Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Os mellores queixos do ano

29/11/2019

0 Comentarios

 
Cata dos Queixos de Galicia / queixos de galicia.comImagen
O xurado cualificador, nunha anterior Cata dos Queixos de Galicia
​Unha vez máis - cara final do ano- está en marcha unha nova edición das Catas Oficiais  dos Queixos e Meles de Galicia, para premiar os mellores de cada unha destas áreas produtivas, tradicionalmente ligados as sobremesas e agora, afortunadamente, cada vez máis valorados, consumidos e utilizados no tan amplo como variado mundo da gastronomía.

A XXII Cata dos Queixos de Galicia comezou onte xoves  e rematou hoxe no santiagués Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Compostela. Participaron 36 fabricantes, que aportaron un total de 61 mostas das catro denominacións de orixe protexida (DOP), ás que se poden acoller moitos dos queixos que se elaboran na Comunidade Autónoma (DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón da Costa e DOP Cebreiro).

Na edición do ano pasado, participaron 59 queixerías, con total de 70 mostas. Polo tanto, menos fabricantes nesta ocasión e menos referencias sometidas ao criterio do xurado calificador para acceder aos primeiros postos. Os galardoados serán sen dúbida, dos preferidos no 2020 a hora de escoller marcas e referencias nos andeis de tendas e supermercados.  

As mostras

No proceso de recollida, os queixos e meles participantes identifícanse cun número de mostra que, posteriormente, se muda por outro antes de proceder á cata, garantindo así de maneira fidedigna o anonimato das mostras en todo momento. As caixas que conteñen os queixos e os meles non portan ningunha marca que permita ser identificada e permanecen precintadas e custodiadas ata o momento de cada cata.

No tocante aos queixos, as mostras presentadas distribuíronse da seguinte forma: 26 queixos inscritos da DOP Queixo Tetilla; 18 queixos na categoría DOP Arzúa-Ulloa; e seis queixos que compitiron como Arzúa-Ulloa curado; nove pertencentes á DOP San Simón da Costa e dúas  queixerías na categoría de queixo fresco da DOP Cebreiro. No caso dos meles, participaron 20 industrias que inscribiron 14 referencias para concursar na categoría “A” de Meles Monoflorais e 18 para a categoría “B”, correspondente a Meles Multiflorais.

O panel da cata

O panel da XXII Cata dos Queixos contou coa presenza de cinco membros do panel de cata de Medio Rural, aos que se sumaron nomes como o de Iria Espinosa, xefa de cociña do laureado Árbore da Veira, galardoado cunha Estrella Michelin. Tamén estivo Isabel Marcos, responsable técnica e de calidade no Consello Regulador da DOP Cabrales, e Artur Yuste i Tarragó, director xeral do Grupo Cuevas, unha das maiores plataformas loxísticas de distribución alimentaria desde 1867. Entre os persoeiros máis mediáticos, súmanse a química coruñesa e divulgadora científica, protagonista de Órbita Laika —La 2 de TVE—, Deborah García; e unha das caras máis coñecidas da Televisión de Galicia; e o presentador de Larpeiros, Adrián Díaz. Sen saír da Compañía de Radio Televisión de Galicia, tamén participou Anxo Vázquez Pernas, director dos primeiros programas televisivos especializados en información agraria da Labranza e do Agro. Por último, exerceu tamén como catador Francisco J. Fernández Eiros, experto en análise sensorial de produtos lácteos e membro do panel de cata da APLTA.

No que respecta á XVIII Cata dos Meles, ademais dos catro membros do panel de cata da IXP Mel de Galicia, incorporáronse tres profesionais máis. Dunha banda, o xornalista e profesor universitario, Manuel Gago, coñecido tamén por ser o director do portal de divulgación do Consello da Cultura Galega e editor do blog Capítulo 0 (as súas publicacións converteno en todo un referente no ámbito da divulgación histórica, gastronómica e cultural). Acompañaronno Ana Pascual Maté, coordinadora académica do Grao de Nutrición Humana e Dietética da Universidade Isabel I de Burgos e membro do grupo de análise sensorial da IHC -International Honey Commission-. Por último, participou tamén a televisiva Teresa Abalde, fotógrafa e interiorista, máis coñecida por acadar a segunda posición no 'talent show culinario MasterChef'.
Imagen
A Cata de Queixos de Galicia reúne todos os anos un nutrido grupo de especialistas
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia