Remataron o pasado 19 de xullo en Santiago de Compostela dúas importantes iniciativas: unha xornada sobre 'O papel do queixo galego' (o xoves) e a exposición 'Mercado do queixo galego e produtos de cercanía' (o venres e o sábado) que incluíu a venda de queixos dunha ducia de fabricantes do país e de cinco elaboradores doutros produtos agroalimentarios autonómicos. Todo da man do Cheese Market Tour e co apoio da Organización Interprofesional Láctea (Inlac).
Na xornada falouse da distribución e venda do produto; fíxose un enfoque para uns beneficios tanxibles en queixerías, con protocolos técnicos(de innovación, investigación, desenvolvemento e normativa de etiquetado); expúxose nunha das mesas o desenvolvemento rural e os beneficios do sector; e interviron noutra os queixeiros, os auténticos protagonistas desde encontro. Pechouse a xornada cunha mesa sobre o desafío do queixo no turismo.
Interviron múltiples invitados, desde o CEO de Queixería Prestes, Maikel Fernández, ata Ángel López Fidalgo (socio da Casa do Queixo de Grixalba), pasando por Lidia Ferreras (delegada de Larbus), Laura Abuín (responsable de I+D da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela), Luis Lamas e Daniel Pérez (presidentes do Consello Regulador DOP Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, respectivamente), ou Nuria Arribas (directora xerente da Inlac).
A inauguración oficial correu pola conta de David de Santiago, presidente de Qdequesos, e de Nuria Arribas. Moderou as distintas mesas da xornada Pedro Ureña, cofundador de QdeQuesos.
O sector queixeiro en España
A directora xerente da Inlac presentou no encontro a monografía 'Los retos y desafíos del sector quesero español', coordinada por Pedro Valentín-Gamazo e Javier López Llaneza. Neste volume, que edita Cajamar, analízanse temas como 'El mercado: importancia económica del sector quesero', 'La estructura produtiva de España', La producción: tecnología, seguridad e investigación' o 'El consumidor y el queso'.
Xa que logo, o monográfico aborda os temas claves sobre o queixo español, que tivo unha produción aproximada en 2023 de 530.000 toneladas (segundo Eurostat), co que a actividade consolídase como unha das máis dinámicas e en expansión dentro do sector agroalimentario español.
Liderado
Galicia produce o 42 por cento do leite de España e acumula o 56 por cento das explotacións lácteas. No año 2024 a comunidade autónoma acadou máis de 3,07 millóns de toneladas de leite, segundo explicou na xornada o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, Xosé Balseiros, quen destacou que son datos que avalan o liderado da autonomía neste ámbito.
RSS Feed
