Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Don Crisanto', un vilalbés na boca de todos

17/12/2017

0 Comentarios

 
Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.com
Queixería Don Crisanto suma un novo e importante galardón á súa actividade profesional
A Queixería Don Crisanto ten bos e variados galardóns. O último, o Premio Especial Alimentos de España ao mellor queixo. Obtivo a puntuación máis alta nunha cata organoléptica a cegas. Este premio ten como finalidade impulsar e dar a coñecer os queixos españoles de máis calidade e as súas particulares propiedades para o padal. Busca tamén estimular aos produtores a obter queixos de calidade.

O recoñecemento deuno a coñecer o pasado venres o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este queixo vilalbés, da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa (D.O.P.), tivo outros compañeiros de viaxe, referentes igualmente atractivos á hora de levar á mesa produtos excelentes.

Así, estiveron no panel dos gañadores Quesería Ricardo Remiro, de Eulate (Navarra), na modalidade de queso madurado de oveja; Quesería Lopicomo, de Villamartín (Cádiz), en queixo madurado de cabra; Quesos el Bosqueño, de El Bosque (Cádiz), na categoría de queixo madurado de mezcla; e Quesería Picos de Europa, de Posada de Valdeón (León), en queixo madurado con mofos ou queixo azul.

"Exclusividade e diferencia"

Tal e como proclama esta empresa familar -dedicada a elaboración artesanal de queixo da D.O.P. San Simón da Costa, desde a súa fundación, en 1990-, mantense fiel á filosofía de ofrecer aos clientes un produto "exclusivo e diferente".

'Don Crisanto' está instalada na parroquia de Lanzós, no municipio lucense de Vilalba. Ten esta queixería as súas raíces nunha familia queixeira, na que aboa e antepados aportaron os seus coñecementos para facer este queixo afumado novamente galardoado.  É un importante  premio que se suma a outros moitos obtidos ao longo destes anos.  
 

​
Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.com
A queixería recibiu tamén o galardón ao mello queixo maduro de vaca
0 Comentarios

Ruta Xacobea, Queinaga, Barral, Daniberto e Castelo: Os mellores

12/12/2017

0 Comentarios

 
Premios Cata Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Presidente da Xunta e conselleira do Medio Rural, flanqueados en Vilalba polos gañadores das catas de queixo e mel
Xa hai gañadores da Cata de Queixos de Galicia 2017, as distincións de ouro foron nesta ocasión para as marcas Daniberto, da Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) San Simón da Costa; Castelo, da denominación Cebreiro; Ruta Xacobea, da denominación Tetilla; Queinaga, da D.O.P. Arzúa-Ulloa;  e Barral, desta última denominación pero na variedade de queixo curado.

O encontro, no que se entregaron tamén as distincións de ouro para a XVI Cata dos Meles de Galicia, celebrouse en Vilalba (Lugo), nun acto que estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen garantiu o compromiso co sector agroalimentario galego por medio do Plan de promoción da calidade agroalimentaria 2020, para que o sector siga medrando  e para que Galicia se poida consolidar como "sinónimo de calidade", dixo. Engadiu que esta iniciativa conta cunha dotación de 34 millóns de euros.
​
Ademais de impulsar -a través das denominacións de orixe e identificacións  xeográficas- o crecemento dun sector fundamental para o desenvolvemento do rural, Núñez Feijóo sinalou tamén que dito plan ten en conta a necesidade de loitar contra a competencia desledal, facendo especial fincapé na importancia da correcta identificación dos productos,  algo que as propias D.O.P. dos queixos demandan especialmente.

Pratas e bronces
Entre os mellores queixos de 2017, por decisión dun experto equipo de catadores, houbo distincións tamén de prata e de bronce, e diversos diplomas.   Na categoría de prata están Casleiras (D.O.P. San Simón da Costa), Gran Despensa -Real Abadía de Samos (D.O.P. Cebreiro),  Bo Queixo (D.O.P.Tetilla) e Castillo de Pambre (D.O.P. Arzúa-Ulloa) .

As disticións de bronce foron para as marcas Queinaga (D.O.P. Tetilla), El Labrador Estradense (D.O.P. Arzúa Ulloa) e Don Crisanto (D.O.P. San Simón da Costa).

Boa saúde do sector
As 30 denominacións de orixe e indicacións xeográficas existentes no ámbito agroalimentario, ás que habería que engadir  as produccións ecolóxicas certiticadas  galegas, poñen de manifesto "a boa saúde do sector", segundo destacou o presidente da Xunta, quen argumentou tamén que o establecemento dunha denominación de calidade nunha zona supón unha oportunidade económica, fixa poboación e consolida a agricultura e a agroindustria como sectores de futuro. Como mostra,  aludiu ás cifras destas denominacións de calidade: máis de 400 millóns de euros de produción certificada, 23.000 produtores en activo implicados e preto de 1.000 industrias.

Na XVI Cata dos Meles de Galicia, a distinción de ouro  na categoría de multiflorais foi para Alfimel - Josefa Paz Vizoso (Burela-Lugo),  que obtivo tamén o primeiro premio para a categoría de meles monoflorais. 
Premios Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Feijóo, acompañado pola conselleira do Medio Rural, saúda a responsables das denominacións dos queixos galegos
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia