E tal e como sinalou tamén durante os días de feiral o presidente da Asociación de Queixeiros da Chaira, Javier Piñeiro, Maruja Limón non desaproveitou a ocasión para falar da importancia de consolidar novos mercados.
O principal obxectivo da feira do queixo de San Simón da Costa e dar a coñecer o queixo e colocalo nun lugar preferente no mundo da gastronomía, da restauración e da hostalería, afondando nas posibilidades que ofrece o mercado español, no que, segundo Javier Piñeiro, queda aínda moito por facer", e sen olvidar os destinos internacionais.
De feito, Queixeiros da Chaira e o Consello da Denominación de Orixe Protexida están a traballar nun proxecto de internacionalización do queixo chairego, co obxecto de dinaminar e promocionar a exportación en destinos como o europeo, o asiático ou o amerciano, xusto alí onde poida resultar máis atractivo.
Tapas con queixo
Xunto co pregón do sábado, outra cociñeira, Ana Roca, participante neste caso no Master Chef Junior, foi a encargada de desenvolver un obradorio de cociña infantil no que os participantes prepararon tres tapas nas que o queixo San Simón da Costa foi o ingrediente fundamental.
Durante a mesma xornada entregáronse os premios do V Concurso de Carteis de San Simón e celebrouse tamén unha poxa benéfica a favor de Cáritas de queixos con 14 meses de cura.
No fin de semana tamén se celebrou o concurso de tapas de Don Simón, no que participaron máis de 40 hosteleiros.
Un 90 por cento de vendas
Como foi habitual nas festas do queixo celebradas este ano en Galicia, o bo tempo permitiu unha gran asistencia de púbico, cun bo número de vendas xa ao longo do sábado no feiral de Vilalba.
Ao peche das actividades do fin de semana, as oito queixerías que acudiron á festa do queixo -Daniberto, Prestes, Fontelas, Don Gabino, Don Crisanto, Catadoiro, Casleiras e Valado- lograron vender arredor dun 90 por cento do produto, aínda que no recinto poideron mercarse outras variedades de queixos procedentes de Holanda ou dos Alpes ou doutros lugares moito máis próximos como o municipio asturiano de Taramundi.
As once queixerías que forman parte da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa certificaron o pasado ano un total de 397.941 pezas de queixo (bufóns incluídos) cun volume de negocio de máis de 2,5 millóns de euros.