Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Galicia certifica ao ano máis de cinco millóns de quilos de queixo

26/12/2016

0 Comentarios

 
XIX Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Ángeles Vázquez aportou os últimos datos de produción na entrega de premios da Cata dos Queixos de 2016
Son os últimos datos oficiais. A referencia, totalmente pechaxa xa é para o ano 2015, inclúe exclusivamente as catro denominacións de orixe protexidas de queixos galegos: Arzúa Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro. o balance son case 5.300 toneladas producidas e preto de 33 millóns de euros facturados, cun incremento do 6 por cento tanto en toneladas como en valor económico.

As cifras achegounas a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na XIX Cata dos Queixos de Galicia, o pasado 21 de decembro, no municipio coruñés de Touro. A titular do Medio Rural resaltou  o traballo de todos os produtores e industrias que, como no caso da industria láctea, "fan dos nosos productos un referente culinario dentro e fóra das nosas fronteiras", asegurou.

O obxectivo da Administración Autonómica  é seguir apostando para que o sector da alimentación manteña o seu peso no mercado nacional e internacional e que acade a sona que merece grazas a calidade dos produtos galegos e a o traballo e esmero dos produtores e das industrias.

De feito, Galicia, con 30 denominacións e indentificacións, está entre as primeiras comunidades autónomas españolas en canto á identificación de produtos de calidade diferenciada, sen contar os catro selos que actualmente se atopan en trámite.

Todas estas producións son para Ángeles Vázquez, un "baluarte" do sector agroalimentario galego e teñen unha gran importancia tanto no plano social -ao implicar a máis de 28.000 produtores e máis de 900 industrias- como no económico, xa que segundo os datos da Xunta, o valor en orixe da produción certificada supera os 370 millóns de euros. 

0 Comentarios

Un total de 66 mostras na XIX Cata de Queixos de Galicia

17/12/2016

0 Comentarios

 
Cata de Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
12 especialistas decidirán entre o luns e o martes cales son as mellores propostas de queixos galegos deste ano
O próximo luns 19 de decembro, arranca a XIX Cata de Queixos de Galicia, uha convocatoria que foi programada nesta ocasión no santiagués Centro Superior de Hostalería de Galicia. En total participarán 66 mostras. O certame anual de exaltación dos mellores queixos fabricados na Comunidade Autónoma está organizado pola Conselleria do Medio Rural, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas.

Das 66 mostras participantes, 27 corresponden á Denominación de Orixe Protexida (DOP)  Arzúa-Ulloa (18 de queixo fresco e 9 de queixo curado 9), outras 24 pertencen a DOP Queixo Tetilla; dez son da Denominación de Orixe San Simón da Costa e cinco da DOP Cebreiro.

Segundo informou a Conselleria do Medio Rural, o panel de catadores está composto por expertos en análise sensorial como o persoal do Panel de Cata dos Queixos de Galicia, mestres de hostalería, recoñecidos escritores expertos en gastronomía como Xosé Manuel García, director do programa 'Come e Fala' da Radio Galega; blogueiros como Alfonso López Alonso, de 'Cocina de Rechupete'; cociñeiros de recoñecido prestixio, como os chefs dos restaurantes Casa Solla, Pepe Solla, e A Quinta da Auga, Federico López Arcay, e outros colaboradores.

A cata dos queixos comeza o luns pola tarde, coa coa selección dos queixos das DOP Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla, e remata coa cata final dos queixos o martes pola mañá.

Cata dos Meles
Cada ano, igualmente por estas datas, Medio Rural convoca tamén a Cata dos Meles de Galicia, que entra neste caso na súa decimoquinta edición, e que dará comezo igualmente o luns, no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Son en total 29 as mostras que concurren. 
clic aquí para editar.
Cata de Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
A 'cata a cegas' é un garante fundamental de que gañarán os mellores
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia