QdeG
Galicia concentra esta fin de semana tres das súas feiras de queixos, dúas acollidas a algunha das denominacións de orixe protexida (DOP) e a terceira a do requeixo no sur da Comunidade Autónoma. As expectativas son boas, xa que os meteorólogos falan de continuidade do bo tempo. Cada unha delas, por méritos propios, colleitará milleiros de visitantes, aínda que difíciles de concretar, co que a asistencia mídise máis pola gradualidade dos ‘cheos’ e pola dimensión das ringleiras de coches aparcados.
A primeira feira, como tódolos anos, desde hai 37 edicións, e coincidindo coa festividade do Venres Santo, é a do Queixo do Cebreiro (Lugo), recoñecida como festa de Interese Turístico de Galicia.
A segunda, no concello pontevedrés de As Neves, é a Feira do Requeixo e Mel, que entra neste caso na súa 33 edición. Cadra coa de Pedrafita do Cebreiro, pero amplía a súa celebración ao sábado 4 de abril. Tamén está declarada de Interese Turístico de Galicia.
E pechando a semana, o municipio lucense de Vilalba, capital da Terra Chá (Lugo), celebra a Festa do Queixo San Simón da Costa. O domingo é o día grande, pero o sábado, día 4, tamén haberá actividades lúdicas e gastronómicas. Este queixo afumado fabrícase baixo a denominación de orixe protexida San Simón da Costa, aínda que estes fabricantes elaboran tamén otros produtos como o Queixo Tetilla ( Con DOP propia), o tradicional patelo desta zona, o requeixo e cada vez máis especialidades.
Pero cada feira/festa é un mundo, porque, arredor dos queixos locais ou comarcais, chegan cada vez con máis forza outros moitos queixos galegos, e algúns de España e de fóra, co que costa crer que a quen lle guste o produto non remate por mercar unha ou dúas pezas.
Máis feiras
Celebradas xa a Festa do Queixo Arzúa (A Coruña), a Feira de Moeche (A Coruña) e a do Queixo de Friol e Pan de Ousá (Lugo), e deixando a un lado as dos próximos días, quedan pendentes no calendario anual galego a Feira de Queixos de Pontedeume (A Coruña), o 25 e 26 de abril; a Festa do Requeixo da Capela (A Coruña), o 30 de agosto; e a Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente (A Coruña), con data por decidir e que o pasado ano se celebrou o 12 de outubro.
Fuente RSS
