Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Os mellores queixos galegos para este Nadal

24/12/2019

0 Comentarios

 
queixos galegos para o Nadal / queixosdegalicia.comImagen
Cebreiro, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Tetilla: queixos galegos para as festas do Nadal
Hai cinco ou seis décadas -cando algúns mariscos hoxe tan cobizados como caros se puñan nos bares a puñados como reclamo de balde para acompañar os  chiquitos e as purrelas de barril- o Nadal  transcorría coma un ensaio gastronómico xeral, no que aparecían na mesa as mellores e máis variadas viandas. Calidade e cantidade. E para os amantes de peixes e carnes, íase incorporando unha terceira vía: a do marisco, que a tradición evitou que nalgúns casos non chegase a ser monográfico no 24 pola noite ou na fin de ano. E nese ensaio xeral, estaba e segue a estar o queixo. Daquela, como sobremesa, esperaba ocasión omnipresente, a 'tetilla', o 'patelo', de ganchete sempre co marmelo. Casualidade ou non, hai uns días, chegaba a referencia dos mellores queixos galegos para 2020, e tamén a dos marmelos.

Galicia,  sen deixar de lado cantidades, mantén esas 'calidades' que este mesmo ano faguerán que peche con máis de cinco millóns de visitantes. E rematou exercicio coa XXII Cata de Queixos, que se celebrou nesta ocasión no moañés Pazo de A Toxeiriña (Pontevedra).

Deste xeito -nestas datas, nas que se valora especialmente o bo labor do mundo de fabricantes e  produtores- os queixos galardoados estarán en moitas mesas, empezando polos que obtiveron o máximo galardón:  Queixería don Crisanto (ouro na Denominación de Orixe Protexida -DOP- Tetilla); Arquesán, de Agrodespensa S.L. (ouro na DOP Arzúa-Ulloa); Queixos Castelao de Brañas (ouro na DOP Cebreiro); e Queixerías Prestes (ouro na DOP San Simón da Costa). Dentro da DOP Arzúa-Ulloa, na variedade de curado, o quinto e último 'ouro' foi para Arqueixal.
​
Houbo, xa que logo, outros múltiples recoñecementos de prata e bronce para produtores de cada unha das catro Denominacións de Orixe Protexida, con frecuencia gañadores en pasadas edicións de primeiros premios como os dos afortunados deste ano que, sen dúbida, incrementarán vendas. Os mellores queixos da tempada xa están nos andeis de tendas e supermercados. ¡A desfrutalos!.
 
Premio Don Crisanto Tetilla / queixosdegalicia.comImagen
Queixaría Don Crisanto, 'ouro' na DOP Tetilla
Imagen
Arquesán, ganadora do premio de ouro pola DOP Arzúa-Ulloa
Premio Queixería Prestes / queixosdegalicia.comImagen
Queixos Castelo acumula un premio de ouro máis polo seu 'Cebreiro'
Premio Queixería Prestes / queixosdegalicia.com
Queixería Prestes, ganadora dun 'ouro' pola DOP San Simón da Costa
'Ouro' para Arqueixal / queixosdegalicia.com
Arqueixal ganou o premio de ouro polo seu Arzúa-Ulloa curado
Ganadores Cata de Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Foto de familia dos ganadores da XXII Cata de Queixos de Galicia e XVIII Cata de Meles
0 Comentarios

'Galmesano', queixo galego distinto

15/12/2019

0 Comentarios

 
Queixería Galmesano / queixosdegalicia.com
A Queixería Galmesano elabora en Arzúa (A Coruña) un produto sen referentes en España
Os fabricantes do queixo 'Galmesano' pasan por seren ser hoxe en día os únicos do Estado  que elaboran o produto coa súa propia técnica, co que non se encadran en ningunha denominación. Trátase dun queixo curado (semigraxo, de longa maduración) de pasta dura cocida, cuxo proceso de elaboración se desenvolve totalmente no concello coruñés de Arzúa (Lugar de Teiraboa s/n). Faise  partir do leite de  vacas en réxime de pastoreo seleccionadas pola propia queixería. Empregan unha fermentación indirecta de elaboración, xa se ten como norma non traballar con fermentos industriais.

Outro aspecto importante do proceso de fabricación é que traballan cun secadoiro propio, con temperatura e humidade controladas. Teñen un afinador que fai volteos e cepillados e o periodo de curación é dun mínimo de 12 meses, aínda que pode acadar os 24 meses.
Unha nota característica máis deste queixo e que leva ata 16 litros de leite por quilogramo. É, polo tanto, moi láctico, cunha codia natural, sen ningún tipo de parafina nen recubrimento artificial, senón que é o mesmo produto o que vai armando a capa e súa protección. Tampouco hai salgado directo, senón por salmoira, en balsas, durante un período de quince días.

Versatilidade

Polo demais, desde que sae da queixería e chega as mans do consumidor, preséntase como un queixo moi versátil que tanto se pode presentar en táboas, acompañando a un manchego, ou a  outros queixos galegos e mesmo a outros de factura internacional.

E as posibilidades que ten na cociña son moi importantes. Funciona como queixo para fundir, raiar, grellar,para traballar con  pastas, risottos, ensaladas, como aperitivo e mesmo en postres. No que refiere á relación cos viños, mantén amplamente a maridaxe, e vai ben con brancos e tintos galegos.

O 'Galmesano' reforza a marca en Galicia e  está abrindo mercados tamén fóra da Comunicade Autónoma, como por exemplo en Asturias e Bilbao -en proxección pola zona do norte español- con incursións ademais en Castela e León, Cataluña, Madrid, na zona da Costa do Sol e incluso en varios países extranxeiros.

Elaboración, calidade e prezo

Este queixo está feito de forma artesanal Os seus custos de elaboración, as materias primas empregadas -en cantidade e calidade- e a súa longa maduración, fan que o quilogramo ande arredor dos 24-25 euros. E consumidores consultados coinciden en que paga a pena.
O fabricante traballa moito con establecementos especializados, tendas gourmets, charcuterías e, por suposto, co canal Horeca.

Son queixos artesanais, con pezas que rondan doce quilogramos, dos que se sacan logo ás cuñas que se poñen a venda en tendas, supermercados e nas propias feiras dos queixos galegos, con prezos, segundo tamaño que poden ir entre os sete e os doce euros.
​
É este un queixo que se conserva -enteiro- entre os oito e os catro graos e, unha vez aberto, envolveito en plástico fino de cociña  no frigorífico. O consumo preferente dos queixos que saen de fábrica de 18 quilogramos é de sete meses -consumo preferente, que non caducidade, resalta Alvaro García, do departamento comercial de 'Galmesano'.

O produto
​

A empresa que fai o queixo 'Galmesano',  recolleu o labor desenvolvido pola queixería La Arzuana, retomando a elaboración dun queixo duro de pasta cocida que xa facían os anteriores fabricantes. Séguese o labor tradicional dos queixos de pasta dura cocida prensada que se preparan en países como Francia, Italia ou Holanda. Non hai esa tradición en España, polo que para os amantes do queixo é unha boa oportunidade para coñecer un producto moi especial, que lle da variedade, prestancia e valor engadido ao todo o que xa se fai en Galicia.
Queixería Galmesano / queixosdegalicia.com
Álvaro García, do departamento comercial de 'Galmesano', promociona este queixo arzuano na coruñesa feira anual de Moeche
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia