Este queixo, segundo conta Enrique Fernández Paradela, artífice, xunto coa súa familia, da marca, é algo no que "cremos" e a que "cada un veu aportando o que puido" ao longo destres anos.
É esta a única queixería da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro que utiliza o seu propio leite para a produción dun queixo que a ninguén que o probase se lle escapa que é moi singular .
Da fábrica de Baralla saen nos últimos anos una media de 24.000 quilogramos de queixo. Como no caso doutros produtores do Cebreiro, trátase dunha produción pequeña. As expectativas son as de seguir medrando á media que o mercado o vaia permitindo, porque a granxa de gado da que dispón Marqués de Cernadas permite que unha parte da produción de leite se venda sen elaborar. Dispoñen, en total, de 120 vacas, todas ellas de raza frisona.
Esta marca, ten como particularidade que vende todo o seu produto exclusivamente entre a gran distribución, de xeito que, sinala a Enrique Fernández, que se pode encontrar en todas a grandes áreas comerciais, con carácter permanente.
O 'tirón' da Feira do Queixo do Cebreiro, de carácter anual, non é ningún segredo, conta cun gran poder de convocatoria, e se o tempo axuda, como nesta última edición, "moito mellor", apunta Enrique Fernández, quen non oculta que as vendas son importantes en cada unha destas convocatorias.