Na súa intervención, a titular de Medio Rural, destacou os datos de facturación das 72 queixerías galegas amparadas baixo os consellos reguladores, que produciron en 2014 máis de 5.000 toneladas de queixo, cun valor económico estimado de máis de 31 millóns de euros.
No acto entregáronse tamén os premios da XIV Cata dos Meles de Galicia, un producto que rexistrou o ano pasado unha produción amparada pola Indicación Xeográfica Protexida superior aos dous millóns de euros.
Ángeles Vázquez sinalou que “dende a Xunta traballamos para aumentar o valor engadido dos nosos produtos facilitando a súa capacidade de exportación”.
Engadiu que, para iso, “estamos a contribuír na organización colectiva dos agricultores, incentivando a relación territorial da produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas, particularmente a través da promoción de cadeas curtas de comercialización e do apoio á investigación, innovación e desenvolvemento de novos produtos agroalimentarios”.
Prestixo, dificultades e carencias
Recoñeceu que malia o prestixo que teñen os produtos galegos nos mercados e entre os consumidores, o sector produtor agrario ten importantes carencias e dificultades estruturais que lles dificulta o acceso aos mercados”. Dixo ademais que a pequena dimensión empresarial e a falta de integración son os factores que máis limitan o seu acceso aos mercados nacionais e internacionais dunha forma competitiva. "Por iso, é fundamental desenvolver actuacións para promover a comercialización dos produtos agroalimentarios galegos”, argumentou.
Nesta liña, asegurou a conselleira que se lle vai dar máis pulo ao Plan especial de promoción agroalimentaria para acometer as accións promocionais directamente executadas pola Consellería do Medio Rural, como campañas publicitarias, asistencia a feiras, organización de distintos eventos como catas de viños, de augardentes, de queixos, etcétera, e tamén as que realizan directamente tanto os Consellos Reguladores como as asociacións sectoriais.
Na cata de queixos da presente edición participaron 68 mostras, nove máis que na edición de 2014. Das 68 mostras, 28 corresponderon á Denominación de Orixe Protexida Queixo (DOP) de Tetilla, outras 28 á DOP Arzúa-Ulloa, nove á DOP San Simón da Costa e tres á DOP Cebreiro.
RELACIÓN DOS PREMIADOS
XVIII CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA – 2015
D.O.P. QUEIXO TETILLA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DANIBERTO” – Daniberto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “TERRA DE MELIDE”– Lácteos Terra de Melide, S.L. (Melide – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “MOECHE” – Lácteos de Moeche, S.L. (Moeche - A Coruña)
D.O.P. ARZÚA-ULLOA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “PAZO ANZUXAO” – Lácteos Anzuxao, S.L. (Lalín - Pontevedra)
4º POSTO E DIPLOMA: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “ARQUESÁN”– Agro Despensa, S.L. (Touro – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “ARTELAC” – Antonio Ferreiro Ferreiro (Antas de Ulla – Lugo)
D.O.P. ARZÚA-ULLOA CURADO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARRAL” – Queixería Barral, S.L. (Arzúa – A Coruña)
D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DON CRISANTO” – Crisanto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “PRESTES” – Queixería Prestes, S.L. (Vilalba – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “CASLEIRAS” – Queixería Cas Leiras, S.L. (Vilalba – Lugo)
D.O.P.CEBREIRO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “CASTELO” – Castelo de Brañas, S.L. (Pedrafita do Cebreiro – Lugo)
XIV CATA DOS MELES DE GALICIA 2015
CATEGORÍA A: MELES MONOFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
CATEGORÍA B: MELES MULTIFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARBANZA MEL” Abelleiros Fidosa, S.L. (Porto do Son - A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “O TROBO MEL DO VALADOURO” – María Fe Sixto Pernas (O Valadouro – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “MEL DE MONFERO” Josefa María Durán Casal (Monfero - A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “MEL O TESTEIRO” – María Munín Taboada (Lalín - Pontevedra)
5º POSTO E DIPLOMA: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
6º POSTO E DIPLOMA: “MEL DO SALDOIRO” – Antonio Gómez Tapia (Lalín - Pontevedra)