Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Cebreiro, tempo de queixo

16/4/2017

0 Comentarios

 
XXXI Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Bo tempo e gran animación redondearon a xornada anual de exaltación do queixo do Cebreiro
Se fixera mal tempo, habería igualmente moita xente, porque na Feira do Queixo do Cebreiro hai tradicionalmente abondosos visitantes incondicionais, de aquí e de acolá. Pero non choveu, e iso foi garante para que o encontro pechase a edición deste ano cun importante incremento de asistentes e tamén de vendas. Tanto, que se fixo complicado remexerse en rúas e postos de venta. Sempre hai onde deixar o coche, pero onde antano había un oco para aparcar para os rezagados, houbo que ir un pouco máis lonxe. Foron máis de 2.000 os queixos da zona a  venda, e moitos, moitos visitantes.

De fóra pode que houbese máis dun 60 ou 70 por cento de visitantes, que veñen a pasar ao Concello de Pedrafita do Cebreiro as vacacións, o que inclúe que haxa xente que faga parada e fonda no municipio.
Este ano non foron catro, senón cinco, as queixerías da denominación que presentaron queixos no recinto feiral de Pedrafita - Castelo de Brañas, Queixos Márqués de Cernadas, Queixos Santo André, Queixo Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos-. Foi a proposta samoense a que se incorporou. Os prezos dos queixos locais oscilaron entre os catro e os seis euros a peza. Pero foron outras moitas as propostas, tanto galegas como españolas e estranxeiras.

Nunha primeira valoración da  xornada feiral, a secretaria do Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo do Cebreiro, María Teresa Prado,  sinalou que cada edición e cada ano hai máis xente que se interesa por coñecer o queixo do Cebreiro.

O futuro do queixo curado
​
No que se refire ao produto,  a secretaria da Denominación considera que no queixo curado pode estar unha boa parte do futuro deste produto na zona, xa que, dependendo da curación, chégase a conseguir un queixo cun sabor realmente atractivo. Parece imposible que dun queixo   "moi suave, lixeiramente acedo, moi fundente" se chegue a un queixo curado, dependendo do seu grao de curación,  cun sabor como "métálico, picante" ata o punto de que pareza imposible que dun queixo tan suave, pola súa curación, se convirta nun queixo tan distinto", resalta María Teresa Prado.

Produción anual

En números redondos, o pasado ano vendéronse uns 35.000 quilogramos de queixo, que este ano, segundo se vaian coñecendo as cifras oficiais, todo indica que se van superar o tope conseguido. 

En palabras do alcalde do concello, José Luis Raposo, Pedrafita foi sempre un lugar tradicional de feiras e esta do Queixo do Cebreiro coidouse sempre con moito mimo, ata o punto de que, este ano, "se tivese que botar para atrás moita xente",  que chamou para asistir con queixos doutros lugares,  "Tivemos que decirlle  que no había sitio", dixo o rexidor municial.
​
Non deixou de lembrarJosé Luis Raposo,  que é importante que axude o tempo, aínda que houbo anos que nevou e "tivemos unha gran feira".
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Gran Despensa-Real Abadía de Samos foi quinta e última queixería en inscrribirse na DOP Cebreiro
0 Comentarios

Venres Santo de requeixo e mel nas Neves

13/4/2017

0 Comentarios

 
Feira do Requeixo e do Mel das Neves / queixosdegalicia.com
A Sociedade Cooperativa Condado Paradanta promociona produtos e encontro na Feira do Queixo de Moeche 2017
O Concello pontevedrés de As neves ofrece este Venres Santo 20.000 racións de requeixo e mel, o principal reclamo da súa feira anual para promocionar ambos productos e que este ano entra na súa XXVI edición. Diversas actividades máis, formativas, deportivas, musicais e, por suposto, gastronómicas, completan a oferta.

Os miles de visitantes que se darán cita durante a xornada na capitalidade do municipio poderán degustar as coñecidas ´bolas' de requeixo, desde as dez e media da mañá ata as nove e media da noite, a un prezo de 1,5 euros.

Este requeixo, tal e como lembran o Concello a Sociedade Cooperativa Condado Paradanta, é un queixo fresco elaborado con leite enteiro de vaca e fermentos lácticos, sen sal, sen conservantes e sen colorantes, e que tradicionalmente se veu consumindo como sobrepesa, endulzado con azúcar ou con mel. Antano, como sucedeu con outros derivados lácteos, a produción deste requeixo foi doméstica, ben para consumo propio ou para a venda nos mercados e feiras da zona.

Andando o tempo, do seu papel de sobremesa, o requeixo das Neves foi dando paso outros usos culinarios, como a súa utilización na elaboración de pratos salgados.

O feito de que o produto non teña sal convérteo en especialmente recomendable para aquelas persoas que teñen problemas co cloruro sódico.

O requeixo das Neves preséntase en pequeñas bolas duns 80 gramos de peso. Antano, cando se adquiría no mercado, envolvíase nunha folla de berza, pero is tempos foron cambiando e o último é o o aséptico plástico transparente.  

Festa de Interese Turístico de Galicia
​
A deste venres, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, contará  como pregoeiro co afamado cociñeiro galego Pepe Solla, de Casa Solla, e que está entre os posuidores da ansiada 'Estrela Michelín'. Será ao mediodía.
​
A apertura da feira correrá a cargo do grupo de música e baile tradicional A Barca de Loimil. Pola tarde haberá actividades para os nenos e a intervención do grupo tradicional Ronco & Fol. Nos días previos á xornada central da feira, houbo obradoiros de cociña para nenos e maiores, a VI Ruta a BTT 'do Requesón' ou o concerto de Malveda.
0 Comentarios

O queixo, entre as 'estrelas' da agricultura ecolóxica

5/4/2017

0 Comentarios

 
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica / queixosdegalicia.com
Conselleira do Medio Rural e presidente do Craega na presentación dos resultados de 2016 da agricultura ecolóxica
O presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), José Antonio Fernández, presentou hoxe en Santiago, xunto coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o balance desta actividade no ano 2016,  que se resume nun incremento dun 36,5% das hectáreas certificadas, nun aumento do 25,3% das vendas e nunha facturación que chegou aos 41,7 millóns de euros. O sector do leite e dos derivados mantense como o máis destado, cos queixos como un dos principais atractivos.

Leite e derivados -queixos, iogures e manteguilla-, en efecto, están á cabeza do volume de negocio desta agricultura e incrementaron significativamente a súa facturación no período, cun 32,5% máis, co que se sitúa nos 13,2 millóns de euros.

Todo o ecolóxico ten, sen dúbida, un gran potencial de crecemento, así o sector da carne, con 6,8 millóns de euros en vendas,  medrou un 64,2%. É a segunda área de actividade en importancia, seguida das conservas de pescado, con 5,5 millóns  facturados e un avance do 32,4%.

Non desaproveitou José Antonio Fernández a presentación dos resultados do 2016 para recalcar que o fomento do consumo dos produtos ecolóxicos rematará tendo máis interés para os  galegos, porque son moi beneficiosos para a saúde e respectuosos co medio ambiente. Unha das particularidades desta actividade é que a metade do que se produce na Comunidade Autónoma véndese no exterior, tanto no resto de España como no estranxeiro.

As 'estrelas'

Os fabricantes de queixos acollidos  a día de hoxe no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica son Innolact S.L. (Castro de Rei/Lugo), que elabora queixo crema; Xosé Luis Carreira Valín (Palas de Rei/Lugo)  que prepara queixo Arzúa-Ulloa e iogurt natural; Avega-Cobideza S.A. (Agolada/Pontevedra), que fabrica queixo de barra, queixo redondo e queixo mini; Ganadería Casa Ángel S.C. (A Pastoriza/Lugo), que prepara queixo Tetilla, queixo patela, queixo freso, queixo San Simón e requeixo; Paolo Pietrunti/importador (Vigo/Pontevedra), que ofrece queixo Parmigiano Reggiano; e Antonio Carral Sucasas (Lalín/Pontevedra), que elabora queixo tipo país.

Obxectivo, seguir medrando

Segundo puxo de relevo na presentación dos resultados de 2016 a conselleira do Medio Rural, o obxectivo é impulsar un plan estratéxico para este eido produtivo, que rexistra un incremento sostido da superficie inscrita e dos operadores nos últimos anos.
Para iso, Ángeles Vázquez anunciou que a Xunta destinará 4,3 millós de euros para o plan de fixación da poboación no rural e para ampliar en 8.000 hectáreas a superficie adicada á producción ecolóxica.
Imagen
Cobideza, un dos produtores de queixos ecolóxicos, na Feira do Queixo de Friol e pan de Ousá deste ano
0 Comentarios

A Festa do San Simón pecha edición con récord de asistencia 

2/4/2017

0 Comentarios

 
XXIII Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
A ausencia de chuvia permitiu un notable incremento de visitantes este domingo a XXIII Festa do Queixo San Simón
A XXIII Festa do Queixo San Simón da Costa pechou este fin de semana edición cun resultados satisfactorios para os seus organizadores. O sábado rexistrouse un "éxito total", en palabras do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida, Daniel Pérez, co importante reclamo de varios cociñeiros, mentres que o bo tempo axudou tamén a que durante a xornada dominical acudise á capitalidade do municipio lucense de Vilalba moita xente, ata o punto de que posiblemente, se rexistrase nesta edición un novo récord de visitantes. Os datos definitivos coñeceranse esta semana.

Daniel Pérez siñalou que cada nova edición participa no encontro xente máis profesionalizada do sector da hostalería e expresou o seu agradecemento a todos os cociñeiros que usan o queixo San Simón da Costa na súa cociña. Tivo, ademais,  un especial recoñecemento nesta ocasión para un dos máis recoñecidos restauradores galegos, Pepe Solla.

O sábado, Paula, gañadora do Master Chef Junior 4, preparou un taller de cociña para nenos na Praza da Constitución, mentres que, as sete da tarde, Pepe Solla foi o encargado de ler o pregón. O domingo, ao longo de toda a mañá, sucedéronse as intervencións en directo de Toño Lorenzo (Restaurante A Faragulla)  e Iván Domínguez (Restaurante Alborada), que cociñaron  diversos platos co queixo San Simón da Costa  como materia prima destacada.  Mentres, os distintos postos de venta apuraban unhas vendas consideradas igualmente significativas.

"Camiño da recuperación"

Despois da subida das vendas de queixo no 2015,  o pasado año, os productores lograron un incremento do 1 por cento. Segundo  o presidente da Asociación de Queixos San Simón da Costa, Javier Piñeiro, a comercialización do queixodesta denominación  vai "camiño da recuperación" e  aínda que non se están producindo os resultados de hai unha década,  estase a crecer agora a un ritmo de entre o 3 por cento e o 5 por cento.  No que se refire ás vendas no exterior, con varios frentes abertos xa anos atrás, estase pondo en marcha agora un importante mercado en Alemania. 
XXIII Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Moitos asistentes levaron, ademais de queixo, as mellores receitas para cociñar co San Simón da Costa. Na foto, o chef Iván Domínguez
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia