Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Palas de Rei, tres días de festa para promocionar o Arzúa-Ulloa

24/4/2015

0 Comentarios

 
Pincho gañador Palas de Rei / queixosdegalicia.com'Un celta na terra da Ulloa', pincho gañador
A vila luguesa de Palas de Rei celebrou do 17 ao 19 de abril a XXIV Feira do Queixo Arzúa-Ulloa, un encontro moi concurrido que se correspondeu cun significativo número de vendas do producto,  e que tivo como principal reclamo na xornada do venres  o concurso de tapas, no que participaron  unha ducía de hostaleiros da localidade.

O sábado 18 de abril, ademais da emisión el directo do programa 'Aquí Galicia', da TVG, e a actuación de dúas orquestas con motivo da promoción turística do municipio, ofrecéuse na Praza do Concello, as oito e media do serán, unha degustación de queixo e produtos da zona, para rematar cun concerto as dez da noite na Praza de Galicia.

O recinto feiral abriuse o domingo as dez da mañá e as doce  e media deu o pregón o ex conselleiro e ex senador Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, que converteu a súa intervención nun acto de recoñecemento das queixeiras ulloanas.

Á unha da tarde procedéuse ao nomeamento dos membros da Encomenda do Queizo da Ulloa, co ingreso nesta ocasión, ademais do pregoeiro, do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e do responsable do grupo García Baquero, Miguel Ángel García Baquero. Todos eles, como leva aparellada a distinción, comprometéronse a defender e degustar o queixo Arzúa-Ulloa sempre que teñan ocasión.

Concurso de pinchos e tapas

Tamén o domingo, á unha e media da tarde, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do concurso de pinchos e  tapas. A pulpería Casa Camiño foi o establecemento gañador do concurso, que organizou a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa , como acto complementario ao feiral.

O pincho, denominado 'Un celta na terra da Ulloa' foi o merecedor da puntuación más a elevada do xurado, que estivo formado polos profesores do Instituto de Educación Secundaria de Foz Conchi Carreiras Vizoso e Juan Luis González Rivero, pola cociñeira María Pampín Penas, por Divina Agra Soengas en representación do Concello de Palas de Rei, e polo xerente do consello regulador, Óscar Pérez Ramil.

O segundo posto foi para 'Porco, pataca e mel', da Parrillada Ponterroxán, mentres que en terceiro lugar quedaron os 'Buñuelos de queixo Arzúa-Ulloa con xarope de fresa e golpe de canela', do Albergue Buen Camino.  

Os doce establecementos de hostalería da vila de Palas de Rei que participaron, elaboraron as súas creacións con queixo cedido gratuitamente polo consello regulador.

Este feiral celébrase cada ano de xeito rotativo polos tres concellos lucenses amparados pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa Ulloa, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla.

0 Comentarios

Un queixo San Simón da Costa "inconfundible, incrible"

8/4/2015

0 Comentarios

 
XXI Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Os visitantes da Festa do Queixo de San Simón da Costa, en plena degustación en busca do preferido
A viguesa Inés Abril, cociñeira do restaurante Maruja Limón, e concursante do programa Top Chef, foi a encargada de pronunciar o pregón da XXI Festa do Queixo San Simón da Costa, no que ademais de valorar a súa "versatilidade", falou dun produto "inconfundible",  cun sabor e una textura que o convirten nun queixo "incrible".

E tal e como sinalou tamén durante os días de feiral o presidente da Asociación de Queixeiros da Chaira, Javier Piñeiro, Maruja Limón non desaproveitou a ocasión para falar da importancia de consolidar novos mercados.

O principal obxectivo da feira do queixo de San Simón da Costa e dar a coñecer o queixo e colocalo nun lugar preferente no mundo da gastronomía, da restauración e da hostalería, afondando nas posibilidades que ofrece o mercado español, no que, segundo Javier Piñeiro, queda aínda moito por facer", e sen olvidar os destinos internacionais.

