Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Goente promociona con éxito o queixo e o mel, os seus produtos estrela

12/10/2025

0 Comentarios

 
Feira do Queixo e do Mel / queixosdegalicia.comFoto
Tapas e petiscos fan as delicias cada ano dos asistentes á feira

QdG

A parroquia pontesa de Goente celebrou este domingo a súa décimo quinta Feira do Queixo e do Mel, que segue a manter un formato marcadamente local e na que se se volveron promocionar con éxito  os dous produtos, así coma outros procedentes do agro e da artesanía galega. Axudou o sol e a maior asistencia de público concentrouse fundamentalmente entre o mediodía e a hora de xantar.


A fórmula, segundo lembrou a conselleira de Turismo e Promoción Económica do concello coruñés das Pontes, Elena López, é seguir poñendo en valor tanto as propostas que saen da fábrica local de Queserías del Eume como da Casa do Mel de Goente, unha asociación formada por preto de cincocentos apicultores de todo o país, pero sobre todo da provincia.

Foron seis as queixerías de distintos puntos de Galicia as que asistiron. Ademais de Queserías del Eume, puxeron posto de venda Don Gabino (Vilalba/Lugo), Lácteos Bretón (Irixoa/A Coruña), Queixería Bisqato (Guitiriz/Lugo), Lácteos de Moeche ( Moeche/A Coruña) e Gandaría Sillobre (Fene/A Coruña), de recente creación e que ofreceu o seu requeixo e queixo fresco, ámbolos dous de leite cru.

Ao longo da xornada desenvolvéronse obradoiros infantís, unha degustación gratuita de tapas elaboradas con produtos locais e unha actuación teatral a cargo da compañía O Cubo.

Nova feira do queixo, en Sillobre

A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente servíu de 'altofalante' para promocionar a que dentro dunhas semanas será a l Feira do Queixo de Sillobre (Fene/A Coruña), organizada, precisamente, por Gandaría Sillobre e a Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Agarimo.
​
Terá lugar o vindeiro 25 de outubro e abrirá as súas portas ás dez da mañá, para rematar ás seis da tarde.

Feira do Queixo de Barallobre / queixosdegalicia.comFoto
Agarimo e Gandaría Sillobre preparan para o 25 de outubro a I Feira do Queixo de Sillobre
0 Comentarios



Leave a Reply.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Octubre 2025
    Agosto 2025
    Julio 2025
    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    All
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    RSS Feed


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia