Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Dous 'Crisantos', un 'Castelo', un 'Anzuxao', un 'Arqueixal'…

24/11/2023

0 Comentarios

 
Catas de Galicia 2023 / queixosdegalicia.com
Os gañadores da XXVI Cata dos Queixos e da XXII Cata dos Meles posan cos seus galardóns no santiagués Hotel da Quinta da Auga

​A.S.Rocha

Ata última hora non se soubo  o lugar da entrega dos premios da XXVI Cata dos Queixos, nin da XXII Cata dos Meles. Foi este mediodía no santiagués hotel da Quinta da Auga, e actuou como mestre de cerimonias o conselleiro do Medio Rural, Xosé González. Os gañadores absolutos foron a Queixería vilalbesa Don Crisanto (polo seu 'Tetilla' e o seu 'San Simón das Costa'), Queixos Castelo das Brañas (polo seu 'Cebreiro'), a Queixería lalinense Pazo de Anzuxao ( polo seu 'Arzúa-Ulloa') e Arqueixal, (por un 'Arzúa-Ulloa' curado , elaborado por Xosé Luis Carreira Valín en Palas de Rei).


Houbo máis galardóns e, no Queixo 'Tetilla', a Queixería Barral, de Arzúa, recibiu o trofeo de prata; e Queixerías do Eume, das Pontes de García Rodríguez, obtivo un 'bronce'. O reparto rematou cun trofeo de prata para a Queixería Queinaga (Curtis) e outro de bronce para Barral, nos dous casos polos seus 'Arzúa-Ulloa'.

Na Cata dos Meles, na categoría multifloral, o premio de ouro foi para 'O poder das flores' (Javier Carreiras Cuadrado) e na de meles monoflorais para  'Meles J.S. (Souto Vivo C.B. /mel de eucalipto).

"Evento de referencia"

No acto, o conselleiro do Medio Rural cualificou este consurso de catas como "un dos eventos de referencia" para productores e envasadores da comunidade e, "por suposto, tamén", para os consellos reguladores de queixos con denominación de orixe galega e para a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Campaña de promoción

Xosé González presentou a campaña de promoción 'Os  Catro Grandes de Galicia',  que dixo que "busca fomentar o consumo dos queixos galegos con certificación de calidade nestas datas".  A campaña, que conta cun investimento da Xunta de 400.000 euros, comeza este domingo, e desenvolverase nun cento de medios de comunicación de ámbito local, provincial, autonómico e estatal.

Falou tamén dunha maior proxección das liñas agroalimentarias galegas, coa fin de salvagardar a súa calidade. Ademais, dixo que hai a previsión de investir máis de 4,7 millóns de euros en axudas para os consellos reguladores en materia de funcionamento, control de calidade ou comercialización dos seus produtos.

Resaltou o impulso da calidade, a investigación, a excelencia e a comercialización dos produtos galegos cara ao futuro plan de actuacións, xunto co Plan Apícola Galego - que se porá en marcha en 2024-  ou a futura Lei de Calidade Alimentaria de Galicia -en trámite parlamentario- da que sinalou o conselleiro que "permitirá asentar a produción de proximidade, san e sostible, e de calidade, vencellándoa ao mesmo tempo á recuperación e mobilización da terra".

Menú degustación

A entrega de premios de hoxe  rematou cun menú degustación elaborado con produtos das Denominacións de Orixe Protexidas, Indicacións Xeográficas Protexidas, Artesanía Alimentaria e Agricultura Ecolóxica de Galicia. Cos premios no peto para uns, as excelencias gastronómicas retiveron a moitos asistentes  ata a sobremesa, que tamén a houbo.
​
Camiño do Nadal -amparándose no labor dos catadores- seguro que no maxín de moitos amantes dos queixos galegos soarán con máis insistencia referencias como 'Don Crisanto', 'Castelo', 'Anzuxao', 'Arqueixal', 'Queinaga', 'Barral', 'Eume'…, os mellores deste ano para as mellores ocasións de 2024.



Xosé González / queixosdegalicia.com
O conselleiro do Medio Rural, Xosé González, anunciou unha campaña para promocionar o consumo dos queixos con selo de calidade

Catas de Galicia 2023 / queixosdegalicia.comFoto
Todos os queixos premiados, preparados para a súa degustación nas Catas de Galicia 2023
0 Comentarios

O próximo venres coñeceranse os mellores queixos galegos 2023

17/11/2023

0 Comentarios

 
Cata dos Queixos de Galicia // queixosdegalicia.com
A cata celebrouse este ano na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago
QdeG

Xa hai data para a celebración do acto de entrega dos premios aos mellores queixos galegos acollidos a algunha das catro denominacións de orixe protexida (DOP), edición 2023. Será o vindeiro venres, 24 de novembro, nun lugar que aínda non se fixo público. A cata-concurso celebrouse a mediados desta semana en Santiago de Compostela.

Presentáronse 47 mostras de 28 queixerías, distribuídas entre a DOP Queixo Tetilla (18 mostras), DOP Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa curado (19 mostras en total), DOP San Simón da Costa  (6 mostras)  e DOP Cebreiro e Cebreiro curado (4 mostas en total).

Na XXVI Cata dos Queixos, ademais dos catro membros do panel de cata da Consellería do Medio Rural (Sonia Otero Padín, Carlos Veiga Pérez, Mariela Barca Villarta e Salomé Beiroa Fernández), incorpóranse oito profesionais máis. En concreto, Mikel López Iturriaga, xornalista gastronómico e director de El Comidista; Miguel Fernández Vidal, chef e propietario do restaurante Morgana; un rostro moi coñecido da TVG, Merchi Rodal Mallo, á que podemos ver no programa ‘A voltas co prato’; o xornalista Carlos Crespo Gómez, de La Voz de Galicia; o produtor de queixos Javier Sampayo Menéndez; e Johanna Christina Sweers Penalonga, membro da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA).

Cata dos Meles

Por outra parte, o pasado martes desenvolveuse a XXII Cata dos Meles, que contou coa participación de catro membros do panel de cata da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia: Paula Casaleiro Barros, Javier de la Fuente García, Miguel Ángel Rodríguez Garea e Beatriz Ríos Cebreiros. Aos que se uniron o xornalista gastronómico Jorge Guitián Castromil, o chef Julio Mato del Río e o reposteiro Diego Trillo Caamaño, premio Pasteleiro Revelación dos Madrid Fusión Alimentos de España 2022. En total catáronse 54 mostras  de 25 industrias acollidas á IXP Mel de Galicia, nas caterías de meles monoflorais (31 mostras), meles multiflorais (21 mostras) e e mel de melada ou de bosque  (dúas mostras).
Cata dos Queixos de Galicia // queixosdegalicia.comFoto
Fase visual na cata dos queixos, neste caso dos San Simón da Costa participantes


Cata dos Queixos de Galicia // queixosdegalicia.comFoto
Catadores e organizadores, na foto de familia desta XXVI edición

0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia