Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Monterroso, queixo de mil historias

5/5/2019

0 Comentarios

 
Feira do Queixo na Ulloa / queixosdegalicia.comagen
O pregoeiro deste ano definiuse como gran valedor dos queixos da Ulloa, que regala cando ten ocasión
​​A Feira do Queixo na Ulloa pechou edición hoxe, ás tres da tarde, no Concello lucense de Monterroso. Non debe haber encontro de exaltación deste producto en Galicia  que non conte sempre cun xeneroso respaldo dos consumidores locais, nen dos da comarca. E hai sempre valedores do produto e trasmisores de vivencias de antano, como a do doutor en Historia pola Universidade Santiago de Compostela Javier Gómez Vila, un pregoeiro que reclama algún queixo da Ulloa sempre na mesa -seguindo a tradición- e que lle atribúe aos romanos a o papel da difusión da cultura do queixo. 

Este docente estivo en Monterroso sete anos, como profesor e director do instituto local. E no pregón falou da lembranza que ten do municipio, da acollida que lle deu toda a xente da zona e dos alumnos, aos que reñeceu entre os asistentes - a man alzada- en pleno pregón, e dos que dixo "que lles ten especial cariño". Bo anfitrión, e mellor divulgador do queixo, asevera que sempre o regala cando ten ocasión.

E falou igualmente o pregoeiro da súa relación co produto motivo de exaltación, "porque na miña mesa, o queixo da Ulloa sempre estivo presente". Tanto, que lembrou para a audiencia do recinto feiral que ía co seu avó mercar o queixo a Palas de Rei  no 'SEAT 850' e que había,  sempre,  "un poco de queixo na mesa despois das comidas".

Cultura romana

Gómez Vila argumentou -fóra xa do pregón-  que a cultura que expandiu comer o queixo foi sempre a dos romanos, e que, nese sentido, "eu sempre me considero moi romano" polo que "na miña mesa sempre hai queixo e, cando poido, sempre lle regalo queixo aos demais".

Se a este profesor da Universidade de Santiago lle fixeran unha oferta  para cambiar un Arzúa-Ulloa por outro queixo dunha denominación de orixe galega (San Simón da Coste, Tetilla ou Cebreiro), bromea sinalando que a proposta tiña que ser "moi ventaxosa para aceptar", porque "o meu avó sempre viña buscar queixos a Palas", para engadir que "polo, tanto, eu sigo a tradición de meu avó".

Coidado coa etiqueta

A normativa recolle que dentro do recinto feiral non pode haber queixos sen etiqueta, co que esta ano, en Monterroso, estivo todo en regra, segundo sinalou o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe (DOP) Arzúa-Ulloa, Xosé Luis Carrera Valín, quen insistiu que  no recinto feiral non pode haber queixos que incumpran esa norma.

 Advertiu que "sempre estamos enriba disto"  e que a primeira condición que se pide nas feiras que afectan á denominación nas que participan como co-organizadores ou como colaboradores de forma activa é  que todo produto cumpra obrigatoriamente o requisito. Todo isto pasa nas feiras, "nas que nós controlamos como denominación de orixe", asegurou.

En todo caso, dixo Xosé Luis Carrera que a presencia de queixos sen etiqueta e, polo tanto, sen control, é cada vez menor, aínda que recoñeceu que é algo que "debería ir máis rápido do que pensamos", pero que "aí andamos", porque é algo que, polas súas consecuencias, pode ser constitutivo de delito.

Trátase dun problema no que as distintas admistracións, e tamén a propia denominación de orixe, teñen a súa responsabilidade, aínda que avanza o presidente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa que é "un camiño que temos que percorrer" e que o produto debe estar perfectamente etiquetado, "o que non lle quita nin lle pon ningunha calidade", conclúe. 
​

Feira do Queixo na Ulloa / queixosdegalicia.comn
Bailes e música tradicional amenizaron a xornada dominical de exaltación dos queixos das Ulloa
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia