Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Segue a formación especializada na análise dos queixos galegos

23/9/2020

0 Comentarios

 
Curso de Salomé Beiroa / queixosdegalicia.com
Imparte os cursos Salomé Beiroa, na foto nunha cata para elexir os mellores queixos de Galicia
​Continúan celebrándose os cursos de formación especializada sobre a análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP). Son de carácter gratuíto e impártense en diferentes puntos da xeografía galega.Promóveos  a catadora Salomé Beiroa e contan co financiamento do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvamento Rural (Feader) e da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Colaboran diversas entidades máis, entre elas os catro consellos reguladores dos queixos galegos con DOP.

Un dos obxectivos, segundo a promotora dos cursos, é  "achegar a industria e o sector agroalimetario a uns produtos excepcionais" como son os queixos galegos con DOP  (San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla). Nas catro denominacións  é experta Salomé Beiroa, que conta cunha longa traxectoria no Panel de Cata da Xunta de Galicia desde hai 15 anos. Este grupo de expertos é o encargado de decidir en cada convocatoria anual sobre os mellores queixos do momento.

Outro aspecto clave da formación é a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade. Nas sesións formativas afóndase en cuestións como a degustación do produto, saber apreciar as súas características ou como dar valor aos parámetros que garanten a súa calidade.
 
A proposta non só se dirixe a quen se dedica directamente á fabricación de queixos, senón tamén os produtores lácteos, comercializadores e outros. “Malia que o leite chega ás queixerías desde o sector primario, os queixos galegos aínda precisan ser moito máis coñecidos entre as persoas que todos os días abastecen deles á industria”, afirma Beiroa.
 
Inscricións gratuítas
 
Os interesados en participar nalgunha das sesións programadas poderanse inscribir sen custo ningún, enviando un correo electrónico a formacion.queixos@beiroa.org e indicando a localidade na que desexan participar.
 
O calendario completo -con parte do programa xa desenvolvido- é o seguinte:  Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón) os días 31 de agosto e 2 de setembro así como o 21 e 23 de setembro. A seguinte cita para a formación é en Lalín, os días 7 e 9 de setembro e o 5 e 7 de outubro. A seguinte parada para afondar na análise sensorial dos queixos galegos é O Cebreiro os días 14 e 16 de setembro, para recalar en Vilalba o 28 e 30 do mesmo mes.
 
Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, acollerá os días 13 e 14 e 19 e 21 de outubro as ditas xornadas, para chegar a Palas de Rei os días 26 e 28 de outubro, finalizando en Melide os días 9 e 11 de novembro.
Curso análise queixos galegos / queixosdegalicia.com
Cartel anunciador destes 20 cursos gratuítos dirixidos ao sector agroalimentario e iniciados o pasado 31 de agosto
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia