Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

As Neves: días de requeixo e mel

16/4/2022

0 Comentarios

 
XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves / queixosdegalicia.comImagen
A festa promociona requeixo e mel, que se poden mercar tamén ao longo do ano
A.S.Rocha
O Concello pontevedrés das Neves espertou hoxe cun bo día, porque fixo sol, porque houbo moitos visitantes polas rúas, porque a actividade económica local volveu estar especialmente activa e porque a segunda xornada dedicada a exaltación do queixo e do mel local parece que colle novos folgos para callar. Despois da gran resposta de visitantes do Venres Santo, o feiral abríu as postas este sábado con éxito.

Na gran carpa da Praza Maior, celebrouse o tradicional 'Vermú musical' coa Coral Santa Mariña das Neves, un reclamo que foi parello á trasfega polas mesas do recinto das porcións do tracional requeixo, que moitos visitantes acompañaron cos bos caldos que hai pola zona.

Entre os viños non faltaron os que saen duna factoría tan próxima como a do Señorío de Rubiós, en todas as súas varidades de tintos e brancos, nas esencias albariñas, condado, mencía ou un espumoso condado branco para 'sacar un chapeu' que ben poidera ser -por coincidencia no día de celebración anual- o que tanto se alaba no concello lucense de Pedrafita cando se menta a figura externa do seu  'Cebreiro'.
​
Pechou este fin de semana a XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves cun excelente sabor de boca, porque foron miles os visitantes que acudiron á celebración. E para os adictos a este queixo tracional, tranquilidade, porque se pode mercar na páxina web dos fabricantes, que 'ameazan' -se a demanda axuda- coa doce previsión de chegar ás 16 toneladas de produto este ano.

Feira do Requeixo e Mel das Neves / queixosdegalicia.com
O 'Vermú musical' foi hoxe unha boa escusa para degustar requeixo e mel na Praza Maior, debaixo dunha gran carpa que tapou neste caso do sol
0 Comentarios

"Do queixo do Cebreiro, comer ata o sombreiro"

15/4/2022

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.comImagen
Queixos Fonchave, Queixería Castelao e Queixería Santo André representaron este ano a Denominación 'Cebreiro'
A.S.Rocha
O queixo do Cebreiro ten unha forma moi peculiar, que ao longo dos últimos séculos se foi asentando visual e semánticamente nun xeito de 'gorro de cociñeiro' ou na 'forma de fungo' -iso si, cun pé que, en termos micolóxicos calquera diría que taludo de máis no diámetro-. Seguindo o refraneiro popular, e neste caso a efectos prácticos, polo moito que presta, procede aquilo de que "do queixo do Cebreiro, comer ata o sombreiro". O dito rescatouno hoxe en Pedrafita para unha ampla audiencia o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos, Xosé Tomé, pregoeiro e amante confeso do produto.

Cun sol de manga curta para moitos, e cos habituais postos dunha feira apta para todos os petos, contra unha da tarde xa tiñan as queixerías unhas boas ventas feitas. Desta volta acudiron da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, tres fabricantes, 'Castelo', 'Santo André' e 'Fonchave', asistidos por un bo repertorio de queixerías de Galicia e doutros puntos de España que consta que aproveitaron tamén o día.

E foi precisamente aló polo tempo do aperitivo, cando as degustacións e as compras ían dando paso á hora do xantar, cando José Tomé recoñeceu as bondades do 'Cebreiro', o seu pasado glorioso que o fixo estar  nas mellores mesas  e ser un dos tres queixos máis prezados e caros, ata chegar o gran esforzo de recuperación que se fixo deste manxar hai unhas décadas para convertelo no que hoxe significa: ser unha das 26 Denominaciós de Orixe Protexida de queixos que hai en España. E por se quedase algunha dúbida, declarouse amante do queixo, e en particular do que se fai en terras da montaña lucense, e apostou pola innovación e por todo aquilo que fai mellorar a vida en sectores como o de referencia.

Éxito de público e de vendas

Lembrou logo o alcalde do concello de Pedrafita, José Luis Raposo, que nestes dous anos de espera obrigada, houbo un "esmero moi especial" en reformar e mellorar cousas do feiral, e falou  das felicitacións de vendores sorprendidos de que lles puxesen unha caseta de seu por vir. Engadiu que "Pedrafita ten tradición de feira", cos postos "dentro" das naves das que dispón o concello para facerlle fronte ao mal tempo, como na nevarada de hai un anos. E non agachou que na organización dun evento como este "é importante a organización e as ganas que lle poñas". "O resultado é este", dixo.

As naves e as casetas son do concello, e hai un "montón de xente traballando" para a ocasión "que se quita doutros sitios". E poderíase pensar que a organización de todo o soporte que lle deu forma ao feiral de hoxe, supuxese uns 50.000 euros; pero non é así, e algo que "está en arredor dos 6.000 ou 7.000 euros", asegurou.

Máis xente que en ningún ano

Pola súa parte, a secretaria do Consello Regulador da DOP Queixo Cebreiro, María Teresa Prado,  avaliou o feiral como "ideal", tanto pola climatoloxía como pola axistencia de visitantes, que cadrou con outras valoracións que puidese haber hoxe "máis xente que ningún ano anterior".

A recuperación foi boa o ano pasado e este "parece que está indo de marabilla", sinalou. Entre as últimas novidades cabe destacar que 'Castelo' elabora tamén queixo curado e que 'Santo André' está vendendo 'curado' para o estranxeiro. E logo está o anfianzamento do 'Cebreiro' en distintos puntos de Galicia, a través de supermercados como Gadis ou grandes áreas como Carrefour ou o Corte Inglés.
​
Feira do Festa Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Houbo coincidencia, este ano a asistencia parece que superou a mellor das edicións pasadas
0 Comentarios

E de sobremesa…, requeixo das Neves

12/4/2022

0 Comentarios

 
XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves / queixosdegalicia.comImagen
O requeixo e o mel volverán centrar a festa de exaltación destes produtos no Concello das Neves

​G. S. Lourido
Para os amantes do queixo, poucas experiencias tan gratificantes despois dun xantar frugal como atacar na sobremesa un requeixo dos de sempre con mel ou marmelo, ou con algo tan sinxelo como un chorreón de viño tinto. Para a ocasión, o concello pontevedrés de As Neves pon a materia prima o venres e o sábado desta semana. Iso e unha feira na que non falta de nada, incluído un cociñeiro dos que fan parroquia a pouco que se remanguen.

Pois si, o chef Iñaqui Bretal, do restaurante pontevedrés o Eirado da Leña, estrella Michelín e integrante do Grupo Nove, será o encargado de porlle solfa gastronómica  á XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves. Será o o día de Venres Santo, ás doce da mañá, unha hora despois de que se abra o encontro.

Ao longo do día  hai moitas propostas, animacións musicais, a entrega dos Premios do Concurso de Receitas con Requeixo das Neves, unha actuación infantil ou actividades para a mocidade. E xa que logo, despois dunha xornada gastronómica ao gusto de consumidores e petos, unha regalía para os oídos como a actuación de Guadi Galego, aló polas nove do serán.

E o sábado, 16 de abril, volta a empezar, coa apertura da feira as 11 da mañá, cunha xornada técnica sobre o mel a cargo de Adolfo González, un 'vermú' musical e un concerto. E ás sete, de volta á casa,  cada un con quen veu, iso si, con agasallos e reservas de requeixo para chegar sen sobresaltos ao fin da Semana Santa e á volta ao traballo.  

XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves / queixosdegalicia.comImagen
Presentación da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves, o pasado 25 de marzo, en Melgaço (Portugal)
0 Comentarios

Cebreiro, volve a Feira do Queixo

10/4/2022

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
A Feira do Queixo do Cebreiro foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
​QdeG
O vindeiro 15 de abril, Pedrafita transformarase de novo na gran feira do ano do municipio, da man do queixo do Cebreiro. Daquela, volverán escasear  os aparcamentos para os coches e pode que non cheguen as prazas nos hoteis, hostais e pensións para acoller os visitantes que acoden desde moitos puntos de toda España para disfrutar do evento; disque a oferta desaparece moito antes.  E están logo os incondicionais da comarca, que acoden a este encontro anual para desfrutar e facerse con moito daquilo que precisan, pero a feira dá para iso e moito máis.

Queixos co sabor de antano e unha feira tradicional  de sempre, son un imán para visitantes destas terras da montaña lucense. E mércanse moitos destes produtos nas casetas dun dos recintos cubertos de Pedrafita, no que hai outras propostas interesantes nas que pousar os ollos e onde poder alixeirar a carteira.

As queixerías acollidas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro porán á venta os seus productos a partir das 9,30 horas, a prezos populares. As 13,00, o presidente da Deputación Provincial de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, encargarase do pregón.

O queixo do Cebreiro é un queixo fresco, brando e lixeiramente acedo, elaborado con leite pasteurizado. E a oferta vaise ampliando. Na  feira desde ano poderá atoparse o Cebreiro curado; non é novidade, pero haberá novas propostas desde manxar, que ten o seu asento en pleno Camiño Francés, coincidindo a feira deste ano coa celebración do Xacobeo. 
​
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Ademais da gastronomía, o feiral ofrece múltiples propostas para os visitantes
0 Comentarios

San Simón, a maxia do fume

4/4/2022

0 Comentarios

 
Festa do Queixo  de San Simón da Costa / queixosdegalicia.comagen
O ritmo de vendas foi bo este fin de semana no feiral
G.S.Lourido

Alguén dixo este domingo - porque o dixo - que non lle gustaba especialmente o Queixo San Simón da Costa por esa inmersión no fume, nun fume que lle dá ese valor indiscutible dun queixo camiño do universal. Iso, cando os que o paladean, argumentan que non debe haber ninguén ao que non lle guste. Hoxe pechouse no municipio lucense de Vilalba, a XXVI Festa do Queixo San Simón da Costa.

Despois da parada da pandemia, hoxe houbo a asistencia de sempre; as vendas non quedaron atrás e o tempo terciou caprichoso de claros a obscuros, ameazando o tempo da hora do xantar e da tarde. Cousas de pouca importancia unhas gotas de choiva para aplacar esa danza dun deambular por casetas cheas  de produtos e afáns culinarios e gastronómicos. Tempo tamén para o lecer e para disfrutar desas pequenas e grandes propostas que van dos asuntos a ao peto e do peto á mesa.

Este domingo, en plena exaltación do queixo de San Simón da Costa, a valoración é "altamente positiva", porque se volve "a vida normal", porque as "vendas van indo bastente ben, mesmo mellor do que se espera", e porque volve a "a alegría de comprar, a alegría de saír".

Esa é a percepción do secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) do Queixo San Simón da Costa, Ángel Ramil,  que destaca que os que acudiron tanto o sábado como o domingo son xente  de moi distintos puntos de Galicia. Houbo un público diferente, que  xunto co incondicional da zona, acudiu con ganas de mercar.
​
Festa do Quexo deImagen
Gran variedade de queixos galegos para sorprender os gustos dos visitantes
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia