Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

“Queremos chegar  á xente que lle guste un queixo máis intenso”

7/6/2016

0 Comentarios

 

​Daniel Pérez Pérez, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa

Daniel Pérez, presidente da DOP San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Daniel Pérez, diante dun dos mais grandes reclamos publicitarios do San Simón da Costa
A Denominación de Orixe  Protexida (DOP) San Simón da Costa indaga sobre a produción de queixos novos -mantendo normativas e calidades-  xeradores de sabores e matices distintos que poidan chegar a padales diferentes, ávidos de sensacións máis fortes que queixos doutras latitudes lles dan. Tamén  está a ollar a Denominación cara ao exterior, cada vez con máis intensidade. O presidente da Consello Regulador da DOP, Daniel Pérez Pérez, fala dun produto que ten aínda moito que aportar  nun amplo mercado exterior por descubrir.
 
Cómo foi o comezo da Denominación?
Foi duro. Había que facer unhas pequenas queixerías para dinamizar o e poñer producto no mercado e poder vender nas tendas,  seguindo a normativa europea, Entón, asumimos o reto sen saber moi ben como ía saír. Se funcionaría ou non. Cando unha inversión se fai diante desa incerteza, o medo é grande. E os recursos tamén escasearon, polo que foron momentos duros.

A decisión debeu ser radical?
Partiuse de facer dous ou tres queixos ao día nunha casa a traballar coa idea de que que as primeiras queixerías xa ían pensadas para facer corenta ou cincuenta queixos diarios.

Estes queixos afumáronse desde sempre con abedul?
Sempre, desde os abós dos abós…

Foi a solución definitiva para que o San Simón se conservase?
Claro. Antiguamente, para consevar o queixo que quedaba dunha feira para outra, alguén aportou a brillante idea de afumar o queixo para conservalo.

Estamos a falar dunha autonomía de conservación longa…
Si, de meses e meses.

Nunas boas condicións, pódese gardar un ano?
Ou máis, sen problema.

O de cortar o  San Simón da Costa por arriba a qué se debe, é unha moda?
Se o queixo é para moita xente e para acabalo no día, pois corte vertical. Senón, pódese cortar por arriba, como se soe dicir.

Nestas últimas feiras, unha queixería está a utilizar esa  cortadora que lle chaman os suizos girola,  imitando co San Simón esa sorte de bolboretas que eles fan co queixo Tête de Moine…
O noso é o coitelo e queixo para adiante, pero haberá que probar…

Cando se vai a San Simón da Costa, a parroquia onde comezou todo o proceso produtivo,   as queixerías non aparecen. Non hai carteis por ningún lado…ç
A cartelaría é a materia pendente. Suspenso, pero con nota moi baixa…, pero estamos niso.

Qué perspectivas hai para o futuro próximo?
Estanse a incrementar as vendas. A ver se a situación do país mellora e saímos desta dichosa crise e podemos continuar  co incremento das vendas,  porque queda moito mundo por coñecernos.  É un producto que ten moito que facer aínda.

E, fóra, como están as cousas?
Cada día véndese máis. O que pasa é que fóra, como sucede aquí, cando probamos unha cousa nova, leva un tempo darse a coñecer.

Cal é o voso plan para promocionar o queixo no exterior?
Traballamos en feiras ; temos unha vendedora que é a que  fai feiras internacionais e hai tamén misión inversas, de xente que nos visita.

E en novidades cara aos próximos anos, pode adiantar algo?
Moita xente da denominación, o que está tentando, é sacar queixos con máis maduración, con obxecto de poder chegar a máis sabores e á xente que lle gusta un queixo intenso.

Hai produtores de San Simón da Costa que fan tamén queixo de Tetilla; son competitivos?
Si, creo que somos catro ou cinco. A miña queixería, por exemplo, gañou a medalla de ouro na Cata deQueixos de Galicia.

E  que representa a feira anual do San Simón sobre as ventas anuais do produto?
Pouco. Hoxe podemos falar dun un ou un dous por cento. Antes era, ao mellor, o oitenta por cento...
​
Imagen
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia