Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixo en Santiago: un achegamento ao sector ( e 2)

24/7/2025

0 Comentarios

 

 Antonio S. Rocha

Despois das análises e das teorías do primeiro día do Cheese Market Tour en Santiago, e de falar da diversidade, calidade e tradición do queixo galego, con cinco mesas profesionales de debate - nas que se incidiu na comercialización do queixo galego, na innovación, na normativa sanitaria, no desenvolvemento rural ou no potencial turístico  do produto- chegou o tempo da práctica.


O venres 18 de xullo, os afeccionados aos queixos galegos tiveron a aportunidade de participaren en catas guiadas, tanto dos incluídos como dos excluídos das denominacións de orixe protexida (DOP). E o venres 19 de xullo, 12 fabricantes galegos e seis produtores agroalimentarios expuxeron os seus produtos. Así que os santiagueses puideron degustar e comprar algúns dos mellores queixos que se fan no país.

O marco non foi moi  habitual (O mosteiro San Martiño Pinario), como non é doada tampouco a celebración desde tipo de encontros na comunidade autónoma, que moitos non lembran. A Cheease Market Tour promoveuna a Organización Interprofesional Láctea (Inlac), coa organización de QdeQueixos. A iniciativa buscou por en valor o sector lácteo galego, cunha proposta que combinou a promoción gastronómica,  a dinamización rural e as experiencias participativas para os visitantes.

Queixo e 'Camiño'

En San Martiño Pinario degustáronse queixos galegos e outros produtos locais de calidade (como pans, meles, marmelos ou bebidas). E nos amplos corredores  interiores  do mosteiro, enmarcando o claustro, intercambiaron pisadas amantes dos queixos, peregrinos, usuarios da hospedaría e visitantes dunha exposición de pintura.

Non faltou, na fusión do queixo galego coa pedra centenaria -andando estancias, ao fondo, e sen ningunha pretendida relación na programación- unha feliz exposición pictórica de Lola Doporto, cuxos lenzos  se proxectan coa factura do 'Camiño'. En moitos  dos cadros, nos que están omniprentes os 'ollos grandes' e sempre sorprendentes ou sorprendidos dalgúns persoeiros da idade media galega, navega o botafumeiro, o afiador, unhas pandereteiras, músicos, o mestre Mateo, Santiago Apóstolo ou o propio arcebispo Diego Xelmírez, sen olvidar un gaiteiro (Faustino) a gaiteira de Bendilló (Felisa) ou a unha polbeira do Carballiño á que máis dun lle vai buscar parecidos.

E, se acaso, para os que quixeran saber máis, está o misterio do cadro  'Muller con paxaro', na exposión -que, curiosamente, tamén ama o queixo-. A exposición paga a pena. Quen guste do 'sabor' do Camiño ten ata o 17 de setembro para soprenderse e para intuír moitas cousas, como que o queixo, que é hoxe manxar exquisito, en séculos pasados matou a fame de moitos peregrinos. 

O mercado do queixo galego

Así que a exposición e a mostra de queixos coincidiron durante dous días. Os visitantes e potenciais compradores tiveron a oportunidade de probar e elixir entre as mellores pezas  de Pazo de Anzuxao (Lalín/Pontevedra); Dona Cobina (A Golada/Pontevedra); Queixería Prestes (Vilalba/Lugo); Queixería Daniberto (Vilalba/Lugo); Gandería Quintián (O Páramo/Lugo); Santo André (Castroverde/Lugo); Gaia Gourmets (Vilar de Santos/Ourense); Quesos Feijoo (Celanova/Ourense); O Rexo (Allariz/Ourense); A Tenda dos Queixos (Mesía/A Coruña); Lácteos Bretón (Irixoa/A Coruña); e Galmesán (Arzúa/A Coruña).
​
Outros produtos agroalimentarios galegos presentados foron os de Menduiña, cervexa (Cangas/Pontevedera); Nela Gourmet, marmelada (Santo Cristovo/Ourense); Terras de Boborás, mel (Boborás/Ourense); Bodegas Fernández&Macías (Cenlle/Ourense); e Rural ou Urbano (Paradela/Lugo).

0 Comentarios



Leave a Reply.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Octubre 2025
    Agosto 2025
    Julio 2025
    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    All
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    RSS Feed


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia