Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

53 fabricantes encherán de sabor a festa de exaltación do queixo de Arzúa

23/2/2024

0 Comentarios

 
49 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
Guadi Galego, Xoán Xesús Carril, José Luis García, Alberto Alfonso e José Luis Lama, na presentación da 49 Festa do Queixo Arzúa
A.S.R.

A 49 Festa do Queixo culminará na primeira fin de semana de marzo en Arzúa un ano de traballo para exaltar o produto, cuxas credenciais falan dun recoñecemento que o sitúa como o de maior produción de queixo de leite de vaca de Galicia e como a segunda Denominación de Orixe Protexida (DOP) de España, por detrás da do queixo manchego. Onte presentouse o programa completo da festa, que nos grandes números resúmese en 53 queixerías e 68 expositores no recinto Feiral Terra do Queixo; e no plano musical nun abano que inclúe o sábado, 2 de marzo, os grupos: Tu Futura Exmujer, La Plazuela, Arde Bogotá e Grande Amore; e o domingo: De Vacas, Guadi Galego e Fillas de Cassandra.

Queixo e música, esa é a proposta principal, aínda que hai unha manchea de actividades máis  que comezan xa o lúns,  26 de febreiro, coas catas comentadas de Queixo DOP Arzúa-Ulloa. O martes, día 27, están programados dous obradoiros en centros educativos. O xoves, 28, haberá unha 'masterclass': Paraísos da Arzúa-Ulloa. E o venres será tempo de resolver o concurso de tapas e petiscos Festa do Queixo, que organiza a DOP e establecementos hostaleiros da vila.

Pregón de María Vázquez

O sábado, 2 de marzo, ás once e media da mañá, a actriz viguesa María Vázquez dará o pregón e, pola tarde, o Festival do Queixo encherá o Campo da Feira de Arzúa de boa música.
Ás dez da mañá do domingo, 3 de marzo, abrirá o recinto feiral, ao que 53 fabricantes levarán sabor e variedade á primeira festa de exaltación de 2024 dun queixo galego. Nove queixerías pertencen á DOP Arzúa-Ulloa, coa presenza tamén das outras tres denominacións de orixe galegas (Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). Igualmente, hai unha zona reservada para seis fabricantes co certificado de Produtores Lácteos Tradicionais (TPL) e estarán presentes o Concello de Boimorto e a Asociación Melide Terra Doce.

A proposta complétase con queixos recoñecidos procedentes de Francia e Italia, así como outros de Asturias, Aragón, Baleares, León, A Mancha ou Estremadura. E logo, boa música, ata pechar a xornada.

Falta de apoio institucional

A presentración da Festa do Queixo estivo presidida polo alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, que recalcou o apoio da Deputación da Coruña ao evento, cuns 30.000 euros, e a falta de colaboración da Xunta. Augurou  o rexedor que Arzúa vai estar "chea a reventar".

Asistiu tamén o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (CRDOP) Arzúa-Ulloa, José Luis Lamas; o director do Festival do Queixo, Alberto Alfonso; o concelleiro de Cultura arzúan, José Luis García; e unha das estrelas do festival, Guadi Galego.

A artista cedeirense mostrouse "convencida" de que non vai chover nos concertos da fin de semana, aínda que os asistentes estarán a cuberto, para que poidan disfrutar dunha oferta musical que se pregoa aberta, gratuíta e de calidade.   
​
49 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
Os intervintes na presentación, diante do cartel anunciador do Festival do Queixo Arzúa
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia