Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Barral': tendencia, innovación, crecemento

27/5/2018

0 Comentarios

 
Queixería Barral /queixosdegalicia.com
Juan Carlos Barral expón productos na feira do Arzúa-Ulloa deste ano
A Queixería Barral chega a unha data importante en 2019, cumpre os seus primeiros trinta anos fabricando queixos. Á  fronte desta empresa familiar está Juan Carlos Barral Camba. As  instalacións están situadas en Pantiñobre, a catro quilómetros do municipio coruñés de Arzúa.

Cun mercado local e galego amplo, español e incipientemente internacional, a marca vende camiño dos 500.000 quilogramos de queixo anuais. Tendencias, innovación, produtos novos e crecemento son os argumentos clave que moven con éxito á empresa.  

Coas costas cubertas no seu mercado natural e a cabalo da proxección da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa -da que 'Barral' forma parte-  esta queixería explora con éxito o mercado nacional, no que a DOP é a segunda de España que máis vende. Pero as expectativas están postas tamén no exterior, onde ten mercados abertos xa en países como Francia, Holanda ou Alemaña. "Imos pouco a pouco", sinala Carlos Barral.

Ademais do Arzúa-Ulloa e do curado, a  empresa fabrica tamén queixo Tetilla. E está traballando agora, de cara a finais deste ano ou comenzos do que ven, en sacar algún produto novo máis "que nos axude incluso de cara exportación", porque tanto en Arzúa-Ulloa como en Tetilla, "vanse facendo cousas", pero teñen unha vida "un pouco  limitada que nos dificulta en parte ese camino de cara ao exterior", argumenta.

Do que se trata é, polo tanto, fundamentalmente, de dotar aos produtos "dunha vida un pouco máis longa", que terá que ver cunha maior curación. Non adianta Juan Carlos Barral nada polo momento sobre cales serán os novos produtos, que é máis que probable que non cheguen a axustarse ás esixencias da denominación Arzúa-Ulloa, pero que sen dúbida aportarán experiencias e sabores novos ao mundo dos queixos galegos é as demandas dos consumidores.

Bromea o dono da queixería siñalando que se trata un pouco agora como cando se especula cos nomes dos fubolistas que fichará un clube para a nova tempada, ata que está asinado o contrato…, haberá que esperar.

Crecer ao 20%

Os datos de 2017 da Queixería Barral falan dunha producción de preto de 490.000 quilogramos de queixo e dunha facturación de 2,4 millóns de euros. O crecemento sitúase en arredor dun 20%, evolución que Juan Carlos Barral considera que "se te moves, se espabilas, se cambias, se  innovas" si que hai posibilidades de cremento no sector alimentario.

Para este fabricante, hai que ter en conta que as familias, os perfís dos consumidores, cambian, e iso obriga tamén aos produtores, que se teñen que adaptar de cara a onde van indo as tendencias de futuro. Na súa opinión, o sector hoxe está nun bo momento, pero advierte que non se pode durmir un e que hai que empezar a facer cousas novas e atender as demandas da xente.

A modo de exemplo, fala duns tempos, relativamente recentes, nos que as nais mercaban para o consumo familar pezas de dous ou tres quilogramos de queixo, que aseguraban dispor do produto camiño dunha semana. Hoxe a xente nova quere máis cousas, "e cando sai un venres pola noite pide unha taboa de queixos, e quere máis variedades e cousas novas", e esa franxa sinala que "tamén hai que procurar atendela".

En relación coa proxección exterior, o responsable de Queixería Barral cre que hai que transformar máis, pensando cara a onde irán eses produtos, para o que se precisa desenvolver, investir en investigación e desenvolvemento e facer novas cousas, co ollo posto nos mercados nacionais e internacionais, e atendendo ás novas tendencias, porque "a xente non é que coma menos, senón que come distinto", conclúe. 
​
0 Comentarios

E para queixos gourmet…, tamén Lugo

12/5/2018

0 Comentarios

 
Queixos galegos / queixosdegalicia.com
Queixos galegos, con pan de Friol e a tradicional 'ferroviaria' ao fondo // A,S.
Os lucenses acapararon todos os premios que lle corresponderon a Galicia no '9 Gourmet Quesos / Campeonato de los mejores Quesos de España 2018' -dentro do 32 Salón de Gourmet, que estes últimos días se celebrou en Madrid- na que está considerada a maior mostra queixeira española. Foi unha disputada final, despois dunha rigorosa selección entre os máis de 725 queixos que aspiraron ao título. Tan só foron 72 os seleccionados, por un xurado formado por 50 expertos.

Despois dunhas deliberacións que ocuparon  a xornada inaugural do Salón de Gourmets (do 7 ao 10 de maio), déronse a coñecer os tres ganadores de cada unha das 12 categorías nas que se divide o concurso.  Na primeira desas categorías, de queixos de 'vaca xoves' obtivo o primero premio Queixos Castelo, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixos do Cebreiro, e quedou na segunda posición a Queixería Prestes, de Vilalba.

​Na segunda categoría, de queixos de 'vaca curados',  houbo outro galardón para os queixos da provincia de Lugo, neste caso para a marca Santo André, con centro de produción en Castroverde, e que quedou clasificada en segundo lugar.
​
Un cuarto queixo no que se fixou o xurado calificador, na categoría número 8, de queixo de 'ovella curado', foi o que elabora Queserías Sarrianas, baixo a marca Quesar, que obtivo o segundo premio.

Pechou os recoñecementos aos queixos galegos, na categoría número 11, de afumados, a marca Don Crisanto, da queixería do mesmo nome e que ten fabrica en Vilalba, baixo a DOP San Simón da Costa. Obtivo a segunda posición.

Non é a primeira vez que estes queixos acceden a premios das principais convocatorias nacionais, o que os convierte nunha clara referencia á hora elixir un producto cunhas características moi particulares, que os especialistas refrendaron de cara aos consumidores, que é un dos obxectivos últimos deste tipo de probas.

Amplo repertorio
​

O repertorio foi para a ocasión, moi amplo, ata o punto de que se deron cita no certame queixos de vaca xove e curados; de cabra xove e curados; queixos de mezcla; de pasta branda (xa sexan de cortiza enmohecida ou lavada, con coagulante vexetal ou de coagulación láctica) de ovella semicurado, curados e anellos; queixos azuis; afumados e, finalmente, con condimentos no seu interior, procedentes de todas as rexións de España.

Gañador absoluto

Nesta ocasión, o mellor queixo de España na convocatoria foi a marcha Olavidia Quesos y Besos, das firma xienense Lácteos Romero Peláez. Participaba este fabricante na categoría número 6, cun queixo de pasta branda, elaborado en Guarromán, Comarca de Sierra Morena, a partir de leite das súas cabras de raza malagueña, que pastan libremente na montaña.  

Queixos Castelo / queixosdegalicia.com
Queixos Castelo, de Pedrafita do Cebreiro, tivo o primeiro premio na categoría de queixos de ´vaca xoves'

Queixerías Prestes / queixosdegalicia.com
Queixerías Prestes, de Vilalba, obtivo o segundo premio na categoría de queixos de 'vaca xoves'

Queixería Santo André / queixosdegalicia.com
Santo André, de Castroverde, gañou o segundo premio de queixos de'vaca curados'

Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.com
Queixería Don Crisanto, de Vilalba, foi segunda no apartado de 'afumados'

Queserías Sarrianas / queixosdegalicia.comImagen
Entre os premiados está un queixo de ovella curado, de Queserías Sarrianas, que quedou en terceira posición
0 Comentarios

"Os queixos galegos merecen uns prezos máis altos"

6/5/2018

0 Comentarios

 
​Ángel Ramil Castelo, secretario xerente do consello regulador da DOP San Simón da Costa
Ángel Ramil Castelo / queixosdegalicia.comen
Ángel Ramil considera que a exportación do San Simón debe merecer unha atención especial no futuro // Foto AEP

A.S.Rocha
​O queixo San Simón da Costa teno practicamente todo para seguir triunfando. Fáltalle, se acaso, que a súa calidade e o valor do produto elaborado se correspondan cun prezo máis axeitado no mercado. Fronte á gran competividade que ofrece, o secretario xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP), Ángel Ramil, cré que uns prezos de venda máis altos serían xustos, tamén para os gandeiros, que poderían ‘rascar’ por litro de leite algúns deses céntimos que precisan para endereitar a súa maltreita economía.

Pagar arredor de doce ou trece euros por un queixo de San Simón da Costa faino moi competitivo…
É competitivo, pero estamos todos por debaixo do que debera ser. Creo que os queixos galegos merecen outro prezo, que a min me parece que debera ser moito máis elevado, porque se os comparamos con outros queixos que veñen de fóra máis ou menos curados, cando aparecen aquí, teñen un valor moito máis alto. Entón, entendo que aínda que temos un prezo contido e competitivo, os nosos teñen que ter un maior, porque tanto a calidade como a súa presenza meréceno.

Incrementalo axudaría a que se valorase no que debe?
Non é cuestión de que se poña no mercado por menos ou por máis, trátase do valor do produto elaborado, do leite, do cuallo…. Todo iso dache ás veces un custo moi alto. E o mercado dos lácteos, neste caso dos queixos, é un mercado onde a marxe é sempre moi pequeña. E como falamos dun mercado moi competitivo, de aí veñen os prezos máis a baixa, pero debían ir moito máis alá, porque o custo da elaboración é alto e oxalá o estivera máis, porque así se podería pagar máis polo leite que aportan os gandeiros.

As vendas no exterior non parecen máis que reportar vantaxes…
Unha parte primordial, e que estamos pensando potenciar, é a das exportación do queixo San Simón. De feito, algo que era simbólico hai dez ou 12 anos, hoxe canaliza case un dez por cento da produción, e segue medrando. Iso é importantísimo, porque estamos falando doutros mercados nos que podes traballar con outras marxes de venda.
​
O San Simón teno todo para triunfar fóra...
A principal vantaxe é a facilidade de transporte en relación cos outros queixos galegos. É un queixo curado que non se deforma facilmente. Logo está a conservación, e tamén a súa forma, que chama moitísimo a atención, ademais do afumado e do sabor. O que sucede é que o mundo do queixo é tan grande e hai tantas referencias no mercado internacional que non deixa de ser complicado buscar nichos fóra. Pero o que está claro é que estamos intentando despuntar. Ademais, a nosa produción, que é pequena, é facilmente colocable nunha gran parte. Suporanos moito esforzo económico?, tamén; pero eu teño moi claro que o importante vai por aí.
​
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia