Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

San Simón, polo fume sábese onde está un queixo excepcional

Facturación Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo San Simón da Costa: Facturación (en millóns de euros)
Produción Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo San Simón da Costa: Produción (en milleiros de quilogramos)
Imagen
Produto protexido
A D.O.P. San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona e dos seus cruzamentos.

O leite será enteiro, limpo, sen costros, nin conservantes, e cunha composición equilibrada de graxa e proteínas, conforme ás características e estación do ano, para que o produto final teña un contido graxo superior ao 45%.

O queixo San Simón da Costa comercialízase cunha maduración mínima de 45 días no caso do formato grande (0,8 a 1,5 Kg.) e de 30 dias no caso do formato pequeno ou “bufón” (0,4 a 0,8 Kg.), procedendo, ao finalizar esta, ao seu afumado, para o que se emprega madeira de bidueiro.

As pezas comercialízanse provistas de etiqueta onde se fai referencia a Denominación de Orixe Protexida e dunha contratetiqueta numerada e controlada que garante a orixe e calidade do produto.

Orixe
A zona de produción, tanto do leite como do queixo, atópase na provincia de Lugo e está constituída pola comarca da Terra Chá, que engloba os concellos de: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

Características
O queixo amparado pola D.O.P. San Simón da Costa presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala, rematando na parte superior en bico. A súa codia afumada, de cor amarela-ocre e algo graxenta, inelástica e dura, de 1 a 3 mm. de grosor. A pasta presenta unha textura fina, graxa, semi-dura, semi-elástica e preta, de cor entre branco e amarelo suave ao corte, con aroma e sabor característicos, e cun número non moi elevado de ollos que serán de forma redondeada ou irregular e de tamaño variable pero inferior a medio chícharo. O seu contido en graxa sobre estrato seco, será superior ao 45% e inferior ao 60%.

Regulamentación

  • Denominación de orixe recoñecida por orde do 20 de abril de 1999 (DOG 4.5.99)
  • Por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 19 de Novembro de 2004 apróbase o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro e do seu consello regulador (DOG 26.11.04 ), ratificado polo MAPA por orde de 17 de maio de 2005 (BOE 30.5.05)

Queixerías Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo San Simón da Costa: Número de queixerías
Gandeiros Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo San Simón da Costa: Número de gandeiros

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia