Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Nove queixos galegos para unha táboa internacional

12/1/2018

0 Comentarios

 
World Cheese Awards / queixosdegalicia.com
De norte a sur, hai queixos galegos premiados no World Cheese Awards 2017
Nove queixos, nove, procedentes de seis fabricantes galegos, conforman esta excelente táboa de degustación internacional. A elección non é casual. Hai na cesta elixida un pouco de todo: ovella, vaca, cabra... Son sabores tan requintados como naturais, capaces de render os padales dos mellores especialistas. Á proposta deulle carta de recoñecemento hai nada o World Cheese Awards 2017. É dicir, aqueles que escollen entre milleiros, os mellores queixos do mundo de cada ano.

Non é preciso saír da comunidade autónoma galega para atopar queixos dun gran valor gastronómico, avalados sempre por miles de consumidores, peero convén ir coñecendo tamén como se traballa e como se avanza na produción de queixos que non sempre están a disposición do groso dos amantes do produto. É este o caso dos queixos de ovella O Balido, que obtivo nada menos que dúas medallas de ouro  o pasado ano na dita competición internacional.
​
Esta firma de Lalín, con gandaría propia desde marzo pasado, xa obtivo na edición desde mesmo certame unha medalla de prata en 2016. Era daquela o primeiro galardón para un queixo de ovella galego. Pero non houbo que esperar moito para novos recoñecementos, porque agora, son dúas as medallas de ouro as logradas. 

Queixos O Balido / queixosdegalicia.com
O emprendedor lalinense Santiago Navaza, con dous dos seus produtos máis prezados
E postos a debullar galardóns, Cortes de Muar gañou na exposición mundial de 2017 unha medalla de ouro e unha de plata; Queixos Touza Vella fíxose merecedor dunha prata e dun bronce; Queixerías Sarrianas volveu do certame cunha de plata; e para pechar, dous queixos máis que recoñecidos da denominación de orixe protexida San Simón da Costa, Queixería Casleiras e Queixería Catadoiro, que conseguiron senllas medallas de bronce.

Cortes de Muar, queixos para vivir
 A queixería Cortes de Muar, asentada en terras silledendes, é unha nova e novidosa fábrica que prepara queixos artesanais, cunha produción limitada, de leite de vacas que pastan libremente nas pradarías da zona. Do seu obradoiro saen propostas como 'Mimosa', queixo do país, suave e cremoso, feito con leite pasteurizado e premiado xa coa medalla de ouro no World Cheese Awards de 2014. 

Outro dos produtos, 'Marigold' é un queixo vello, feito con leite de vaca cru, madurado en pano, con manteiga de nata durante oito meses. Tamén hai neste último caso, un recoñecemento do World Cheese Awards, unha medalla de prata en 2013. E viñeron agora dous novos galardóns para os seus produtos, unha medalla de ouro e outra de prata. 

Queixería Cortes de Muar / queixosdegalicia.com
Cortes de Muar fai queixos como 'Marianne', con leite cru, que madura envolto en herba seca durante tres meses
Como Cabras
E hai nesta exclusiva canastra internacional galega a presenza doutros novidosos productos, como os que aporta a Cooperativa Como Cabras, con centro de produción na localidade ourensana de Castro Caldelas.  Os que pidan estes queixos de cabra deberán aportar a referencia Touza Vella. Trátase dun queixo artesán de pasta prensada, elaborado con leite cru da propia cooperativa, o que aporta o maior control sobre a trazabilidade e a calidade do produto. Os animais críanse en réxime de corte  aberta e pastan en liberdade.
​
O resultado é un artesán graxo, cunha curación de cando menos dous meses, capaz de engaiolar o xurado dun certame tan prestixioso, con produtos elaborados que presentan unha cortiza enmohecida natural, sen tratamento químico, que contribúe á formación de sabores e aromas moi especiais, que se traduciron nunha medalla de plata e unha de bronce no World Cheese.

Cooperativa Como Cabras / queixosdegalicia.com
Promoción dos queixos Touza Vella en A Capela (A Coruña) , meses antes do dobre recoñecemento no World Cheese
Unha prata para Queixerías Sarrianas

Tampouco é Queserías Sarrianas novata nesta importante proba, xa que recibiu en 2014 un galardón do Word Cheese Awards, cunha distinción polo seu queixo de Tetilla. O xurado concedeulle agora, en 2017,  unha medalla de prata ao seu queixo curado de ovella.

Entre outras propostas, esta empresa lucense presenta, a través de 'Quesar', queixos de Tetilla, Gouda, graxo de vaca, barra de vaca/cabra, barra Edam, de vaca/cabra, semicurado e queixo curado. Na proposta 'San Salvador', teñen os amantes do producto queixo de barra, queixo madurado de vaca e queixo Tetilla, e a través da marca 'Q-Sana', leite condesada enteira.

A máxima desta empresa lucense, fundada en 2003, e ofrecer productos de "óptima calidade" combinando tecnoloxía avanzada e a mellor das propostas da tradición artesanal do agro galego.

Queixerías Sarrianas / queixosdegalicia.com
Queixerías Sarrianas, con dez propostas nas marcas 'Quesar' e 'Salvador' , tivo unha prata polo queixo curado de ovella
Casleiras, tradición, innovación e alta calidade como lema

No reparto de galardóns de 2017 está igualmente a Queixería Casleiras, do municipio lucense de Vilalba. Está fábrica defende con éxito nos seus productos da denominación San Simón da Costa propostas respectuosas con medio natural, tradición, innovación e, en definiva,  alta calidade como lema.

A queixería, que ten na exportación un dos seus principais activos, conseguiu no certame unha medalla de bronce.
​
Queixería Casleiras / queixosdegalicia.com
A Queixería vilalbesa Casleiras, engadiu ao seu bo facer unha medalla de bronce no World Cheese Awards
Catadoiro repite o bronce de 2006
A queixería Catadoiro de Vilalba está tamén entre os galardoados cos premios do concurso mundial.  Nesta ocasión, obtivo un bronce na categoría de queixo afumado curado de leite de vaca.
​
 E xa logrou o mesmo recoñecemento no ano 2006. Para e empresa, distincións como a que acaba de conseguir non fan senón darlle folgos para seguir mellorando nunha calidade que, dito sexa de paso, xa ten máis que demostrada.
 
Queixería Catadoiro / queixosdegalicia.com
A Queixería Catadoiro xa foi recoñecida cos premios do World Cheese no ano 2006, e repite agora con outro bronce
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia