Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

O San Simón da Costa pecha feiral coa nota máis alta

7/4/2024

0 Comentarios

 
Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.comFoto
O éxito de público conxugouse tamén co incremento das vendas

G.S.L.

A XXVIII Festa do Queixo San Simón da Costa tivo, posiblemente, o mellor ano. O tempo axudou esta fin de semana en Vilaba e os visitantes contáronse por milleiros, de tal xeito que se o sábado sorprendeu xa a asistencia, este domingo -ao peche da edición- as expectativas volvíanse superar. E como noutras feiras do queixo galegas, a xente veu para desfrutar pero tamén para mercar. Camiño das dúas e media da tarde, pouco antes do sorteo  de cestas dos produtos das sete queixerías locais asistentes,  quedaba patente tamén o éxito de vendas.  

Aínda que á espera dos datos oficiais definitivos, todo apunta a que festa desta fin de semana foi a máis concurrida desde que se celebra, segundo as primeiras impresións do secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (CRDOP) San Simón da Costa, Ángel Ramil, ou do presidente da Asociación de Fabricantes, Javier Piñeiro.

As queixerías sinalan que as ventas foron nesta edición moi importantes, xa que tal e como recoñece Javier Piñeiro, "a xente , sobre todo, vén comprar" e "ninguén se vai sen un queixo". Indica neste sentido que o feito de que haxa moita xente non significa, necesariamente, que haxa moitas vendas,  pero nesta caso "hóuboas", asegurou.

Recuperación

As vendas, debido á pandemia, experimentaron unha baixada, pero agora estase producindo unha recuperación plena, tanto no mercado nacional como no internacional. De feito, as estimacións  falan dun incremento de arredor do 15 por cento en 2023, no que as nove queixerías desta denominación de orixe rexistraron unha produción de 610.000 pezas e unhas vendas por valor de cinco millóns de euros.

Nos dous últimos años, polos efectos da pandemia e do desproporcionado encarecemento das materias primas, a suba estivo entre os tres e catro euros. Pero o San Simón segue a manter uns prezos moi competitivos. Así, este domingo, a tradicional peza dun quilogramo de peso estaba entre os 15 e 18 euros, o 'bufón' chegaba ata os dez euros e o San Simón de larga curación ata os 20 euros.

A recuperación chegou tamén o ano pasado ás vendas internacionais, e  a principios de 2024 "incluso se está a vender máis", con arredor dun 5% de suba, aínda que o incremento global triplica a referida porcentaxe. 

Foto
Queixería Don Crisanto, ganadora de diversos premios nos últimos meses, en plena faena este domingo na festa do queixo

Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.comFoto
Probando de posto en posto, ata a decisión final (na foto,Queixeria Prestes)

Foto
Queixo e mel, a proposta de Don Gabino para a ocasión

Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Queixería Casleiras prepara unhas rosas de queixo co San Simón da Costa
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia