Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
QUEIXO A QUEIXO
OUTROS QUEIXOS
REQUEIXOS
CALENDARIO
QUEIXO E MANTEL

40.000 visitantes na 51 Festa do Queixo de Arzúa 

Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comPreto de noventa queixerías fixeron as ledicias dos asistentes
O concello coruñés de Arzúa congregou durante a pasada fin de semana camiño dos 40.000 visitantes na Festa do Queixo, segundo a estimación dos organizadores, que contaron coa axuda do tempo como gran aliado.

​Resultados extraordinarios como os do ano pasado e o ‘boca a boca’ entre os fabricantes de queixo fixo que nesta ocasión acudiran a Arzúa por primeira vez algúns queixeiros galegos que coincidiron en siñalar que as ventas chegaron a duplicarse e mesmo a triplicarse en relación con otras feiras galegas.

​Ler máis



"Estanos a repercutir moito o crecemento fóra de Galicia"

Foto

As vendas do queixo Arzúa-Ulloa, seguen a gozar de boa saúde.
Xunto coas sinerxias da celebración do 50 aniversario de exaltación desde produto, que volveron dar un tirón nas cifras do ano 2025, a instalación de supermercados e tendas no norte de Portugal e de España, está elevando  moi significantivamente as vendas fóra de Galicia.
Luis Lamas, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, cifra nun 40 por cento as vendas no exterior.

Ler máis

"O cincuenta aniversario da Festa do Queixo  foi espectacular"

51 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comFotoXesús Carril, alcalde de Arzúa
​A sete días para a celebración da 51 edición da Festa do Queixo Arzúa, os galegos teñen a oportunidade de voltar ao concello coruñés e gozar do bo queixo e da boa música, todo adobado con centos de postos de todo tipo espallados polas rúas que lle darán o colorido é a funcionalidade das clásicas feiras galegas, nas que todo se pode comprar e vender.Será o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo. As contas xa se botaron, con arredor de 300.000 euros de orzamento.  

Ler máis

86 fabricantes inundarán de sabor a 51ª Festa do Queixo de Arzúa

Foto
​A menos dun mes da celebración da Festa do Queixo de Arzúa (27 e 28 de febreiro e 1 de marzo), pechóuse xa a lista dos fabricantes que asistirán. En total, foron admitidas 77 queixerías, ás que se unen outras nove convidadas da Ruta Europea do Queixo, xunto con catro postos institucionais. 
​
As cifras déronas este venres os organizadores, na presentación do cartel completo deste encontro anual, que reforza o seu papel como referente gastrónómico e cultural.

Ler máis

CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA/Os ecolóxicos cobran forza ao amparo da DOP Arzúa-Ulloa

Catas de Queixo e Mel 2025 / queixosdegalicia.comFoto de famila de queixeiros e meleiros nos premios da cata 2025
Este martes entregáronse en Santiago os premios da XXVIII Cata dos Queixos de Galicia, catro dos cales -na modalidade de ouro- corresponderon a queixerías adscritas á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, que acaparou tamén todos os tres galardóns -ouro, prata e bronce- que estaban en xogo no apartado de produción ecolóxica.
​Outros tres 'ouros' foron para o Queixo Cebreiro, mentres que dous recibiunos o Queixo San Simón da Costa. Tamén se premiaron os mellores meles de Galicia, que celebrou a súa XXIV edición.

Ler Máis

31 fabricantes compiten na XXVIII Cata dos Queixos de Galicia

Cata dos queixos de Galicia / queixosdegalicia.comQueixos e meles galegos volven competir un ano máis polos primeiros postos
Após participar en feiras, exposicións e concursos nacionais e internacionais, os queixos galegos van rivalizar agora, camiño da fin de ano, por quedaren entre os mellores do país. Son, en total, 31 fabricantes, que aportan 66 mostras. Os catadores afinan nestas horas as súas habilidades no Pazo de Quián, en Sergude, (Boqueixón/A Coruña) un bo escenario no que ten a sede a Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acudiu esta mañá ao pazo, onde se están a avaliar tamén as mostras da nova edición dos Meles de Galicia. 

