Pedrafita brillou hoxe dobremente, pola celebración da súa feira anual do Queixo do Cebreiro e polo sol, que fixo acto de presencia e ás ledicias de milleiros de visitantes e dos máis de 150 postos de exposición e venda de productos agroalimentarios, que lle deron colorido e prestancia ao encontro. A nota documentada e en clave antropolóxica sobre a montaña lucense e as súas xentes, púxoa a pregoeira, Carmela López, alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo.
Na chaira do recinto feiral, ateigada de visitantantes, disque moitos procedentes de terras leonesas que se achegaron despois de asistir ás procesións da Semana Santa, Carmela López trasladóulle a veciños e visitantes “o valor que ten a xente da montaña”, porque con todas as dificultades do territorio, e deses servizos “que costa tanto traer”, o feito que se “viva aquí”, que se manteña, que se aposte por este produto -en relación co queixo- e por esta terra, “meréceo todo, porque é moi complicado vivir aquí”, reiterou.
Engadiu que a sanidade, a educación e demais servizos que para otras persoas están a dez minutos, “son algo complicado aquí”. “Para min, a xente da montaña mereceo todo, porque é moi complicado vivir aquí, e a xenta aposta polo territorio e por quedarse”, concluíu.
Queixo de primeiro e de sobremesa
Dixo tamén a pregoeira que ela podería vivir “comendo só pan e queixo”, para engadir que nas cousas máis simples esta o esencial, e iso é o que ten o voso queixo, por iso é tan especial”.
Dixo tamén que no rural non é un lugar no que faltan cousas, senón que é un lugar onde están as cousas realmente importantes.
Para a rexedora burelense, o queixo do Cebreiro é "un orgullo colectivo, o voso orgullo e o noso orgullo tamén", como igualmente “unha maneira de dicir quen somos” e “de compartir co resto do mundo o que temos”, argumentou. Por iso, valorou a importancia para un territorio manter celebracións como a de hoxe.
Fóra xa do pregón, Carmela López recoñeceu que o queixo “é o meu alimento favorito”, e que de nena, a súa avoa tiña unha tenda de ultramarinos e vendía todo tipo de queixos galegos. “Ou sexa que coñezo o queixo desde moi pequeniña”, concluíu.
Fuente RSS