De feito, Queixeiros da Chaira e o Consello da Denominación de Orixe Protexida están a traballar nun proxecto de internacionalización do queixo chairego, co obxecto de dinaminar e promocionar a exportación en destinos como o europeo, o asiático ou o amerciano, xusto alí onde poida resultar máis atractivo.

Tapas con queixo

Xunto co pregón do sábado, outra cociñeira, Ana Roca, participante neste caso no Master Chef Junior, foi a encargada de desenvolver un obradorio de cociña infantil no que os participantes prepararon tres tapas nas que o queixo San Simón da Costa foi o ingrediente fundamental.

Durante a mesma xornada entregáronse  os premios do V Concurso de Carteis de San Simón e celebrouse tamén unha poxa benéfica a favor de Cáritas de queixos con 14 meses de cura.

No fin de semana tamén se celebrou o concurso de tapas de Don Simón, no que participaron máis de 40 hosteleiros.

Un 90 por cento de vendas

Como foi habitual nas festas do queixo celebradas este ano en Galicia, o bo tempo permitiu unha gran asistencia de púbico, cun bo número de vendas xa ao longo do sábado no  feiral de Vilalba.  

Ao peche das actividades do fin de semana,  as oito queixerías que acudiron á festa do queixo -Daniberto, Prestes, Fontelas, Don Gabino, Don Crisanto, Catadoiro, Casleiras e Valado- lograron vender arredor dun 90 por cento  do produto, aínda que no recinto poideron mercarse outras variedades de queixos procedentes de Holanda ou dos Alpes ou doutros lugares moito máis próximos como o municipio asturiano de Taramundi.

As once queixerías que forman parte da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa certificaron o pasado ano un total de 397.941 pezas de queixo (bufóns incluídos) cun volume de negocio de máis de 2,5 millóns de euros.
Feira do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Miles de visitantes achegáronse ao recinto feiral ao longo do fin de semana
0 Comentarios

Queixos que "valen moito máis do que piden por eles"

6/4/2015

0 Comentarios

 
Festa do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Os asistentes ao feiral disfrutaron dunha soleada xornada que animou as vendas
Festa do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.comAs queixerías Marques de Cernadas, Castelo e Santo André aportaron os 2.000 queixos do Cebreiro á venda
Houbo nesta nova edición da Festa do Queixo do Cebreiro máis postos de venda que nunca, xa que ademais da nave principal da feira, que cada ano acolle tanto os queixos da Denominación de Orixe Protexida como outros productos gastrónomicos con indicativo de calidade, abriuse una carpa de mil metros cadrados que permitiu albergar os postos artesáns.

E pola rúa que cruza a vila e nos arredores, faltaba espazo para novos postos, polo que un ano  máis, os que chegaron despois do mediodía, tiveron que dar máis dunha volta e tiveron que aparcar en moitos casos nas aforas.

A una da tarde, tal e como estaba previsto, a encargada de dar o pregón este ano, a xornalista Pilar Cheda, referiuse ao queixo do Cebreiro como o resultado "dun xeito de estar na terra"  e tivo palabras de recoñecemento para o esforzo que a diario teñen que facer os habitantes desta parte da montaña luguesa onde aseagurou que vivir "exige un sobreesforzo" non só xa para deseanvolver as actividades do día a día a día, senón para poder acceder aos servizos en pe de igualdade con outros moitos lugares.

Por iso, non dubidou en reclamar un reparto de medios que lle permita ás xentes da montaña manter "una vida digna", entendida, fundamentalmente como un dereito, reclamando compensacións para situacións de desvantaxe que como neste caso se producen entre a poboación do rural.

Non desaproveitou tampouco a ocasión a xornalista para invitar aos asistentes a visitar as casetas e consumir a adquirir productos do país, un dos mellores xestos que en pleno feiral se podía facer pola actividade económica da zona. 

E claro, defendeu tamén os queixos da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, dos que veu a significar que "valen moito máis do que piden por eles". Desde logo, este produto moi valorado xa no século XVIII, no que este produto chegou a venderse nas cortes de Lisboa.

Tal e como recolle a propia páxina web da denominación de orixe,  os Reis Católicos, Carlos III ou Isabel de Portugal foron algún dos monarcas que se sabe documentalmente que coñeceron o queixo do Cebreiro, un produto que "no século XVII era o cuarto máis caro do mundo" pero que en 1989 só se fabricaba para autoconsumo.

Hoxe, este manxar, tal e como sinalaba hai uns días o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, un dos promotores da feira, "é un producto que se quita das máns", polo que non dubida en sinalar que na Denominación de Orixe Protexida aínda caberían máis queixerías e máis queixeiras .

0 Comentarios

San Simón da Costa: queixos con moitos e recoñecidos fumes 

2/4/2015

0 Comentarios

 
Festa San Simón da Costa 2015 / queixosdegalicia.comCartel da Festa do Queixo San Simón da Costa
Os vindeiros 4 e 5 de abril celébrase no municipio lucense de Vilalba a XXI Festa do Queixo de San Simón da Costa, un acontecemento que vén precedido este ano pola concesión, á Denominación de Orixe Protexida, do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

O galardón recoñece, entre outros valores, que un grupo de produtores fosen  quen, hai un cuarto de século, de recuperar este produto, cuxo recoñecemento non fai agora máis que medrar.

Para pór en valor un novo ano este queixo da Terra Chá, o sábado 4 de abril, ábrese o feiral, ás 11 da mañá, permitindo aos visitantes disfrutar dos productos artesanais e gastronómicos da contorna.

Ás cinco da tarde, a concursante  do 'Master Chef Junior' fará un taller de cociña para nenos, na Praza da Constitución, previa inscrición o mesmo día, unha hora antes.

O pregón correrá a cargo da concursante de 'Top Chef' Inés Abril, ás sete da tarde. Posteriormente farase a entrega dos premios aos gañadores do VIII Concurso de Tapas, así como aos gañadores do V Concurso de Carteis.

O domingo, o recinto feiral estará aberto das dez da mañá ás tres da tarde.

0 Comentarios

2.000 quilogramos de queixo para celebrar a Feira do Cebreiro

2/4/2015

0 Comentarios

 
Festa do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Visitantes na pasada edición da Feira do Queixo do Cebreiro
A apertura do recinto feiral de Pedrafita está prevista para ás nove e media da mañá, hora na que empezarán a atender aos visitantes os postos de venda. Estarán abertos ata onde chegue a oferta  dos 2.000 queixos da denominación que se poderán mercar.

Como cada ano, non faltarán as propostas musicais, coa intervención, a partir das once da mañá, da charanga Madialeva de Sarria. Ás doce será a hora do baile rexional, coa intervención dos grupos de baile e música da Asociación Cultural Xistra de Pedrafita. O pregón chegará a unha da tarde, da man da xornalista Pilar Cheda. Esta festa gastronómica congrega cada convocatoria a miles de persoas.

O encontro presentouno o pasado 1 de abril na capital lucense o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, acompañado pola vicepresidenta da Deputación Provincial, Lara Méndez, polo presidente da denominación de orixe, Enrique Fernández, e pola coordinadora do feiral, Susana García.

Segundo destacou o rexedor municipal, a feira permite a exaltación do produto, para uns visitantes que sen dúbida saben valoralo e que contan hoxe en día con canles moito máis axeitados que antaño para demandar e dispor destes queixos todo o ano.

Aumenta a produción
Pola súa banda, Lara Méndez resaltou que apostar por este tipo de iniciativas é facelo pola creación de emprego nos pequenos concellos, algo que contribúe tamén á fixación da poboación no rural.

As vendas do queixo do Cebreiro, que se incrementaron un 30% nos últimos anos, xeraron no último ano rexistrado nas estatísticas (o 2013) unha produción de prácticamente 30.000 quilogramos, cun valor económico estimado de 236.936 euros. Eran daquela catro as queixerías. Nesta ocasión acuden as tres incluídas na denominación.
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia