Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Friol volve esgotar existencias na súa XXV Feira do Queixo

27/3/2017

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Friol / queixosdegalicia.com
Ás tres da tarde, con todo o queixo vendido, os visitantes cambian de escenario, é hora de xantar
O municipio lucense de Friol volveu esgotar un ano máis existencias  na Feira do Queixo do Queixo e Pan de Ousa,  nunha nova edición que encetou o primeiro cuarto de século na proxección duns produtos claves para a economía do concello,  e que tivo tamén para a ocasión importantes novidades, como a celebración do '1º Friulio'. É está última unha actividade que se desenvolveu o sábado 25 de marzo e que organizaron as Asociacións Castrexas e Romanas. A idea: recrear os modos de vida, as costumes e as crenzas de ámbalas dúas culturas.

Pero o domingo, día 26, como ven sendo xa tradición, antes incluso de que se procedese ao peche da carpa do recinto feiral no que se ofertan os queixos e o pan que se fai en Friol, non quedaba nada que poder mercar. Foron, segundo as estimacións iniciais do concello, 10.000 queixos e 3.500 peas de pan a venda.

Para quen chegou a última hora en busca dos produtos locais, non faltaron postos de venda nos arredores, cunha ampla oferta de pan e queixo de distintos puntos de Galicia, boas propostas, de queixos artesanais da zona de influencia, e pan de toda a Comunidade Autónoma.

O mesmo que o ano pasado...
Pero quen queira vir a Feira de Friol  para facerse con queixo e pan do municipio, debe ter en conta que hai que chegar en tempo, antes de que o grande reloxo da praza dea, baixo a carpa que se monta para ocasión, as dúas tarde. Incluso media hora antes, empezan a escasear xa os produtos.

Chegando ás tres, xusto cando se consumou xa o traslado  dos visitantes a locais ás instalacións feirais para repoñer forzas,  colle folgos o polbo a feira, a carne ao caldeiro, a  braseada que recende  desde os arredores e, se acaso, un queixo traballado desde un aperitivo ou entrante,  ao complemento nun prato,  á quintaesencia nunha receita culinaria, ou presentado nunha sobremesa grandiosa. Niso parece que están os que traballan nestas amalgamas culinarias. O queixo está cada vez máis presente e soprende cada vez máis. E, as veces, como en Friol, o que chega tarde...

Feira do Queixo de Friol / queixosdegalicia.com
Fóra da carpa na que se ofertan os queixos locais, e posible adquirir outros da comarca, moi variados, como os que expón esta vendedora, con medio ano de curación
0 Comentarios

4.000 visitantes na II Feira do Queixo de Moeche

26/3/2017

1 Comentario

 
II Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Vendéronse máis de 2.400 quilogramos de queixo, cunha facturación de 18.500 euros, incluida a venda de pan e mel
A II edición da Feira do Queixo de Moeche pechou este domingo con preto de 4.000 visitantes e unhas importantes vendas. que se traducen en máis de 2.400 quilogramos de queixo e 18.500 euros de factuación, na que se inclúen pan e mel. Son os primeiros datos aportados polo  concello do municipio coruñés, impulsor do encontro. Afortunadamente, non choveu é a asistencia incrementouse en arredor de mil persoas en relación coa pasada edición.

A xornada de exaltación do queixo local contou coa asistencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, interesada na promoción e potenciación do producto, segundo destacou a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, quen recoñeceu  que varios impedimentos obrigaron a facer o feiral o 26 de marzo,  coincidindo coa Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá.  O obxectivo e evitar que isto volva suceder, programando  no futuro a actividade para o segundo ou o terceiro domingo de marzo.

O balance da primeira edición da Feira do Queixo de Moeche foi, en palabras da alcaldesa, "magnífica", ao rexistrarse unhas vendas duns 15.000 euros de vendas en queixos, "nunha pequeña vila como esta". O balance é bo porque  "este ano pasamos de doce produtores  a vinte", dixo. Os postos de venta foron trinta nesta segunda edición.  

A alcaldesa apostou por facer unha feira centrada fundamentalmente no queixo, ofertando ademais  actividades para que as familias poidan pasar "un día agradable", tendo en conta tamén produtos de horta, pero "sen mesturar moito", porque se pode convertir nunha feira de moitas propostas nas que "o queixo poida quedar un pouco agochado", dixo.
​​
Novidades
Entre as novidades deste ano, destacou a cata de catro queixos, cun viño, a un prezo de tres euros, guiadas por mestres queixeiros.  Presentouse tamén un queixo azul e outro afumado de Lácteos Moeche, sen olvidar a ampliación de obradoiros infantís, para facer un postre de queixo ou un disfraz de cociñeiro, tratando de darlle importancia a que os pequeños se poidan  ir integrando en todo o relacionado co mundo gastronómico. En contra do que cabería esperar, polas incidencias dos últimos días, tamén funcionou o domingo o Tren do Queixo. Houbo igualmente un concurso de receitas doces e salgadas, coa participación fundamentalmente, de xente do concello.
II Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
O feiral incrementou número de visitantes e de queixerías, sen olvidar novos reclamos como as catas
1 Comentario

Moeche oferta máis de 20 produtores na súa II Feira do Queixo

14/3/2017

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
O Concello de Moeche impulsa a Feira do Queixo en colaboración coa Deputación da Coruña
O municipio coruñés de Moeche celebra o vindeiro domingo 26 de marzo a súa II Feira do Queixo, unha aposta que resumen os seus impulsores na aposta polo queixo local e polos novos valores innovadores, "no mundo do queixo e da calidade do queixo artesán", resaltan.

Esta nova edición conta cun notable aumento de fabricantes de queixo en relación co feiral do pasado ano, e hai novidades tamén que o Concello, organizador do evento, sinala que se irán coñecendo nos próximos días. A piques de pechar a inscrición, son xa 28 os produtores que confirmaron a súa asistencia, 21 deles de queixo, catro de pan e tres de mel.

Todos elles exporán os seus produtos na nave do recinto feiral, onde se poderán atopar queixos moi variados, grasos, frescos, tetillas, queixos curados, semicurados, queixo azul..., cun amplo abano no que se inclúen os queixos de Moeche e da Comarca, fabricantes de poboacións como Arzúa, Cuntis, ou do Courel. E non faltarán tamén, para atender a outros padales, queixeiros de León, ou de grandes países produtores como Francia, Suiza ou Italia.

A feira abrirá ás súas portas ás dez da mañá e permanecerá aberta ata as cinco da tarde. Ao longo destas sete intensas horas, celebraranse desgustacións e presentacións das máis recentes novidades na produción do queixo do país.

A xornada dominical acollerá a actuación do grupo de  musica tradicional Encrucillada e, ao longo do día, desenvolveranse obradoiros infantís de mañá e tarde, que terán como remate un espectáculo protagonizado polo Mago Charlangas.

Concurso de receitas
Haberá tamén un concurso de receitas de queixo, con dúas modalidades: receitas salgadas e doces, que se deberán presentar o mesmo  26 de marzo, antes das 11,30 horas. Para os interesados, as bases pódense consultar na web municipal.

Lembra tamén o Concello que se contará de novo para a ocasión cos establecementos hosteleiros , ofrecendo na xornada festiva pinchos elabobrados partir de queixo de Moeche. E estase a xestionar a organización con FEVE do 'Tren do Queixo', unha proposta que tivo na feira de 2016 unha importante acollida. 
Imagen
0 Comentarios

Friol, capital galega  do 'Queixo e do Pan' 

9/3/2017

0 Comentarios

 
Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Un ano máis, as propostas da feira,van moito máis alá dos mellores produtos locais
O municipio friolense estrea cuarto de século na proxección de dous dos seus mellores produtos no plano gastronómico, o pan e o queixo. Trátase dunha proposta que, segundo recalcou alcalde do municipio, José Ángel Santos,  avanza en prestixo e que "consegue duplicar  e mesmo triplicar" a poboación local durante a súa celebración, actuando como "o maior polo de atracción" de visitantes cos que contan estas terras lucenses.

E con motivo, precisamente, destes primeiros 25 anos de celebración da Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, haberá importantes novidades, a primeira delas o '1º Friulio", organizada pola Asocación de Recreación Histórica A Castronela, baixo a promoción do concello,  impulsor do feiral. Desenvolverase o sábado, 25 de marzo.

A proposta supón un encontro entre as Asociación Castrexas e Romanas vinculadas á recreación histórica, coa colaboración das asociacións culturais de Friol espalladas por todo o municipio.  Trátase, deste xeito, de recrear os modos de vida, as costumes e as crenzas de ámbalas las dúas culturas. E ademais de asociacións de Lugo non faltarán outras de terras foráneas, como a asociación celtibérica 'Tierra Quemada', de Soria.  

A feira, o 26                          
E na xornada dominical, como é tradición, celébrase a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, que se moderniza e se adapta aos novos tempos, en palabras do rexidor municipal, sen perder a súa esencia. Son estes dous produtos que se poñen a venda o día 26 , artesanais, que compartirán espazo feiral con outros moitos da gastronomía local, provincial e galega, como é a novidosa produción de pizza e dunha hamburguesa  baseadas no queixo friolense, dúas propostas da Cadea Galipizza. Pero hai moitas máis propostas.

En breve síntese, as estimacións falan de 10.000 queixos en exposición  e dunhas 3.500 pezas de pan á venda. A carón ca carpa principal, para previr as posibles incremencias do tempo, está a caseta municipal, onde os asistentes, a partir da unha da tarde,  poderán degustar de balde os dous principais productos do concello, acompañados dun viño.

E algo a ter en conta para os condutores de automóbiles, as rúas Deputación e Santa Isabel pecharán ao tráfico, xa que estarán destinadas á montaxe de pulperías e tendas ambulantes. Ademais, para facilitar o aparcamento, habilitaranse as instalacións do Mercado Municipal, así como as rúas do polígono industrial. 
​
Feira do Queixo de Friol / queixosdegalicia.com
As mans van ao pan, ao queixo...
0 Comentarios

Arzúa-Ulloa 2017: queixo e música casan ben

5/3/2017

0 Comentarios

 
42Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.comA réplica da estatua da 'Queixeira de Arzúa', de García Blanco, foi fotografada a fin de semana por centos de visitantes
Un ano con outro, a Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa pecha cunha asistencia que se resume en arredor de 40.000 visitantes. Foron  tres días de convocatoria, nos que o produto máis destacado da comarca tivo unha proxección especial neste primeiro fin de semana do mes de marzo. Pero o queixo, que se degusta ata  os últimos momentos do feiral, é tamén introducción e argumento  para  múltiples actividades máis. Moitas, cunha significativa repercusión económica pero, se acaso, a máis acaída, por multitudinaria, está na música, boa, en directo e de balde.

Para Ramón Roldán, responsable da coordinación xeral do encontro, as previsión de asistencia van no camiño de superar a participación, nunha edición que se estrou cunha gran carpa no festival músical, e con novidades diversas como a asistencia de participantes do mundo da cociña de sobra coñecidas polos galegos  e valoradas con estrelas gastronómicas 'Michelín'; medallas de ouro no 'Word Cheese Awards',e con máis de 50 expositores de queixo e un total de 70 expositores complementados con outros productos de alimentación e gourmets.

Os afeccionados  ao mundo gastronómico, contan cunha nova e completa páxina web (festadoqueixo.org), onde son poucas as dúbidas que poden quedar sen resolver.

Para a ocasión, este fin de semana acudiron ao feiral 15 queixerías das 21 que están adscritas á denominación de orixe, xunto coas seis queixerías de Produción Láctea Tradicional (PLT) que cumpren a normativa oficial para ofrecer un queixo artesán, de produción limitada, que leva unha etiqueta que indica a orixe e a trazabilidade do produtor.

Arzúa-Ulloa está consolidada como a segunda denominación de orixe en vendas do queixo español, só  detrás do queixo manchego. O ano pasado certificáronse 3,4 millóns de quilogramos, o que convirte á denominación na primeira en producción en queixo de vaca.

A 'queixeira' máis grande do mundo
Ramón Roldán quixo agradecer moi especialmente a colaboración de todos os que traballaron voluntariamente na festa deste ano, que se implicaron na elaboración da "queixeira máis grande do mundo", que contou coa participación de 212 persoas, cun molde traballado en 3D, no que se empregaron máis de 2.500 horas. A 'queixeira' pesa 730 quilogramos e precisou para a súa elaboración 7.500 litros de leite.

Recalcou Ramón Roldán que "estamos ante a peza escultórica máis importante do mundo" , cunha marca que estaba ata agora en 719 quilogramos. Haberá que esperar, agora, a que a peza madure ata un prazo que estará entre maio e xuño, para unha gran degustación.
​
Datos para 2016
Para o presidente da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, Xosé Luis Carrera Valín, a "comunión" entre á música e o queixo que cada ano se oferta no feiral, resulta "moi interesante". Na súa opinión,  estase a dar unha certa "alegría"  en materia de consumo e a xente está máis disposta a mercar.
​
Os datos oficiais para 2016  falan de arredor de 3,5 millóns de quilogramos, uns 20.000 quilogramos máis que o ano pasado. Hai na Denominación de Orixe  21 queixerías inscritas, con 1.450 gandeiros e una facturación  por enriba dos 20 millóns de euros. 

42 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Foron moitos os expositores de queixos que esgotaron existencias ao peche do feiral
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia