Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Cebreiro:  tradición, historia e calidade en estado puro

Facturación Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo Cebreiro: Facturación (en millóns de euros)
Facturación Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
Denominación Queixo Cebreiro: Produción anual (en milleiros de quilogramos)

Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
  • Produto protexido
    A D.O.P. “Cebreiro” ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona ou dos seus cruzamentos.

    O leite será enteiro e limpo, sen costros, conservantes ou produtos medicamentosos e cunha composición equilibrada en graxa e proteínas, conforme ás características e estación do ano, para que o produto final teña un contido graxo mínimo do 45%.

    O queixo do Cebreiro comercialízase tanto en fresco como curado, cunha maduración mínima de 45 días.

    As pezas preséntanse ao consumidor provistas da etiqueta comercial, na que se fai referencia á Denominación de Orixe Protexida, e unha contraetiqueta numerada e controlada, que garante a autenticidade do produto.

    Orixe
    A área de produción, tanto do leite como do queixo, está situada na provincia de Lugo, na zona de entrada a Galicia pola principal ruta de peregrinación a Compostela, o Camiño francés. Abrangue os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

    Características
    O queixo amparado pola D.O.P. Cebreiro presenta unha forma de seta ou gorro de cociñeiro cunha base cilíndrica de diámetro variable e altura non superior a 12 cm, e un sombreiro lixeiramente máis ancho e cunha altura non superior a 3 cm O seu peso estará entre 0’3 e 2 kg. A súa codia é fina ou inexistente, firme, sen mofo e de cor variable desde o branco ata o amarelado segundo o grao de maduración.

    A pasta é granulosa, branda, untuosa e fundente no padal, de cor branca e sabor lácteo levemente acedo. O seu contido en graxa será superior ao 45% e inferior ao 60%, sobre extracto seco, e en proteína superior ao 30%.

    Regulamentación
  • Denominación de Orixe recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 5 de marzo 1999 (DOG 11.03.99)

  • Por Orde da Consellería de política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 21 de decembro de 2004 (DOG 29.12.04) aprobouse o regulamento da Denominación de orixe Protexida Cebreiro e do seu consello regulador, que foi ratificado pola Orde APA/1559/2005 de 17 de maio (BOE 31.05.05)

  • Queixerías Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
    Denominación Queixo Cebreiro: Número de queixerías
    Produtores Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
    Denominación Queixo Cebreiro: Número de produtores
    Imagen
    Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia