A XXXVII Feira do Queixo do Cebreiro non volveu deixar hoxe indiferente a ningún visitante. Os máis próximos e avisados saíron á rúa con botas de ata tres ou catro centímetros de plataforma, amplos chuvasqueiros e paraugas, moitos paraugas. E quen quixo poido pasar de nave a nave para interesarse polos produtos da súas preferencias, para curiosear ou para achegarse ata os amplos espazos cubertos -carpas- do polbo á feira e do churrasco e, claro, para gozar dun amplo abano de queixos de todas partes, entre os que teñen especial predicamento para a ocasión os locais: Queixería Castelo, Queixería Santo André e Queixos Fonchave.
Houbo tamén varios postos de queixos artesanais da zona, non incluídos na Denominación de Orixe Protexida (DOP) Cebreiro, como Casa López, de Triacastela, que tamén ten a súa clientela entre os amantes do queixo fresco.
As previsións iniciais de asistencia eran de 35 postos de artesanía, 50 de alimentación e camiño da trintena doutras propostas, aínda que os de venda do exterior -montados fóra das catro naves das que dispón o concello- estímase que chegaron ata os 50. Ningún deles, a non ser as pulperías, paga por instalarse no recinto feiral, fundamentalmente por ter unha maior facturación.
Con todo, houbo moita xente, en liña coa edición pasada e cré o alcalde, Xosé Luis Raposo, que "se nevara, sería mellor a que chovera desta maneira". Lembrou nese senso que "hai dos anos nevou e houbo unha gran feira".
Todo baixo control, a non ser a chuvia
A non ser nalgúns casos nos que os vendedores presentan os correspondentes rexistros sanitarios, o groso dos asistentes ofertan produtos acollidos a denominacións de orixe, co que todo o que se expón e se vende -sinala o alcalde- está sometido a todos os controles esixidos.
O feiral deste ano contou coa colaboración da entidade financeira Abanca - para todo o relacionado co recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia- da Xunta e da Deputación Provincial de Lugo. A organización correu a cargo da DOP Queixo do Cebreiro e do concello local.
Para por en marcha e montalo todo e para desartellar esta fin de semana o entramado feiral, precisouse unha inversión de arredor de 15.000 euros, unha cantidade cativa xa que Pedrafita conta con catro naves nas que acoller actividades e visitantes. De non ser así, considera Xosé Luis Raposo que pode que fosen precisos uns 100.000 euros.
Se chove, que chova
Desde o comezo da feira, case todos os años, o que toca e choiva. E aínda que -a falta de bo tempo- é mellor que neve ca que chova, os visitantes non perdoaron hoxe. E cando uns foron de volta cara a s´`ua casa, houbo unha segunda fornada que acodeu á mesa e ao mantel, se acaso de papel, pero sempre boa mesa.
A secretaria da DOP Cebreiro, María Teresa Prado, apuntou que "non se esperaba tan boa asistencia" co tempo reinante hoxe, cunha concurrencia moi similar a do ano pasado ano.
En 2024, esta denominación produciu uns 62.300 quilogramos de queixo, con 114.000 pezas certificadas.