Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

​Sol, queixo, mel, castañas e fungos na Feira de Goente

13/10/2024

0 Comentarios

 
Feira do Queixo e do Mel / queixosdegalicia.com
Salomé Beiroa e André Arzúa, en plena execución dos petiscos que degustaron os visitantes da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente

A.S.R.
A parroquia pontesa de Goente pechou con éxito este domingo o derradeiro dos encontros anuais destinados a promover o queixo galego, neste caso o da comarca coruñesa do Eume. O produto vai acompañado sempre nesta convocatoria do mel local, en boa competencia cos que chegan para a ocasión de moitos lugares de Galicia.


Ao final, foron 26 os postos de exposición repartidos debaixo da carpa, e non choveu,  co que sol, queixo, mel castañas e fungos fixeron as ledicias dos asistentes. Os maiores, porque ademais de faceren reservas dos produtos de tempada, poideron degustar da man da catadora Salomé Beiroa e do cociñeiro André Arzúa os petiscos elaborados no recinto. Os máis pacientes, sentados e pendentes das receitas, tiveron ocasión tamén de coñecer os pasos básicos para degustaren un queixo do país, neste caso do fabricante local, Queserías del Eume.

Os pequenos aprenderon tamén a familizarse co queixo nos obradoiros preparados para eles. Como agasallo, os nenos elixiron prantas aromáticas para utilizar na cociña, ao tempo que recibiron as explicacións oportunas para coidalas no fogar.

Cinco expositores de queixo, oito de mel

Dos 26 expositores, cinco foron de queixo e oito de mel, segundo a concelleira de Promoción Económica das Pontes, Elena López. E houbo tamén artesáns e produtores da horta da zona, sen faltaren as castañas e algúns dos fungos deste outono, como cantharellus cibarius, cantharellus tubaeformis, boletus edulis ou hydnum repandum.

A asistencia a esta festa do queixo e do mel mantense en relación con algunas edicións anteriores. E aínda que se invitou a máis fabricantes de queixos e expositores en xeral, a coincidencia doutras feiras nestes días en Galicia -entre elas o San Froilán lucense- fixo que rematasen por non acudir, segundo Elena López.
​
En todo caso, insistíu a concelleira na importancia de que haxa unha representación crecente dos produtos que anualmente se promocionan, co que recalcou  que, cando queiran vir, teñen as portas abertas".

Foto
O público atende a unhas instrucións mínimas para catar un queixo; logo veñen as receitas e os petiscos variados

Feira do Queixo e do Mel / queixosdegalicia.com
Lácteos de Moeche, Quexería Daniberto e Lácteos Bretón, tres dos asistentes a feira de Goente

Feira do Queixo e do Mel / queixosdegalicia.comFoto
Queserías del Eume, produtor local e un dos organizadores do encontro anual

Foto
Para os amantes dos fungos e das castañas a feira foi unha boa ocasión tamén para mercar
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia