Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixo galego con fondo verde

6/6/2022

0 Comentarios

 
Quesos La Montaña / queixosdegalicia.comImagen
Quesos La Montaña, de Entrimo (Ourense), sorprendeu aos visitantes en Silleda co seu queixo de estrugas
Gonzalo S. Lourido

​Pechou o domingo a 44 edición Abanca Semana Verde de Galicia con preto de 100.000 visitantes (95.045 a dúas horas da clausura do certame, segundo os organizadores). Son cifras provisionais, inferiores ás de 2019, en que se contabiliazaron no recinto pontevedrés de Silleda algo máis de 128.000 visitantes. Os que se chegaron onte camiño do mediodía, sufriron retencións importantes nos accesos de entrada ao recinto. Entre os 693 expositores, de nove países, houbo una significativa representación de queixos. Das novidades galegas -por exemplo-, o queixo de estrugas, de Quesos La Montaña, de Entrimo; entre as do exterior, o Cabrales Carlos Cuervo. 

Acudiron, ao igual que en edicións anteriores, queixerías galegas como Castelo de Brañas, da 
Denominación de Orixe Protexida Cebreiro; Hoxe, queixería local e un clásico do feiral silledense; Cobideza, fabricante centrado na produción ecolóxica e con fábrica na Golada (Pontevedra); ou Queinaga, con sede no municipio coruñés de Curtis.

E entre as novidades, Quesos La Montaña, do Concello Ourensán de Entrimo, que sorprendeu aos visitantes co seu queixo de estrugas, e con outros elaborados con noces pecanas, arandos, ou pemento, sen olvidar o 'país' de  sempre; e A queixería Gaia -de Vilar dos Santos (Ourense)- e os seus queixos de cabra.

Non faltou a Cooperativa de Campo Capela, que ten todo en marcha para participar o 28 de agosto  na nova edición feiral de exaltación do requeixo organizada polo Concello da Capela (A Coruña). E tamén acudiu, procedente dos Picos de Europa, o Queixo Cabrales Carlos Cuervo, que situou entre os seus favoritos o azul 'Sara e Lara', do fabricante vilalbés Prestes.  

Escaparate internacional

O escaparate que se mostrou estes días na Semana Verde "mira cara ao futuro" con materias primas, productos agroalimentarios e artesanía de calidade "capaces de atravesar fronteiras", segundo sinalou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na súa visita ao recinto. Resaltou que o encontro "xa é un referente a nivel internacional", cun sector primario que aposta por la innovación e a  diversificación e que traballa por un rural galego sostible. 
​
Esta feria destaca pola  súa diversidade. Ademais dos certames paralelos, centrados na alimentación, turismo, caza, pesca e natureza, contou con sectores que van desde a gandería, bioenerxía e pequena maquinaria ata mobiliario e artesanía, ademais de moitos otros produtos e servizos. Un atractivo que se trasladou tamén ao seu amplo programa de actividades, entre as que houbo tanto propostas para profesionais como para o público en xeral.
​
Semana  Verde / queixosdegalicia.com
Nos catro días de feira pasaron polo recinto de Abanca Semana Verde de Galicia preto de 100.000 visitantes
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia