Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Ulla': crú, artesanal, de sempre

25/10/2020

0 Comentarios

 
Leite Ulla / queixosdegalicia.com
Queixo fresco e queixo tenro, as dúas propostas de Leite Ulla, co río que lle da nome á fábrica ao fondo
Hai máis de cincuenta  anos que Gandería Louzao decidiu elaborar e vender leite, cunha explotación que puxo en marcha o bisavó de Manuel Carbia Martínez, o actual propietario, que -aínda que xoven- conta xa co apoio dunha nova xeración disposta non xa a botar unha man, senón a tomar o relevo no seu día. E do traballo e do esforzo das últimas décadas,  o proxecto inicial foise transformando en Leite Ulla, factoría da que saen desde hai uns dez anos queixos frescos e queixos tenros. Todo baixo o tradicional e grande paraugas do 'queixo país' e co selo do leite crú.

Cando Manuel Carbia tiña 17 anos e facía os estudos de Capataz Agrícola, apreciou nunha excursión que había explotacións que vendían directamente o leite aos paisanos, modalidade que apunta que "aquí non se sabía nin que existía". Houbo entón varios intentos de vender o produto e o proxecto púxose en marcha, coa instalación das primeiras máquinas expendedoras. Como reclamo, mentres se promocionaba esta modalidade comercial, elaboraronse algúns queixos que os consumidores tiveron oportunidade de degustar mentres enchían as súas botellas de leite ordeñado facía unhas horas, con todas a garantías e a prezos máis baixos que os que tiñan algúns leites no mercado.

E aqueles compradores de leite empezaron a demandar o queixo que degustaban como ocasional agasallo.  Unha vez que se comprobou que a produto gustaba e que podía ter futuro, comezou a súa fabricación, de xeito que hoxe, Leite Ulla traballa fundamentalmente na fabricación de queixos e "moi pouco" na produción e venda de leite. Hai dez anos que da factoría pontevedresa de A Estrada (na parroquia de Santeles)   saen derivados lácteos.

Queixos de sempre e crise

Non debe haber sector que non se vise afectado seriamente pola crise da covid -e tamén pola crise económica anterior- pero Manuel Carbia apunta que, con crise ou sen ela, a xente segue a comer queixo e "nós, de momento,vivimos disto", sinala. Aínda así, pon na balanza as horas de máis que hai que botarlle  no día a día, pero ironiza o produtor ao respecto que "cando eres autónomo trabállase o que faga falla, porque non hai problema".

En palabras tamén de do fabricante, os seus son "os queixos de sempre", os que facían os seus avós e, por suposto, artensais.  E se o leite que se vende é pasteurizado, o queixo que sae da fábrica está elaborado sempre con leite crú, tanto o fresco como o queixo país.

Segundo demanda, fanse pezas que van do medio aos tres quilogramos. A venda céntrase en pequenas tendas e en varios mercados. Co confinamento, no mercado dos Tilos (no coruñés concello de Teo) impedíronse as vendas, co que se pasou  a implantar na zona a modalidade do  'porta a porta'.

A idea desta empresa familiar  é a de asentar "algo que dea para vivir máis ou menos dignamente…, cando acabemos de pagar tamén", ironiza novamente Manuel Carbia  ao falar do endedebamento para afortalar o proxecto. Aínda que houbo apoios, incluídos os da Unión Europea, a inversión foi "brutal", xa que se empezou coa compra das  máquinas expendedoras de leite, algo moi caro e que non chegou a funcionar.

Afortunadamente, Leite Ulla, aumenta cada ano a produción láctea, que sobrepasa hoxe en día a transformación de 30.000 litros mensuais. Ao non traballar directamente co mundo da restauración, a crise non lle afectou tanto á factoría estradense, asentada fundamentalmente na filosofía dunha actividade que "permita vivir dignamente".

Leite Ulla móvese actualmente nun mercado que abarca "toda Pontevedra, de Vigo cara A Estrada, pero non cara ao norte". Está logo a zona de Santiago e hai un reparto tamén en Ourense.
​
Hoxe, esta fábrica merca leite e vende leite pasteurizado e queixo. Estivo tentada de facer 'Tetilla', pero fronte a un queixo cru, que a xente lle pide con 'ollos', na Denominación de Orixe Protexida non existe esa permisividade, co que o proxeto quedou aparcado.

Leite Ulla/ queixosdegalicia.com
Manuel Carbia transforma na súa fábrica, un mes con outro, máis de 30.000 litros leite
0 Comentarios

Desde Irixoa con Lácteos Bretón

4/10/2020

1 Comentario

 
Lácteos Bretón / queixosdegalicia.com
O fabricante, na Feira do Queixo de Arzúa, a única que se puido celebrar no que vai de ano pola covid
Lácteos Bretón está situada no municipio coruñés de Irixoa, no lugar de Mántaras, e leva máis de 30 años elaborando uns queixos que  está empresa  familiar non dubida en cualificar como artesanais, coa calidade como o seu activo fundamental. A empresa fundárona en 1989 os país de Natalia Bretón Roca, hoxe á fronte da queixería.

Elabora os seus produtos con leite pasteurizada, non conta con gandaría propia e aporta ao mercado uns 10.000 quilogramos cada mes, o que permite falar dunha pequena empresa, de carácter familiar.

Da factoría sae queixo freso, requeixo, queixo país e país curado e, ultimamente,  meteuse nun obradoiro de tartas de queixo. Un produto tan interesante como o requeixo ten neste -como noutros casos- unha demanda reducida e "as veces temporal", segundo Natalia Bretón.

Non deixa de ser unha mágoa que unha proposta coma esta se venda tan pouco, pese a que se trata dun derivado lácteo de gran tradición, que non desmerece dos mellores que se fan en Galicia e que ten, na pontevedresa festa do requeixo das  Neves e na coruñesa Festa do Requeixo da Capela dous claros referentes.

Un 'país' de ata dez quilogramos

Lácteos Bretón, que elabora queixo do país de ata dez quilogramos de peso, fai camiño de dous anos que estaba tamén no Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, pero desistiu,"non polos controis" senón "porque non compensa ter que cobrar a maiores polo mesmo produto",sinala Natalia Bretón.

O queixo madurado que fan é o mesmo que o queixo do país, pero cunha curación de oito meses como mínimo e que pode chegar a un ano ou ano e medio, dependendo da peza. 
​
Lácteos Bretón / queixosdegalicia.com
Mostra dalgúns dos produtos de Lácteos Bretón
1 Comentario
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia