pasou dos 19,22 millóns de euros (2010) aos 22,65 millóns (2020). Neste tempo, as queixerías pasaron de 21 a 19.

Hai que dicir, sen embargo, que en 2011 había 24 fábricas de queixo en produción, que se mantiveron en 2012, para baixar ata as 23 en 2013. A partires desta última referencia, o dente de serra tivo a cota máis elevada nas 22 queixerías de 2015, para ir baixando logo ás 19 do último exercicio pechado. Aínda así, matiza Xosé Luis Carrera que algunha hai que non está producindo neste momento, pero débese a un cambio de titularidade.

En 2020, segundo os datos da DOP Arzúa-Ulloa e da Consellería do Medio Rural, as unidades certificadas pola denominación supuxeron un incremento de máis dun 6,3 por cento sobre o exercicio anterior, con 3.871.000 queixos contraetiquetados.

Se hai un crecemento global na produción do 2,10 por cento e o  número de pezas supón un 6,3 por cento máis, explica o Consello Regulador da DOP que se debe a que funcionou a tendencia das crisis económicas: decantarse pola compra de pezas de menor tamaño e, polo tanto, a un prezo máis acaído.

Pero é significativo que este queixo manteña os seus incrementos ano a ano. Unha razón de peso é, sen dúbida,  que se trata dun producto  de moita calidade e a un bo prezo. Non en balde é a segunda denominación de orixe protexida española que máis vende, despois doutro clásico do  mercado español como é a  DOP Queixo Manchego.
​

Arzúa-Ulloa, valor económico estimado / queixosdegalicia.com
Queixo Arzúa-Ulloa, valor económico estimado // Fonte: elaboración propia a partir dos datos da Consellería do Medio Rural
0 Comentarios

Queixos galegos: volve a formación sensorial

31/7/2021

0 Comentarios

 
Análise sensorial  queixos / queixosdegalicia.com
O ano pasado participaron nestes cursos gratuítos máis de 80 persoas

​G. S. L.

Sabor, calidade e prezo son  argumentos que defenden os queixos galegos, así que o éxito está asegurado.  Pero como hai tempo xa que non chega con ter un ' bo produto gardado no arcón', nen conformarse cos sabores de sempre, convén deixarse levar pola man dos expertos e mellorar. Por iso, é unha excelente noticia que volvan  os cursos sobre análise sensorial dos queixos gelegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP), da man da experta catadora Salomé Beiroa. Van dirixidos a persoas vinculadas ao sector e a industria agrogandeiras, para que adquiran ou melloren competencias para elaborar mellor os seus productos.

Serán, en total,  dez accións formativas que se impartirán en  distintos puntos da xeografía galega. Seis xornadas adicaranse á iniciación e outras catro serán de formación complementaria. Desenvolveranse entre os meses de agosto e setembro, para que persoas vinculadas ao sector e industria agrogandeiras “adquiran ou melloren competencias para poderen elaborar mellor os seus produtos”, indica a formadora.

Dado o “gran aproveitamento” que na primeira edición desta formación obtiveron os máis de oitenta alumnos e alumnas que preparou, Salomé Beiroa propuxo retomar a actividade este ano, que está financiada con fondos europeos (Feader) así como pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural.Tamén colaboran os catro consellos reguladores dos queixos galegos con DOP, así como outras entidades.

Para denominacións, produtores, elaboradores e industrias transformadoras

Calquera persoa vinculada ao sector agrogandeiro (produtores, elaboradores e industria transformadora) pode inscribirse gratuitamente nesta acción formativa, non só quen se dedica directamente á fabricación de queixos, senón tamén os produtores lácteos, comercializadores e outros.

“Malia que o leite chega ás queixerías desde o sector primario, os queixos galegos aínda precisan ser moito máis coñecidos entre as persoas que todos os días abastecen del a industria”, afirma Beiroa. Un dos obxectivos da formación é a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de excelencia. Neste sentido, a catadora apunta que “temos catro tesouros” que divulgar.

Nas sesións formativas abordaranse cuestións como a degustación do produto, saber apreciar as súas características ou como dar valor aos parámetros que garanten a súa calidade.

Segunda edición, datas, inscripcións gratuítas

As inscricións son gratuítas nos dous niveis formativos A formación desta segunda edición comezará coas sesións de formación complementaria, dirixidas a aquelas persoas que realizasen o ano pasado a inicial ou ben que dispoñan de coñecementos en análise sensorial.

 A primeira data será a dos vindeiros días luns 30 de agosto e mércores 1 de setembro no CFEA de Sergude (Boqueixón, A Coruña), para continuar en Vilalba (Lugo) os días 6 e 7, os 13 e 15 en Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña), finalizando o 20 e 22 en Lalín (Pontevedra).

O alumnado interesado en participar nalgunha das vinte sesións programadas poderase inscribir sen custo ningún cubrindo un formulario en liña (https://i.gal/formacionqueixos2021) no que se poderá seleccionar a localidade en que desexa participar: Santiago de Compostela (Lamas de Abade), Boqueixón (Sergude), Vilalba, Palas de Rei, Melide ou Lalín. Tamén poderá escoller se as xornadas que lle interesan son as de formación complementaria ou inicial, a celebrar entre o 27 de setembro e o 17 de novembro.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a formacion.queixos@beiroa.org.
Con esta proposta, a catadora insiste en que se procura “achegar a industria e o sector agroalimentario a uns produtos excepcionais”, como son os queixos galegos con DOP (San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla). 
​
Catadora Salomé Beiroa, cursos / queixosdegalicia.com
A catadora Salomé Beiroa volve presentar este ano os cursos sobre a análise sensorial dos queixos galegos
0 Comentarios

3.000 queixeiros do mundo 'en liña' coa Festa do Arzúa

8/3/2021

0 Comentarios

 
46 Feira do Queixo Arzúa / R.Roldán/ queixosdegalicia.com
A 46 Festa do Queixo Arzúa foi transmitida en streaming na súa totalidade

A 46 Feira do Queixo Arzúa pechou edición coa participación de máis de 3.000 afeccionados que ao longo do pasado fin de semana se achegaron pola rede de internet aos actos programados para o encontro anual da exaltación do produto.  Houbo usuarios activos 'en liña' o sábado e o domingo procedentes de países como Arxentina, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Francia, Italia, Holanda, Suíza Bélxica ou Rusia. Foron moitas tamén as conexións desde múltiples puntos de España. En 48 horas, os novos visitantes representaron o 84% do total das entradas.

O Concello de Arzúa -organizador do evento- denominou esta 46ª edición como 'XS', por estar dedicada especialmente aos nenos e tamén polo seu programa de pequeno formato e adaptado este ano para celebrarse totalmente 'en liña', coa retransmisión en streaming desde a web www.festadoqueixo.org

Un pregón colaborativo

O programa arrancou o sábado, 6 de marzo, cun pregón compartido, protagonizado e escrito de xeito colaborativo polo alumnado dos centros educativos de Arzúa. O pregón completo lérono desde a capela da Madalena un representante de cada centro. Aurora Varela,  concelleira de Cultura inaugurou o acto e deulle paso a Hugo Mera, de 3º da ESO do IES de Arzúa; a Manuel Alamancos Balboa, do colexio Nosa Señora do Rosario; a Celia Zapata, de 5º de Primaria do CEIP de Arzúa;  e a María Senín, que cursa o 1º ciclo de actividades comercias no centro EFA Piñeiral. A mecánica consistiu en que un dos cursos -a elixir polo propio centro- redactara unha parte do  pregón para que o continuase o seguinte.

As actividades continuaron o sábado cos showcookings 'Desde Arzúa, con amor e queixo', desenvolvido por tres restaurantes e un centro educativo arzuán. Desde as  12 da mañá, abriron as demostracións os restaurantes 1930, Hotel Boutique e Casa Chelo. Nelssy Soriano, do 1930 Hotel Boutique inaugurou fogóns desde a cociña do recinto feiral Terra do Queixo, preparando 'O Tótem, un entrepán de dobre tradición galega'. A continuación, María José Sanmartín de Casa Chelo, foi a cociñeira encargada de pechar as demostracións do sábado preparando unha 'diferente ensalada temperada con sardiñas afumadas e queixo de Arzúa'.

O domingo, a demostración de cociña iniciouna Pilar Rodríguez, do restaurante Fonte do Picho, coa receita 'Arroz meloso con polbo e queixo Arzúa-Ulloa'. Para rematar, Luisa Sánchez e María García da EFA Piñeiral, prepararon unha doce sobremesa amosando a receita 'Doces campos de Arzúa-Ulloa'.

Na tarde do sábado, celebrouse tamén a charla 'Os queixos galegos no tempo da covid', no set instalado na Capela da Madalena, un debate entre os representantes dos Consellos Reguladores dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida, Arzúa-Ulloa e Queixo do Cebreiro. A organización considerou citar en Arzúa aos catro representantes dos queixos con DOP, pero, por dificultades de última hora, dous dos consellos non puideron estar fisicamente  presentes.

Festival do Queixo

No eido musical, o Festival do Queixo - igualmente denominado XS- programou dous concertos, un para rematar cada xornada. Ortiga pechou a  do sábado. Alma dueto fixo o propio o domingo, pechando a festa, que se celebra sen interrupción desde 1976.
​
46 Festa do Queixo Arzúa / R.Roldán/queixosdegalicia.coma
Alumnos dos centros educativos de Arzúa protagonizaron un pregón compartido
46 Feira do Queixo Arzúa / R.Roldán/queixosdegalicia.com
Na edición non faltaron demostracións culinarias dos restaurantes da zona. Na foto, Nelssy Soriano, do 1930 Hotel Boutique
0 Comentarios
<<Anterior
Siguiente>>
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    julio 2022
    junio 2022
    mayo 2022
    abril 2022
    marzo 2022
    febrero 2022
    Diciembre 2021
    octubre 2021
    septiembre 2021
    julio 2021
    marzo 2021
    Diciembre 2020
    octubre 2020
    septiembre 2020
    agosto 2020
    julio 2020
    mayo 2020
    abril 2020
    febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    noviembre 2019
    octubre 2019
    septiembre 2019
    agosto 2019
    julio 2019
    junio 2019
    mayo 2019
    abril 2019
    marzo 2019
    febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    noviembre 2018
    octubre 2018
    agosto 2018
    junio 2018
    mayo 2018
    abril 2018
    marzo 2018
    febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    noviembre 2017
    octubre 2017
    septiembre 2017
    agosto 2017
    julio 2017
    junio 2017
    mayo 2017
    abril 2017
    marzo 2017
    febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    noviembre 2016
    octubre 2016
    septiembre 2016
    agosto 2016
    julio 2016
    junio 2016
    mayo 2016
    abril 2016
    marzo 2016
    febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    noviembre 2015
    octubre 2015
    septiembre 2015
    agosto 2015
    julio 2015
    mayo 2015
    abril 2015
    marzo 2015
    febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia