Festa do Queixo Arzúa ( 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2026)
O cartel recoñece o labor da emigración
O concello coruñés de Arzúa celebra os próximos 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo de 2026 a edición número 51 da súa Festa do Queixo, despois de medio século de exaltación do produto, un dos de maior tradición e consumo en Galicia e en España.
A Festa do Queixo de Arzúa deu a coñecer o 27 de decembro de 2025 o cartaz anunciador, que quere ser memoria e recoñecemento das persoas do municipio que, ao longo da historia, tiveron que marchar fóra, sen romper nunca o vínculo coa súa terra. Reiterouse na presentación a importancia de recoñecer o pasado migratorio como parte esencial de identidade colectiva destas terras.
O cartel é obra do deseñador Aitor Marín, fillo de emigrantes arzúans asentados en Bilbao e que nunca perdeu a conexión coa vila nin coa parroquia de Pontiñobre, onde conserva a casa familiar.
Pódese obter máis información sobre este encontro anual en Festa do Queixo e no Concello de Arzúa.

Feira do Queixo de Moeche (15 de marzo de 2026)
A Feira do Queixo de Moeche, xa consolidada. entra na VIII edición
O Concello coruñés de Moeche celebra o domingo, 15 de marzo, a VIII Feira do Queixo, cuxo obxectivo é seguir avanzando na posta en valor do produto e reivindicar o papel do sector leiteiro.
Este ano, o feiral ofrece o Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña, que contará cunha carpa na que se instalarán múltiples postos de alimentación e na que se ofrecerán tamén esperiencias de cociña en directo e actuacións musicais de artistas pertencentes á Rede Cultural 2006. Todo baixo o lema promocional 'A campaña que sabe'.
Na nave central do mercado ofreceranse numerosos queixos artesanos. A oferta incluirá os fabricados polas catro Denominacións de Orixe Protexida galegas e de diversos puntos do resto de España, como referencias tan recoñecidas como o Idiazabal ou o Gamoneu. Non faltará a participación de produtores de Francia, Italia e Suiza. As actividades complementarias preparadas para a ocasión son múltiples.
Máis información en www.moeche.gal

Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá
(22 de marzo de 2026)
Participarán unhas 50 queixerías e cinco panadarías
A 32 edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá celébrase o domingo, 22 de marzo. O encontro rende homenaxe a dous produtos fundamentais do municipio, o queixo e o pan, elaborados artesanalmente seguindo as pautas de profesionais que o concello defende como embaixadores da calidade dos produtos locais. Como en anos anteriores, espérase a asistencia de 50 quexerías e cinco panadarías, ademais de numerosos postos de artesanía, téxtil e produtos agroalimentarios, reforzados pola hostalaría tradicional asentata na contorna da praza de Andón Cebreiro, na que se asenta una carpa que da acubillo aos queixeiros.
O encontro, recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia, reúne milleiros de persoas todos os anos. Trátase da convocatoria anual máis importante para este municipio lucense, xa que permite por en valor un queixo e un pan aos que posiblemente -pola súa calidade- non renuncie ningún visitante. Pero a oferta de cada edición vai moito máis alá de produtos tan prezados. Arredor da carpa -na que se concentran os queixos e os pans locais- nas rúas adxacentes instalaranse ducias de postos de venda do máis variado.
Máis información en www.concellodefriol.es

XXXVIII Feira do Queixo do Cebreiro (3 de abril de 2026)
O encontro está recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia
O venres, 3 de abril, celébrase en Pedrafita a XXXVIII Feira do Queixo do Cebreiro, un encontro recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia, no que se dan cita milleiros de visitantes, encantados de asistir á exaltación dun dos queixos máis exclusivos non xa de de Galicia, senón de España.
A feira coincide todos os anos co Venres Santo. Pedrafita do Cebreiro é un fervedoiro de xente. Neve, chova ou faga un sol de manga curta ou de xustiza, o feiral ten recursos naturais para que todo saia ben.
Este ano, o encontro abre as portas ás 9,30 horas. Haberá un pasarrúas (Charanga DGT) e baile rexional (pola Asociación Cultural Abrente). Á unha da tarde, pregón a cargo de Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo.
E despois de ofrecerse a artesanía popular máis xenuina, os recursos e aperos do agro máis buscados, os útiles de sempre para a vida diaria ou unhas boas viandas para a despensa, queda outro as na manga: un bo polbo á feira.
Máis información en http://www.cebreiro.es e http://www.concellopedrafita.es

XXXIII Feira do Requeixo e Mel das Neves
(3 e 4 de abril de 2026)
Festa declarada de Interese Turístico de Galicia
A Feira do Requeixo e Mel das Neves celébrase o Venres e o Sábado Santos, -coincidindo con outro encontro clásico dos queixos galegos, o da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, aínda que neste último caso a cita concéntrase no venres, 3 de abril.
Requeixo e mel protagonizan unha cita gastronómica que se remonta ao ano 1991 e son xa 33 as convocatorias programadas para promocionar dous produtos locais que teñen nos viños de Rubiós un dos mellores complementos.
Cada ano, son milleiros os visitantes que acoden a esta localidade para degustar o mel e un requeixo elaborado con leite de vaca sen conservantes nen estabilizantes. A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, abrirá as súas portas ás 11 de mañá do venres.
(Máis información)

Festa do Queixo San Simón da Costa (4 e 5 de abril de 2026)
A Festa do San Simón chega á XXX
edición
O concello lucense de Vilalba volve acoller o 4 e o 5 de abril a Festa do Queixo San Simón da Costa, que entra na XXX edición.
Na Praza da Constitución estarán os postos de venda habituais, entre eles os das queixerías da denominación de orixe protexida (DOP) San Simón da Costa.
O sábado, 4 de abril, haberá actividades lúdicas e gastronómicas, con propostas como unha cata comentada de queixo e sake, o pregón de Marcos Pereiro e o concerto de 9Louro e Mondra. Tamén está programado un taller infantil de cociña infantil con queixo San Simón.
O domingo, 5 de abril, a feira abrirase ás 10 da maña, coa exposición, degustación e venda do San Simón da Costa no recinto cuberto. Ás 12, cociña en directo con Miguel Mosteiro; as catro da tarde, cata de queixo e cava e, as sete, outra do queixo local e viños do Ribeiro.

Feira de Queixos de Pontedeume (25 e 26 de abril de 2026)
O programa inclúe múltiples actividades
O concello coruñés de Pontedeume celebra o sábado 25 e o domingo 26 de abril a segunda edición da Feira de Queixos (Merca Queixo), que contará co patrocinio da Deputación da Coruña e de Leche Celta e coa colaboración da Unión de Comerciantes Eumeses, da Cooperativa de Produtores Campo Capela e de Bico de Xeado.
O feiral reuniu na primeira edición máis de 20 queixerías de España e de Portugal. Xunto coa proxección de carácter internacional busca por en valor tamén a excelencia dos produtos de proximidade e 'quilómetro cero' que representan a calidade e a excelencia dos produtos galegos.
Hai tamén unha clara aposta por mostar a tradición queixeira deste municipio e fomentrar a relación entre os productores, avanzando cara a un mercado no que o cliente coñeza á orixe dos produtos e potenciando o turismo gastronómico. O programa desde ano incluirá un amplo programa de actividades e eventos.
(Máis información)
.

Festa do Requeixo da Capela (31 de agosto de 2025)
Os amantes do requeixo teñen o 31 de agosto unha cita no Concello da Capela
O municipio coruñés da Capela celebra o último domingo de agosto a XXXV edición da Festa do Requeixo, organizada pola Cooperativa de Produtores do Campo Capela, en colaboración co Concello e coa Deputación da Coruña.
Nas últimas convocatorias, segundo os organizadores, repartíronse unhas 15.000 racións do produto, para o que foi preciso tratar arredor de 10.000 litros de leite.
Este encontro celébrase desde 1989 e conta cun amplo recinto feiral e aparcadoiros dabondo.
O requeixo da Capela prepárase de xeito totalmente artesanal e presenta un característico toque de acedume que, segundo padales, ten no mel e no azucre dous importantes aliados.
A Festa do Requeixo da Capela contará ao longo do domingo, 31 de agosto, con actuacións músicais, exposicións, degustacións e outras actividades reflectidas no cartel anunciador e susceptibles dalgunha modificación de última hora.
Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente (12 de outubro de 2025)
|
O próximo domingo, 12 de outubro, celébrase na parroquia de Goente, no municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez, unha nova edición da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente.
O encontro ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa, así como dinamizar o sector primario. Abrirá as súas portas ás 10 da mañá, coa venda de mel, queixos e produtos de tempada. No recinto feiral haberá tamén mostras de artesanía alimentaria, artesanía de Galicia e obradoiros e degustacións diversas, que contan sempre cunha especial atención por parte dos asistentes. Non faltarán tampouco os postos para atender aos visitantes que desexen comer na feira, ao que se suman tamén os establecementos locais. A feira concluirá ás sete da tarde. |