Ler máis


Sillobre reúne 12 fabricantes na súa 1ª Festa do Queixo

Feira do Queixo de Sillobre / queixosdegalicia.comPictureSillobre celebrou este sábado a 1ª Festa do Queixo
Unha ducia de postos de queixo -entre fabricantes e distribuidores de varias marcas- déronse cita este sábado na 1ª Feira do Queixo de Sillobre (Fene/A Coruña), nunha xornada na que ameazou a chuvia, o que puido ser un condicionante para algúns posibles visitantes.Destacaron os queixeiros que acudiron a invitación para expoñer os seus produtos que o fixeron guiados polo labor de colaborar e darlle pulo ao feiral neste primer encontro. Tamén valoraron positivamente as vendas e a decisión do público para mercar. Os organizadores cifraron en máis de mil os visitantes.

Ler máis

​Sillobre entra en escena o sábado coa súa 1ª Festa do Queixo

Feira do Queixo de Sillobre/queixosdegalicia.comMembros de 'Agarimo' e Gandaría Sillobre mostran o cartel anunciador
​O vindeiro sábado, 25 de outubro, nace unha nova feira do queixo en Galicia, na parroquia de Sillobre (no concello de Fene/A Coruña), combinando o impulso da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva (SCRD) Agarimo e o diario traballo produtivo e comercial da Gandaría Sillobre.

​Deste xeito, no que vai de ano, son dous os novos proxectos incorporados á exaltación dos queixos galegos. O primeiro foi a finais de abril, coa celebración da Feira de Queixos de Pontedeume (
Merca Queixo).

Ler máis


​​Goente promociona con éxito o queixo e o mel, os seus produtos estrela

Feira do Queixo e do Mel / queixosdegalicia.comOs asistentes puideron probar petiscos elaborados con queixo e mel
A parroquia pontesa de Goente celebrou este domingo a súa décimo quinta Feira do Queixo e do Mel, que segue a manter un formato marcadamente local e na que se se volveron promocionar con éxito  os dous produtos, así coma outros procedentes do agro e da artesanía galega. 
A fórmula, segundo lembrou a conselleira de Turismo e Promoción Económica do concello coruñés das Pontes, Elena López, é seguir poñendo en valor tanto as propostas que saen da fábrica local de Queserías del Eume como da Casa do Mel de Goente, unha asociación formada por preto de cincocentos apicultores de todo o país, pero sobre todo da provincia.

Ler máis


A chuvia non arredou aos amantes do requeixo da Capela

Foto
A choiva xogou ao longo da xornada dominical coas expectativas dos organizadores da XXXV Festa do Requeixo da Capela. Contra a unha da tarde, caeu auga con intensidade durante uns minutos, pero o pregoeiro desta edición non tivo dificultade para chegar ao palco da música, aínda que boa parte da audiciencia fíxose forte nos amplos acubillos dos puntos de venda. O escuro nubeiro inicial deu paso a un sol pouco crible. Pola tarde choveu algo e por momentos. O panorama non impediu  que á hora de facer balance se volvese rexistar un ano máis unha venda de preto de 3.000 terrinas de requeixo.

​Ler máis


Queixo en Compostela: un achegamento ao sector ( e 2)

Cheese Market Tour Santiago / queixosdegalicia.comAs catas, degustación e venda de queixos fíxose en San Martiño Pinario
Despois das análises e das teorías do primeiro día do Cheese Market Tour en Santiago, e de falar da diversidade, calidade e tradición do queixo galego, con cinco mesas profesionales de debate chegou o tempo da práctica.
O venres 18 de xullo, os afeccionados aos queixos galegos tiveron a aportunidade de participaren en catas guiadas, tanto dos incluídos como dos excluídos das denominacións de orixe protexida (DOP). E o venres 19 de xullo, 12 fabricantes galegos e seis produtores agroalimentarios expuxeron os seus produtos. 

Ler máis


Queixo en Compostela: un achegamento ao sector (1)

El Papel del Queso Gallego / queixosdegalicia.comDavid de Santiago, presidente de QdeQuesos, durante a inanguración
Remataron o pasado 19 de xullo en Santiago  dúas importantes iniciativas: unha xornada sobre 'O papel do queixo galego' (o xoves) e a exposición 'Mercado do queixo galego e produtos de cercanía' (o venres e o sábado) que incluíu a venda de queixos dunha ducia de fabricantes do país. Todo da man do Cheese Market Tour e co apoio da Organización Interprofesional Láctea (Inlac). Na xornada falouse da distribución e venda do produto, dos beneficios  tanxibles,  do desenvolvemento rural ou dos beneficios do sector. Os queixeiros, os auténticos protagonistas desde encontro, tamén expuxeron os seus puntos de vista. 

Ler máis


112.000 visitantes e moito queixo galego na Semana Verde

Semana Verde / queixosdegalicia.comQueixos Brigantia, na Semana Verde
O bo tempo axudou a despedir con ledicia a XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que pechou edición con 112.200 visitantes, segundo un sistema de cámaras de sofware intelixente situadas nas entradas ao recinto silledense que permitíu obter cifras totais de asistencia con maior precisión. Acudiron 758 empresas e entidades de España, Portugal Italia, Cuba, Colombia, México e Estados Unidos. Nun escaparate tan amplo -con máis de 200 actividades diferentes- non volveron faltar algúns fabricantes dos mellores queixos galegos.

 (Ler máis)


Merca Queixo: todo parabéns

Merca Queixo / queixosdegalicia.comI Festa de Queixos de Pontedeume
A Feira de Queixos de Pontedeume (Merca Queixo) non puido ter mellor arranque nin acollida, cun recoñecemento xeral dos asistentes, dos vendedores, e da hostalaría. Sen apuros, e coa inestimable colaboración do tempo, cafetarías, bares e restaurantes tiveron traballo dabondo durante esta fin de semana, e os postos de venda de queixos apuraron existencias. 
​En total acudiron a Merca Queixo 25 queixerías da Península Ibérica, con queixos galegos, do País Vasco, de Castela-León, Estremadura ou Portugal.  

(Ler máis)




As Neves leva á súa festa anual dúas toneladas de requeixo


XXXII Feira do Requeixo e Mel das Neves / queixosdegalicia.comFotoXXXII Festa do Requeixo e Mel das Neves
É difícil precisar o número de asistentes á XXXII Festa do Requeixo e Mel das Neves, pero pode servir a estimación do presidente da Coopertiva Agrícola Condado Paradanta, Alejandro Fernández, quen fala de preto de catro mil persoas o venres.
Venteou, choveu canto quixo e chegou o frío das montañas próximas de Portugal, nas que nevou, pero a gran carpa instalada no centro desta vila do sur pontevedrés rexistrou un  pleno total. Para satisfacer a demanda, os organizadores aportaron para os dous días de festa -venres e sábado- dúas toneladas de requeixo.

(Ler máis)


O San Simón enche as depensas dos galegos

XXIX Festa de San Simón da Costa / queixosdegalicia.com Don Crisanto, na Festa do Queixo Simón da Costa deste ano
Vilalba pechou a XXIX edición da Festa do Queixo San Simón  da Costa, na que as vendas volveron ser moi importantes, ata o punto de que os sete fabricantes da Denominación de Orixe Protexida que concorreron, recoñeceron, sen excepcións, que foi un dos mellores anos. Na vila lucense, capital da Terra Chá, déronse cita o sábado e o domingo milleiros de visitantes, moitos interesados no mundo dos queixos e outros tamén polos encantos da feira que se celebrou hoxe, con longas colas diante das pulperías e churrascarías e un fervedoiro  de xente acumulando viandas para encher a despensa, facendo as compras das próximas semanas.

Ler máis


Arzúa pecha ciclo e bate récord, con 50.000 amantes do queixo no 50 aniversario da súa festa anual

50 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comFotoO queixo Arzúa-Ulloa gusta moito, pero hai que degustar e logo elixir...
A 50 edición da Festa do Queixo de Arzúa bateu o seu récord  de asistencia, con más de 50.000 visitantes durante toda a fin de semana, ao superar todas as expectativas e converterse ao mesmo tempo nun dos encontros máis multitudinarios dos que se celebran en Galicia tanto na exaltación dun produto estrela como é o queixo, como no mundo lúdico, da cultura e do divertimento que arrastra. E non hai que esquecer a vertente feiral de sempre, con centos de postos na rúa ofertando case de todo o que viandantes e curiosos queren ver e poden estar tentados de mercar. 

Ler máis







Portal dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.comImagen
Portal dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia