Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Cebreiro: queixo, neve e diversión

30/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
A neve provocou contratempos,pero volveu ser motivo de ledicia para moitos visitantes á Feira do Queixo
Non é a primeira vez que neva no Cebreiro con motivo da exaltación do queixo da denominación de orixe do mesmo nome, como tampoco faltaron ocasións nas que os visitantes se achegaron ata a montaña lucense para disfrutar da feira en mangas de camisa, con sol e un calor propios do verán. Hoxe foi un día dos primeiros, con neve abundante e aficións moi distintas, entre os que acudían a disfrutar de xornada festiva e gastronómica, sorteando beirarrúas co coidado den non escorregar, e os que se concentraron nas leiras da contorna con todo tipo de útiles para deslizarse ladeira abaixo.

Despois de nevar ao longo de toda a mañá, alá pola unha e media da tarde, cando algúns postos xa venderan boa parte do seu queixo, aínda seguía chegando xente a Pedrafita do Cebreiro disposta a quedar para comer. Isto provocou unhas retencións importantes nas estradas de acceso á capitalidade do munipio, aínda que aparcar foi un pouco máis doado que en anteriores convocatorias.

Tendo en conta que as cinco queixerías incluídas na Denominación de Orixe Protexida Cebreiro (Castelo de Brañas, Queixo Santo André, Marqués de Cernadas, Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos) son pequenas, á feira de hoxe trouxeron entre todas camiño dos 3.000 queixos, que expuxeron na nave central, xunto con outros vinte postos que en boa medida ofertaron propostas, entre elas algunhas da denominación San Simón da Costa que, precisamente, celebra a súa feira anual os próximos 7 e 8 de abril.

En total chegaron a 160 os postos instalados, varios de artesanía -nunha nave próxima- e outros, igualmente baixo cuberta,  habilitados degustar polbo ou churrasco, co queixo como sobremesa. Todo iso sen olvidar os restaurantes da zona, que onte, sábado, tiveron pleno absoluto e algúns non puideron dar máis comidas pasadas as catro da tarde.

O pregón da feira deste ano correu a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Francisco Sineiro. Coa neve sempre de fondo -que causou moitos contratempos na provincia de Lugo- celebrouse as dúas da tarde a comida oficial, organizada polo concello local, mentres que milleiros de visitantes sortearon rúas e beirarrúas da Pedrafita para comer.

Queixo curado

Entre as novidades deste año, presentáronse na feira os queixos curados, con tratamento como mínimo de 45 días. Foron productos que aportaron, en concreto, Queixo Santo André -cun produto máis que recoñecido, con premio a nivel estatal incluído- e un formato para consumo familiar que trouxo Gran Despensa Abadía de Samos. Ambos teñen o respaldo do Consello Regulador.
​
Segundo resaltou a secretaria do referido consello, María Teresa Prado, un obxectivo clave é seguir crecendo, e non descarta que poida haber novidades importantes nun futuro máis ou menos próximo. Entre fresco e curado, a última referencia de produción anual sitúase nos 40.000 quilogramos, que supoñen arredor dunhas 74.000-75.000 pezas. Traducido en volume de negocio, sobrepasan os 300.000 euros.  

Imagen
Dúas das queixerías da denominación Cebreiro presentaron queixo curado, unha novidade este ano
0 Comentarios

Mañá, venres de requeixo en As Neves

29/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Requeixo e Mel de As Neves / queixosdegalicia.com
O requeixo comercialízase ao longo do ano en doses, en formatos de tres, seis e 12 unidades
O concello pontevedrés de As Neves celebra este venres a súa XXVII Feira do Requeixo, un encontro que acolle un ano con outro arredor de 10.000 visitantes, aínda que ao longo da semana son múltiples tamén as actividades organizadas co obxectivo de impulsar un producto tradicional, totalmente natural que, indefectivamente, aparece acompañado por outro non menos atractivo da zona: o mel. Tal é así, que chegan a venderse ata 4.000 racións na feira, aínda que son moitos os que os mercan para dagustalos na casa ou como agasallo.

É este un queixo "untuoso, con toques herbáceos e sen sal", en palabras do presidente da Cooperativa Condado Paradanta, Alejandro Martínez, e auténtico impulsor deste manxar, quen asegura tamén  que se trata dun produto que pode manterse en estado óptimo quince  días, polo que se pode enviar a calquera punto de España, e iso, dun día para outro. A partir dos tres ou catro quilogramos, o transporte pode ser gratuito.

Lucía Freitas, pregoeira

Actividades educativas do mel e do requeixo para os nenos, cociña en directo para aprender a sacar o potencial destes produtos ou a Ruta BTT 'O Requesón' constitúen algunhas das actividades desenvolvidas nos días anteriores e posteriores á xornada central da feira.

Mañá venres pose todo en marcha ás once da maña. Acto seguido haberá pasarrúas  e concerto da Banda de Gaitas A.C. Pontenova de Salvaterra.

Ás doce toca pregón, a cargo da recoñecida cociñeira Lucía Freitas, do restaurante santiagués 'A Tafona' e integrante do 'Grupo Nove', que cociñará de cara ao público asistente na Praza Maior de As Neves. Durante o pregón, entregaranse os premios do I Concurso de Receitas Requeixo das Neves. E, a unha da tarde, degustación  do requeixo na Praza Maior. As actividades continuarán pola tarde e o sábado, día 31.
​
Feira do Requeixo e Mel de As Neves / queixosdegalicia.com
O requeixo consérvase 15 días, e pódese enviar a calquera punto de España en 24 horas
0 Comentarios

A Feira do Cebreiro pecha o venres o mes por excelencia dos queixos galegos

28/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
O Venres Santo poranse á venda máis de 3.000 queixos do Cebreiro e abrirán uns 160 postos
Este venres, 30 de marzo, celébrase a XXXII Feira do Queixo do Cebreiro (Lugo) que, xunto coa Feira do Requeixo e Mel de As Neves (Pontevedra), pechan o mes por excelencia da exaltación dos queixos galegos. Despois da Festa do Queixo de Arzúa -a primeira do ano- tiveron lugar a de Moeche (A Coruña) e, o pasado domingo, a de Friol (Lugo).

Todo iso, sen olvidar outros encontros que buscan tamén, directa ou indirectamente, a promoción do queixo. É o caso da Feira de Carral (A Coruña), que se celebrou o pasado domingo, día 26, e na que o pan do país é o reclamo principal, pero na que o queixo ten cada vez máis presenza.

Na Feira do Queixo do Cebreiro deste ano poranse á venda máis de 3.000 pezas deste producto, e abrirán ao público nada menos que 160 postos, nos que se poderán adquirir moitos productos tradicionais e do campo. Pero a novidade deste ano será a venda de queixo curado, así como un posto no que se ofrecerán diversos productos elaborados con porco celta. Os prezos dos queixos da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro oscilarán entre os cinco e os seis euros.

Pregón de profesor Francisco Sineiro

A feira iniciarase ás nove e media da mañá, coa apertura dos postos. As once celebrarase un pasarrúas a cargo da Charanga DGT, actuando a continuación a Asociación Cultural Xistra, que ofrecerá un baile rexional.

O pregón, a unha da tarde,  correrá a cargo de Francisco Sineiro García, profesor de Economía Agraria da Universidade de Santiago de Compostela. Coa feira en plena actividade, alá polas dúas da tarde, comezará a comida oficial, na que a bo seguro non ha de faltar o queixo. 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Entre as novidades deste ano está o queixo curado do Cebreiro. Na foto, o posto de Queixo Santo André
0 Comentarios

Friol: queixo e pan para 16.000 visitantes

25/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Un ano máis, houbo compradores para os preto 11.000 queixos e 4.000 pezas de pan á venda
A feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá viuse ameazada hoxe cun domingo pasado por auga, pero, a iso das once e media da mañá, houbo unha tregua que permitiu que a xente se animase a acudir ao encontro para degustar un ano máis os dous produtos estrela do municipio. O balance, en palabras do alcalde da localidade luguesa, José Ángel Santos, foi positivo en asistencia e e vendas. Houbo nesta ocasión máis queixerias, que trouxeron arredor de 11.000 queixos para vender; e as panadarías 4.000 pezas. De todo iso deron boa conta os visitantes. E, como sempre, acudiu xente de toda a provincia e de moitos lugares de Galicia.

As primeiras previsións, no que se refire á asistencia, sitúanse arredor dos 15.000 e os 16.000 asistentes, unha cifra que os axentes municipais estiman a partir de datos tan significativos como os espacios para aparcar, mínimos, pese a existencia de zonas especialmente habilitadas para deixar estacionados o vehículos.

Un dato especialmente significativo no mundo do queixo friolense é que hai noventa e cinco queixerías, "que son moitas para un concello rural". Afortunadamente van tendo cada vez máis un tamaño mediano, segundo o rexedor municipal, quen non dubidou en sinalar que o queixo que se fai nestar terras, con que leve o nome de Friol, "xa lle chega, non lle fai falta denominación", defende.

Aclara neste sentido que o comprador pode facerse na feira cun queixo denominación de orixe Arzúa-Ulloa que pode ser de Palas de Rei, de Arzúa,  de Melide ou de Boimorto. E está especialmente presente tamén nesta convocatoria o queixo de sempre do país. O leite cru manda en boa parte destes produtos e ten a súa repercusión nas vendas.

Considera o alcalde que hoxe e sempre, os produtores, con que leven no seu nome que se trata dun queixo de Friol, "xa lle chega" e que é "moito máis que o que calquera denominación poida ter".

Sinalou tamén que o 'Friulio', que o ano pasado acompañou excepcionalmente a feira do queixo e do pan, concidindo coa súa 25 edición, decidiuse que "empece a camimar só". Celebrarase o 12 e 13 de maio.

Nova queixería

Na carpa do recinto feiral había una nova queixería que, co nome de Zolle, este mesmo mes comezou a venda dos seus produtos. Non ten de momento denominación de orixe, e o que pretende é divulgar o queixo de Friol coa "calidade máis grande que hai".  Trátase dun queixo que se fai só, "polas explotacións que hai no municipio", con leite "cen por cen galego, diferenciado, con vacas de pastoreo", segundo o responsable da queixería, Ovido Zolle Vázquez.
​
O resultado é "un queixo mantecoso, cremoso e un queixo vivo". "Apostamos polo leite cru porque é o que me pide toda a xente", apunta o fabricante. Esta queixería, que traballa coa Cooperativa de Friol,  sacará ao mercado diriamente uns 400 quilogramos ao día, que suporán uns 120.000 quilogramos ao ano, "pero todo está preparado xa para duplicar ou triplicar produción", sinala Ovidio Zolle.
Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Friol conta cunha nova queixería, que se presentou hoxe na feira anual
0 Comentarios

A gastronomía pode coa choiva na Feira do Queixo de Moeche

18/3/2018

1 Comentario

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Nos próximos días coñeceranse os datos de asistencia e vendas
A climatoloxía non foi hoxe benigna en Galicia e a descarga que aló polas once da mañá caeu no municipio coruñés de Moeche, non axudou a que moitos potenciais visitantes se animasen a acudir a III Feira do Queixo. Aínda así, a resposta á convocatoria foi importante e moitos dos fabricantes e vendedores de queixos que acudiron as instalacións cubertas que reserva o concello para este encontro anual, coincidiron en calificar de boas as vendas.

A actividade da nave central comezou as dez da mañá, coa participación de máis dunha vintena de queixerías de Galicia, Asturias, León ou Estremadura e houbo tamén queixos de Italia, Francia e Suíza, sen faltar complementos gastronómicos tan importantes como algúns dos mellores pans galegos -en competencia cons mellores fornos locais-, empanadas, polbo e  todos eses produtos e sobremesas que se venden sós.

Ao longo da mañá non faltou o concurso de receitas con queixo, obradoiros infantís, unha cata comentada  de queixos de Asturias, outra dos mellores queixos de Galicia e unha terceira dos de León e Estremadura.

 Ás 12,30 horas, como de costume neste encontro, saiu  o autobús para visitar o Castelo de Moeche. Camiño das dúas da tarde entregáronse os premios do III Concurso de Cociña con queixo.

Houbo tamén catas dalgúns dos queixos á venta e ao longo da xornada, diversos establementos hosteleiros de Moeche ofreceron coas consumicións tapas elaboradas a base de queixo.

A espera de máis datos
​

Na edición de 2017, segundo os datos aportados polo Concello de Moeche, acudiron arredor de 4.000 visitantes, con máis de 2.400 quilogramos de queixo vendidos e unha facturación de 18.500 euros, na que se incluían pan e mel. Daquela, afortunadamente, non choveu, polo que asistencia incrementouse nunhas mil persoas en relación con a de 2016. Os datos oficiais desta terceira edición: nos próximos días. 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
As propostas son múltiples e cada vez más interesentes, como a dos quexos Campo Capela
1 Comentario

O Tren do Queixo chega a Moeche o domingo

13/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Moeche avanza na consolidación da súa feira do queixo, que terá nesta edición 22 fabricantes e múltiples atractivos
O domingo 18 de marzo celébrase no municipio coruñés de Moeche a 3ª edición da Feira do Queixo, un encontro ao que acudirán 22 queixerías procedentes de distintos puntos de Galicia, así como de Asturias, Castela e León e Estremadura. Estarán representados igualmente algúns produtores de queixos máis doutras partes de Europa, que enriquecerán a mostra. Falan en concreto, os organizadores,  de especialidades procedentes de Francia, Bélxica, Italia e Suíza.

O queixo volverá a  ser un ano máis o eixo central dunha feira que busca promocionar a transformación leiteira no concello, baseada na calidade e na diferenciación dos seus produtos, e que ten no queixo, precisamente, o principal dos reclamos. Pero nesta xornada dominical  haberá outras moitas propostas que volverán a atraer a milleiros de visitantes.

Así,  celebraranse catas comentadas, ofrecerase música, un espectáculo de maxia ou obradoiros para os máis pequenos. Tamén se entregarán os premios do concurso de receitas, cuxo prazo para concursar péchase o 16 de marzo.

A feira porase en marcha ás dez da mañá, na nave do mercado, coa apertura de postos, entre os que se poderán atopar algús dos mellores complementos do queixo, como o pan ou a empanada, e tamén doces, mel e conservas.

Entre as marcas galegas, os asistentes poderán degustar e mercar queixos como  os de Cortes de Muar (Silleda/Pontevedra) ou os de  Touza Vella (Castro Caldelas/Ourense), ámbolos-dous premiados nos World Cheese Awards, considerado o certame máis prestixioso do mundo en materia de queixos.

Catas e Tren do Queixo

Haberá catas de queixos, que acollerán un máximo de 60 participantes -20 por sesión- con grupos que se irán completando por orde de inscripción. O prezo de asistencia a cada unha destas catas será de tres euros por persoa.
​
Como nas dúas edicións anteriores, non faltará o Tren do Queixo. Trátase dun servizo que busca facilitar os traslados a Moeche desde Ferrol e, ao mesmo tempo reividicar o valor do ferrocarril como medio de transporte e un servizo imprescindible para a comarca.
 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Os afeccionados ao queixo poderán asistir de novo este ano ás catas comentadas
0 Comentarios

Friol, a multiplicación dos pans e dos queixos

10/3/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Friol / queixosdegalicia.com
O domingo póñense á venda uns 10.000 queixos e 3.500 pans, e pode que non haxa para todos / ROCHA
Unha vez ao ano, o municipio lucense de Friol convírtese nun gran escaparate gastronómico de Galicia e serve de reclamo para que milleiros de visitantes de distintos puntos da Comunidade Autónoma se apunten á unha xornada na que se poden atopar as mellores viandas, polbo incluído. Pero o principal reclamo son dous produtos artesanais do concello: o pan e o queixo, que se multiplican para atender as demandas visitantes que acoden a feira.

Este 25 de marzo, Friol celebra a 26ª edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá, unha convocatoria que consegue duplicar e incluso triplicar a poboación do municipio e que, en palabras do alcalde da localidade, José A. Santos Sánchez, é a que  actúa como o maior polo de atracción de visitantes con que conta o municipio.

A feira, seguindo a liña argumental dos organizadores, continúa a medrar e modernizarse, adaptándose aos novos tempos, pero sen perder a súa esencia. Debe ser por iso que a veciñanza considera o feiral como algo moi seu e acode masivamente cada ano á reunión gastronómica.

E para quen non os coñezan, o queixo de Friol e o pan de Ousá son dous produtos totalmente artesanais, elaborados coas mellores materias primas dun concello históricamente marcado pola actividade no sector agrario e gandeiro.

10.000 queixos, 3.500 pans

O éxito de vendas parece estar garantido e quen non chegue con tempo, arríscase a que escasee xa o produto, porque son moitos os visitantes que mercan aquí os seus queixos para unha tempada longa, para comer no curto prazo e tamén para deixar que sigan curando e degustalos en sinaladas ocasións.

Segundo o concello, as previsións de participación de queixerías e panadeiros coas que se vai contar son similares e incluso algo superiores ás de anos pasados, con arredor de 95 queixearías e cinco panadarías de parroquia friolense de Ousá.  Serán total uns 10.000 queixos os que se poñan á venta e entre 3.000 e 3.500 as unidades de pan dispoñibles.

En evitación de sorpresas que xa non o son tanto, como pode ser a presencia chuvia, unha gran carpa ubicada na praza Andón Cebreiro acollerá os dous produtos principais da feira, mentres que ao redor colocaranse postos nos que se poderán mercar diferentes produtos alimentarios do municipio.
Ao carón da carpa principal estará tamén o  posto municipal, no que,  a unha da tarde, os asistentes poderán degustar totalmente de balde queixo e pan acompañados dun viño.
​
Na praza Rosalía de Castro instalaranse os postos destinados a exposición de produtos de diferentes sectores, como o artesano textil e o de viños, sidras ou licores. A apertura da feira está prevista para as once e media da maña.
 
0 Comentarios

Arzúa acolle con agarimo aos amantes do queixo

4/3/2018

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Un ano despois, parte dos 730 quilogramos da 'Queixeira de Arzúa', puxéronse á venda
Arredor de medio cento de queixerías satisfixeron este fin de semana as demandas dos milleiros de visitantes que se pasaron polo municipio coruñés de Arzúa para asistir un ano máis a súa festa de exaltación do queixo, que chegou a súa 43ª edición. E curiosidades do tempo, aínda que non fixo falta o paraugas este domingo pola mañá para percorrer as rúas e visitar os centos de postos de venda, pode que mermasen algo os visitantes é, en especial, os amantes do queixo. Pero, as cifras, a bo seguro que se viron compensadas polo amplo colectivo dos amantes da música, aos que cada ano se lles adica unha especial atención.

E para os nostálxicos da festa do pasado ano que se fotografaron diante da réplica de 'A Queixeira de Arzúa', houbo nesta ocasión a posibilidade de mercar unha porción daqueles 730 quilogramos de produto que se expuxeron á entrada do recinto feiral. Un gran queixo, cun ano de curación e con ese particular sabor 'metálico' que caracteriza ao Arzúa-Ulloa con máis tempora de elaboración. Deberon ser centos os visitantes que se fixeron cunha porción, sabedores de que oportunidades como a deste domingo vai pasar algún tempo para que se volvan producir.

Puxéronse á venda uns 120 quilogramos daquela estatua en queixo, que se corresponderon para a ocasión co cesto da queixeira da obra en pedra feita polo escultor compostelán Fernando García Blanco (que se expón no centro da vila).  

Foi este un traballo, que pasou o ano pasado por ser a peza escultórica en queixo máis importante do mundo, na que participaron 212 persoas na preparación, a partir dun molde en 3D que se encargou de preparar unha empresa especilizada nestes traballos do Porriño (Pontevedra), por encargo de Queixería Barral. A experiencia, segundo recoñecen os seus impulsores, foi tan intersante como azarosa, e merece a pena ser contada noutra ocasión.

Pinchos e tapas, sempre con queixo

Como cada ano, os amantes do queixo, tiveron a oportunidade tamén de disfrutar os días previos ao feiral queixeiro das bondades culinarias  de bares e restaurantes locais. E o pasado sábado, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, entregou os premios do seu tradicional concurso de pinchos e tapas.

A casa de Comidas Chelo foi o establecemento gañador, coa tapa denominada 'Carrilleiras de porco con queixo Arzúa-Ulloa'. O segundo posto foi para 'O queixo Celta', unha orixinal creación da Casa Nené, mentres que no terceiro lugar ficou o 'Saquiño de queixo con gambas', da cafetería Praza.
​
No concurso participaron vinte e tres establecementos da hostalaría arzuana, que elaboraron as súas creacións con queixo cedido gratuitamente polo Consello Regulador, que impulsou tamén actividades nos centros escolares para iniciar aos mais cativos no mundo do queixo.

Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
A Casa do Queixo, hoxe domingo, camiño xa das tres da tarde
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia