Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queinaga, dobrete de ouro na Cata dos Queixos de Galicia

17/12/2022

0 Comentarios

 
Premios Cata dos Queixos de  Galicia / queixosdegalicia.comFoto
Os premiados nas catas de queixos e meles de Galicia deste ano pousan para a foto de familia no pazo de Quián

​A.S.Rocha

A entrega de galardóns da Cata dos Queixos de Galicia e sempre motivo de festa, para os agasallados, que ven premiado o seu esforzo, e tamén para os consumidores. Estes últimos terán  nos vindeiros meses a excelente oportunidade  de facerse con pezas dalgún dos fabricantes  que os expertos determinaron que son os mellores. Nesta ocasión, Queinaga (Curtis, A Coruña), tivo nada menos que dúas medallas de ouro, cadansúa para os queixos que elabora, o Tetilla e o Arzúa-Ulloa.  O acto desenvolveuse o venres 16 de decembro no pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón/A Coruña), onde tamén se entregaron os galardóns aos mellores meles de Galicia.

Na cata previa analizáronse 43 mostras de 30 queixerías. Na denominación Arzúa-Ulloa, o ouro -como queda dito- foi para Queinaga; a prata para Pazo de Anzuxao; e o bronce para Bo-Queixo. Arqueixal recibiu o ouro na modalidade de Arzúa-Ulloa curado. Na denominación San Simón da Costa, Catadoiro acadou a distinción de  ouro e Prestes a de prata. Na denominación QueixoTetilla Queinaga volveu repetir ouro; a prata recibiuna Pazo de Anzuxao e, o bronce, Daniberto. Por último, a medalla de ouro para a denominación Cebreiro recaeu en Queixos Castelo de Brañas.

A Cata dos  Meles de Galicia recoñeceu co galardón de ouro a Meles J. S., no apartado de multiflorais; a prata correspondeulle á marca Manuel Sande e o bronce foi para a Horta das Colmeas. Nos meles monoflorais, os premios recibíronos O Trobo (ouro), El colmenar de Sara (prata) e Meles J.S. (bronce).

A entrega presidiuna o conselleiro do Medio Rural, Xosé González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) , Xosé Luis Cabarcos, e polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Xosé Balseiros.

Aposta por Galicia Calidade

O titular do Medio Rural falou no acto da aposta por Galicia Calidade e lembrou o labor dos 25 años da marca, indicando que a sección específica Galicia Calidade Alimentaria englobará productos alimentarios con excelencia recoñecida, incrementando a súa promoción.

Dixo tamén que a  Xunta destinará no próximo ano 5,5 millóns de euros para apoiar a presenza dos productos agroalimentarios en feiras nacionales e internacionais. Tamén se fomentarán os ciclos curtos, a través de soportes como Internet, salientando que xa funciona no mercado dixital destas producións,  "Experiencias de calidade". Tamén continuará o apoio  ao  labor de promoción dos consellos reguladores dos distintos selos de calidade, incluidas as denominacións de orixe protexida dos queixos Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro, e da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

No mesmo ámbito da promoción, Xosé González falou da recente celebración da segunda edición da mostra Galicia Etiqueta Calidade e lembrou a relevancia da futura Lei da Calidade Alimentaria como panca na que se asentará a produción de proximidade, sa e sustentable, que sempre identifica Galicia no ámbito gastronómico. E aludiu tamén á Lei de Recuperación da Terra Agraria, que dixo que xa está a mobilizar máis de 9.300 hectáreas en toda a comunidade mediante ferramentas moi ligadas á valorización da calidade dos produtos, como son as aldeas modelo e os polígonos agroforestais.
​
Carmen Vázques e Xosé Luis
Carmen Vázquez Novo, propietaria de Queianga, acadou unha medalla de ouro para o seu Arzúa-Ulloa e outra para o Tetilla. Xunto a ela, Xosé Luis Carreira Balín, impulsor de Arqueixal, que gañou outro ouro polo seu Arzúa-Ulloa curado

Imaxes da entrega de distincións da XXV cata dos Queixos e da XXI cata dos Meles
0 Comentarios

Os mellores queixos galegos: listos para sentenza

10/12/2022

0 Comentarios

 
XXV Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.comFoto
XXV Cata dos Queixos de Galicia

QdeG
​
Disque o queixo, o galego, é para todos os días. E hai quen di -hoxe mesmo, sen ir máis lonxe- que unha xornada con outra cae unha xenerosa ración, cando remata a actividade laboral. É un exemplo que se repite. O queixo está omnipresente nos fogares galegos, así como os sabores do leite procesado e transformado  nun produto de referencia ao que cada vez se lle presta máis atención. Para quedar coa mellor peza, compren todos os sentidos. Degustar é a clave. Todo isto virá feito nos vindeiros días para os neófitos.

 Para dar co mellor, hai que prestarlle máis interese ao que transmiten os queixos, polo sabor direto nas papilas gustativas, polo arrecendo non menos intenso e importante que lle chega ao narís -vía pituitaria amarela- ou por todo o que entra polos ollos, que falan de matices, de cores, tamaños, estructuras, interioridades (como os ollos da peza ou a súa consistencia).

Todos os descritos son aspectos clave para converter a un consumidor nun amante dos queixos. Pero, como máis se aprende, é accedendo ás mellores elaboracións. Porque bos, hoxe por hoxe, son todos. Deste labor encargáronse hai nadiña unha ducia de especialistas, na XXV Feira dos Queixos de Galicia.

Con isto, a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), volverá premiar a excelencia do sector, en colaboración cos consellos reguladores das catro denominacións de orixe dos queixos galegos (Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro).

Así que, previsiblemente, antes do Nadal, poderemos desfrutar dos mellores queixos do país da campaña 2022. Darannos o traballo feito.

Apuntes  e conclusión

E, se acaso, dous apuntes; un de grande interese: a importancia de "pasear" o queixo logo de comelo. E o segundo, un dos últimos datos do consumo de queixo (de 8,2 quilogramos por persoa e ano en Galicia. No conxunto do Estado, a media  está nos 7,8 quilogramos).

Pero hai que quedar cunha gran conclusión: sempre, sempre, o queixo, despois de comelo, hai que "pasealo". Palabra de médico. 
​
XXV Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Salomé Beiroa, en plena cata

Certificación e 'experiencias de calidade' para os doce catadores, da man do director da Agacal, José Luis Cabarcos
XXV Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Foto de familia dos participantes na XXV Cata dos Queixos de Galicia
XXVCata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
A cata rematou cunha comida no santiagués CIFP Compostela
0 Comentarios

Os mellores queixos, "en breve"

1/12/2022

0 Comentarios

 
Xosé Luís Cabarcos Corral, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Cata de Queixos de Galicia / queixosdegalicia.comFoto
O director da Agacal, Xosé Luís Cabarcos, na clausura da cata de queixos deste ano

QdeG

Hai que supervisar, contrastar e confirmar datos sobre a cata dos queixos de Galicia deste ano - dos queixos e dos meles, claro, que van felizmente unidos desde hai xa unhas décadas-. Os catadores veñen de facer  o seu traballo, despois de tres días de análise. O control dos datos e as conclusións dos analistas hai xa tres anos que se procesan dixitalmente. O papel, a goma de borrar e o lápis van quedando atrás. "En breve", en palabras do director da Axencia Galega  da Calidade Alimentaria (Agacal), Xosé Luís Cabarcos, coñeceremos cales serán os gañadores. Se non hai contratempos, antes do Nadal, teremos a oportunidade de regalar ou seguirnos entregando ao desfrute dun dos máis espectaculares sabores gastronómicos galegos. Agora, con ese plus de calidade que aportan os mellores do ano.

Pregunta.-Péchase unha nova edición da cata dos queixos e meles de Galicia, que balance se pode facer desde a Xunta de Galicia?

Resposta.- O primeiro balance relevante é contrastar e confirmar a importancia do queixo na economía do sector primario e os éxitos acadados. Na clausura da cata comprobamos unha parte deses éxitos na calidade que amosaron, pero tamén podemos confirmar que está a ser un sector capaz de estar resistindo moi ben todas as problemáticas que hoxe vivimos. Co cal, digamos que é un caso de éxito onde, ademais da oitava rexión europea en produción de leite, como é Galicia, está demostrando  unha capacidade para xerar valor engadido dentro do territorio e xerar riqueza nun produto tan  significativo como son os nosos queixos.

P.- O 81% das queixerías galegas acudiron á cata deste ano. Que indica esta porcentaxe e ese 19% que non acudiu a competir?

R.- Indica que cando nós fixemos a convocatoria amosou interese en participar nestas catas esa cantidade de produtores. Dos que quedan fóra non podo opinar, pero si convidalos a que en próximas convocatorias poidamos contar con eles. Por que aquí, o que nos interesa é non xa escoller o queixo coa categoría de ouro, senón poder contrastar ano tras ano que as calidades están mellorando e que estamos tendo unha maior potenciación dos nosos produtos, e que se están facendo ben e conforme aos regulamentos que marcan os respectivos consellos reguladores.

P.-  Cando coñeremos os gañadores, en breve, antes do Nadal?

R.- Si, case con toda seguridade, será en breve.

P.- Como estamos os galegos en consumo de queixo entre os españois?

R.- Non temos datos de consumo, xa que nós parámonos nos datos de produción e na parte de valor engadido do territorio, pero o que si podemos contrastar é que os produtos certificados englobados no sector do queixo están tendo datos moi bos, e crecendo. 
​
Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Hai xa tres anos que os datos da cata dos queixos de Galicia contrólanse dixitalmente
Cata dos Queixos de Galicia/ queixosdegalicia.com
Un momento de descanso na cata dos queixos deste ano
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia