Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

O 'Peregrino', un queixo feliz

29/2/2020

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
A Casa Grande de Xanceda estrea este domingo na Festa do Queixo de Arzúa un 'paso de vaca'; algo se move no mundo ecolóxico
A Casa Grande de Xanceda ( no lugar do mesmo nome s/n, en  Mesía, A Coruña) e moito máis que un centro no que se elaboran e se venden con éxito diariamente produtos lácteos dunha contrastada calidade e un alto valor ecolóxico. Aquí fanse ao longo do ano ecovisitas para particulares, grupos e colexios, e pódense revivir fermosas historias e aventuras que paga a pena descubrir. As sorpresas da granxa ecolóxica están aseguradas, para pequenos e maiores. Daquí saen iogures de diversos sabores, bífidus, sirtaki, kéfir, Ele Casei, xeados de iogur, de kéfir, de chocolate ou manteiga, xunto co queixo 'Peregrino' e o queixo 'Cremoso', todo co selo ecolóxico,  e dicir, sen aditivos, producidos de xeito sostible e de animais que saen pastar todos os días.

 Para a fabricación do queixo 'Peregrino' e do queixo 'Cremoso', emprégase leite fresco e ecolóxico de vacas que desfrutan da herba das pradarías, un proceso natural que se repite e que ten por obxecto mellorar unha experiencia que ten como fin último a boa vida dos animais, que se persegue que sexan felices. O resultado é un leite cada vez mellor, máis rico.

Os produtores pasteurizan o leite obtido, engándenlle fermentos e callo e, en menos dunha hora, obteñen leite callado, que se axita ata obter o gran desexado. Lávase logo a masa, e pásase a outra cuba, onde se lle quita o soro e prénsase. Logo, a masa córtase e moldéase a man. Despois, os queixos prénsanse durante varias horas. Ven logo o desmoldado dos queixos, que se bañan en agua con sal (salmoira)  durante varias horas, para darlle intensidade ao sabor.

Agora, a madurar

Por tres meses, os queixos ecolóxicos maduran ata acadar o grao de maduración perfecto.  As últimas tres semanas cubrense con cebada ecolóxica, o que lles aporta unhas caraterísticas organolépticas únicas.

E deste xeito, destaca o fabricante, que é como se está a recuperar unha antiga tradición, a de curar o queixo en cereal, como facían os peregrinos ao longo do Camiño de Santiago. É por isto polo que lle chaman ao queixo desta granxa ecolóxica 'Queixo do Peregrino'. Antigamente, os peregrinos  cubrían os seus queixos con cebada para conservalos en perfecto estado ao longo do traxecto a Santiago de Compostela. É esta á unha tradición que se rescata agora, madurando un queixo ecolóxico completamente cuberto de cebada ecolóxica.

A cebada non só axuda a conservar o derivado lácteo, senón que tamén lle aporta aromas únicos. A maduración esixe moito traballo, posto que se debe mover e darlle a volta dentro da propia cebaba cada dous días.

Nos 65 días de maduración respéctase o desenvolvemento natural dos mofos sobre a cortiza, que axudan a desenvolver todos os aromas e froitos que están neste peculiar e exquisito queixo. As indicacións do fabricante para a súa conservación  falan de mantelo en frío entre 1 e 8 graos.

Todo o proceso de maduración  faise respectando sempre os microorganismos naturais que se forman na capa de cobertura dos queixos, o que os converte en queixos con cortiza natural.

O queixo 'Cremoso' ecolóxico

Trátase dun produto moi alto en proteínas, pero que ten só a metade de graxa que os queixos cremosos tradicionais. Di o fabricante que se pode consumir en calquera momento do día, con acompañantes doces ou salgados. Para o almorzo, para xantar, para facer petiscos, para a repostería e tamén,como non, para cociñar.  Tratase tamén dun queixo elahorado con leite 100% ecolóxico.

Onde atopar os produtos

Hai moitas tendas especializadas e supermercados onde se poden comprar os produtos que ofrece a Casa Grande de Xanceda: El Corte Inglés, Eroski, Froiz, Gadis ou Hipercord, ser ir máis lonxe. 
Queixo 'Peregrino' / queixosdegalicia.com
O queixo 'Peregrino' - que cortado nunha 'girolle' multiplica o seu especial sabor- poderase degustar este domingo na Festa do Queixo de Arzúa
0 Comentarios

Arzúa: un queixo e un cantar

22/2/2020

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
O pasado xoves presentouse en Santiago a 45 edición da Festa do Queixo de Arzúa
Na cima do cartel, o 'Arzúa' -con 55 queixerías e 45 edicións-, e como proposta de trago longo  para acompañar, 'Tequila' a esgalla -a de Ariel Rot, iso si, remozada, por mor dos tempos-. E, por suposto, como alternativa á combinación gastro-musical, unha quintaesencia patria dun folk tradicional con reminiscencias celtas:  'Luar na Lubre'. E para pavillóns auriculares igualmente variados,  refinados e exquisitos: 'Novedades Carmiña', 'Ladilla rusa', 'Baiuca' ou 'El Capitán Elefante'. Se acaso, para morrer de éxito, só faltaría -despois daquilo 'dun bico e unha flor' ou 'dun libro e unha flor' -o dun queixo 'Arzúa' e un disco compacto da mellor música do país.  O 29 de febreiro e o 1 de marzo vólvese celebrar a Festa do Queixo de Arzúa.

Esta festa gastronómico-festivo-musical  arzuana presentouse unha vez máis, en loita contra o tempo, o pasado xoves, 21 de febreiro.  Contactos, prezos, contratos, participacións, reclamos, propostas, concursos, xurados, decisións…, desembocan nunha cita na que, un ano con outro, caen pola capitalidade do municipio uns 40.000 visitantes.

A unha semana do encontro, quedan patentes varias mensaxes importantes,  unha a sinalada polo alcalde  do municipio coruñés, José Luis García, para quen a programación da festa é unha aposta reivindicativa da riqueza do rural. Outra, a crecente proposta da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa de impulsar o consumo do queixo entre os máis pequenos, acudindo á chamada dos centros docentes que o soliciten.

E tamén está a importancia de apostar por unha Festa do Queixo con raíces,  unha aportación que para a ocasión trae Luar na Lubre que, en palabras dun dos seus fundadores- Bieito Romero-, inclúe un festival de referencia, que evolucionou positivamente e que ten moito futuro. Non falta, tampouco, o labor de Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa para impulsar un concurso de tapas e de petiscos, que achegan ao público arzuano sorprendendes traballos de cociña nas cafeterías, bares e restaurantes da localidade, todos elaborados co queixo de referencia, que cede gratuitamente a DOP.

Esforzo económico e outros obxectivos

Xunto co gran esforzo económico que supón celebrar un feiral destas características, o concello, organizador do evento, restalta aspectos tan importantes como que dentro do recinto non haxa ningún queixo sen rexistro sanitario nin etiqueta. Argumenta tamén que  a colaboración con entidades educativas  do entorno é enriquecedora, ou que  nos plans de futuro desenvólvese unha estratexia para chegar aos máis pequenos, con propostas como o 'Pequenoqueixo' o 'Chess¬cheesse' ou outras actividades en coordinación con distintos departamentos do concello.

É moi significativa tamén a campaña municipal de concienciación do papel fundamental dos homes na erradicación do machismo. E no plano musical, a promoción de músicos locais como prioridade. Todo, para seguir mantendo unhas pautas orixinais que non se deben perder, en palabras do rexedor municipal.

Novidades

No que se refire ás novidades desta edición, os organizadores din que haberá máis expositores que nunca, con 78 en total dentro recinto feiral, dos que 55 serán queixerías.

Tamén se realizará unha acción especial en colaboración coa casa Xanceda, pintando un paso de vaca nunha rúa da localidade, o que se quere interpretar como un paso máis na visibilización da reivindicación do mundo rural.

E como algo igualmente reivindicativo da riqueza do rural, está a pregoeira da festa deste ano, unha actriz cuxa elección non foi só polos seus premios, senón por todo o que representa e a súa cativadora presenza: Benedicta Sánchez. 
​
Festa co Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Coincidindo coa Festa do Queixo de Arzúa, pintarase un paso de vaca nunha rúa da localidade, en colaboración coa Casa Grande de Xanceda
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia