Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixos galegos, sabor do Nadal

26/12/2020

0 Comentarios

 
queixos galegos / quesos gallegos / queixosdegalicia.comImagen
San Simón da Costa, Arzúa -Ulloa, Cebreiro e Tetiila,queixos para este Nadal
​
Gonzalo Soto

Pode que coa chegada do novo ano e coa festividade de Reis toque un cambio de proposta e que suxiramos poñer na cesta das viandas para estas festas tamén uns queixos ecolóxicos, incluídos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Hai moito onde escoller e moito do que poder desfrutar, pero a invitación destes días é a de levar  ás nosas mesas non xa queixos galegos -moitos e moi bos-, senón os que que están acollidos a Galicia Calidade, un selo e unha marca de garantía da Xunta de Galicia con  máis de 120 empresas, máis de 400 produtos amparados e un cuarto de século  percorrido.

En Galicia Calidade hai queixos acollidos das catro denominacións de orixe protexida (DOP) -Cebreiro, Arzúa-Ulla, Tetilla e San Simón da Costa. Sexa cal sexa elección, será boa. Velaquí as propostas.

Arzúa-Ulloa Anzuxao

Trátase dun queixo de pasta branda, de sabor suave e poucos ollos. Atendendo ás demandas dos consumidores, Lácteos Anzuxao  (Lalín,Pontevedra / lacteosanzuxao.com) elabora os seus produtos con menos sal do habitual.O leite de vaca utilizado procede de produtores rexistrados da comarca de Lalín e dáselle prioridade ao gando de pastoreo, o que resalta o fabricante que "non fai máis que darlle valor engadido ao producto final". O resultado son uns queixos cunha cor máis amarela que melloran a súa textura e  seu sabor.

Tanto a cremosidade como a suavidade son dúas das principais características deste queixo, en liña co que esixe a DOP Arzúa-Ulloa. Esas dúas características fan que o produto  sexa do gusto de todo tipo de padales. Xa que logo estamos a falar dunha denominación que, despois da DOP Queixo Manchego, é a que  vende máis en España.

O Arzúa-Ulloa Pazo de Anxuxao ten múltiples recoñecementos e galardóns e, desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta  de Galicia. Esta certificación supón para a queixería lalinense un recoñecemento máis para o seu produto e un plus de prestixo cara ao consumidor. Dese mesmo recoñecemento goza o seu queixo Tetilla.
​
Arzúa-Ulloa de Anzuxao / queixosdegalicia.com
Un bo exemplar de queixo Arzúa-Ulloa da factoría 'Anzuxao'

Tres queixos  Tetilla: Feijoo, Daniberto e Anzuxao


Feijoo.- Desde marzo de 2016, Quesos Feijoo (Celanova, Ourense) ten amparado o seu queixo Tetilla baixo o paraugas de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración na comunidade autónoma, pola súa materia prima ou deseño galegos, merecen esta distinción, unha vez contrastada mediante os controis establecidos.

É un recoñecemento que a esta empresa lle aporta aspectos tan interesantes como poder contar con clientes en Madrid, Barcelona ou Alacante. O feito de ter este selo oficial da Xunta de Galicia sinala o fabricante que lle dá un "plus" ao seu queixo Tetilla e que aos consumidores "gústalle velo".

Para este Nadal, o queixo Tetilla de Feijoo pode atoparse nos habituais punto de venda e, en todo caso, facendo os pedidos directamente a [email protected].
​
Tetiila de Feijoo / queixosdegalicia.com
Desde Celanova, coa factura Feijoo,un queixo Tetiila para disfrutar
​Anzuxao.- O queixo Tetilla de Lácteos Anzuxao    é de pasta cremosa e uniforme, con poucos ollos e sabor lácteo. En liña co resto dos produtos desta queixería, e tamén coas demandas dos consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos do mercado.

Este queixo conta con diversos recoñecementos e premios e,desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta un prestixio cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o produto.

Lácteos Anxuzao é unha empresa que converteu en exelencia a súa venta 'porta a porta'. A actualidade manda, e hai que dicir que o queixo tetilla Pazo de Anzuxao recibiu  o pasado 22 de outubro o galardón acreditativo de Mellor Queixo Madurado de marca de España. Ao certame presentáronse máis de 220 propostas.




Anzuxao, queixo Tetila / queixosdegalicia.com
'Anzuxao' fai tamén un queixo Tetiilla amparado baixo o selo de Galicia Calidade

Daniberto.- A queixería Daniberto (Vilalba, Lugo), que abríu no ano 1992, fai un queixo Tetilla  de leite pasteurizada de vaca, suave,  moi cremoso e cun exquisito sabor que lembra un pouco a manteiga. Este queixo, que acumula recoñecementos,  como o primeiro premio da DOP Tetilla na cata dos queixos e meles de Galicia, ofrécese  nos formatos de 900 e 1.200 gramos.
​
Para esta queixería, como para as restantes de Galicia, é importante darlle saída a moitos dos seus produtos, que quedaron no almacén despois da crise continuada a que, como o resto da economía, se viron sometidas. Esta é unha razón dabondo para que nestas festas se consuman queixos galegos.

Para os que mercar o queixo Tetilla  deste fabricante poidera representar algunha dificultade, sempre poderán atopar resposta en https://www.daniberto.com/tienda/.
Queixo Tetilla Daniberto / queixosdegaicia.comImagen
'Daniberto', un clásico dos queixos San Simón da Costa, elebora tamén un 'Tetilla' incluído en Galicia Calidade

​Dous San Simón: Daniberto e Casleiras

Daniberto.- Quexería Daniberto naceu en 1992. Coa incorporción da segunda xeración ao negocio familar, comezaron a producirse  novos produtos, así como a mellora das instalacións e o incremento da produtividade. Desta factoría sae o seu San Simón (45 días de curación), de aproximadamente un quilogramo, e o 'bufón', duns 800 gramos (30 días de curación).

Está logo o San Simón Reserva, que inclúe modalidades como 'Carmen Chao', 'Monseivane' e 'Vilar de Lagares' todos eles rexistrados na marca Galicia Calidade.

O San Simón da Costa Daniberto afúmase en labras de vidueiro, o que lle dá un característico e diferenciado sabor que, segundo resalta o fabricante, convérteo nun produto "exclusivo"que o diferencia de todos os queixos galegos e, practicamente, de todos os queixos do mundo.

Elabórase con leite de vaca, pasteurizado e pode encontrarse en moitas tendas de Galicia e de España, así como en todo tipo de feiras anuais por todo o territorio español. Tamén pode solicitarse ao propio fabricante ([email protected]), xa que conta cunha tenda virtual plenamente operativa.
Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
'Daniberto', un San Simón da Costa acollido en Galicia Calidade

​Casleiras.- Sen desmerecer a outros fabricantes, Casleiras é outra das queixerías chairegas que elabora un San Simón codiciado por moitos consumidores. Trátase dun queixo curado, con matices a manteiga, abelá e co característico toque do fume. A maduración parte dun mínimo de 45 días, no formato grande, que se reduce a 30 días no caso do pequeno (bufón).

Casleiras (casleiras.com)  garantiza unha curación mínima destes queixos que, de feito, duplica a estipulada polo Consello Regulador da DOP San Simón da Costa. Conta con laboratorios propios  para someter aos seus queixos a controis nas distintas etapas de elaboración. E está baixo a supervisión de Galicia Calidade, marca que certifica a calidade do produto. 

Trátase da primeira queixería de Galicia en conseguir o selo de Galicia Calidade, recoñecemento que ten unha especial forza nas vendas cara ao exterior, sen esquecer o apoio recibido en todo o relacionado coa promoción.

Non fai falla abundar nos galardóns deste queixo que, como no resto dos da DOP, conta cun amplo abano de recoñecementos. O máis importante: a medalla de ouro, en 2012, na Word Cheasse Awards.
Queixería Casleiras / queixosdegalicia.com
'Casleiras' é o primeiro queixo incluído no selo Galicia Calidade
​
​Un Cebreiro: Santo André

Queixo fresco, queixo curado.- O fresco da DOP Queixo Cebreiro de Santo André, de fabricación natural, está listo para o consumo ás poucas horas do proceso de elaboración. Non se utiliza ningún tipo de aditivo nin conservante e preséntase en unidades etiquedas, cunha contraetiqueta na que se fai referencia a súa condición de Denominación de Orixe Protexida.

O proceso de fabricación do queixo curado desta fábrica lucense está contemplado igualmente pola denominación, que fixa un tempo mínimo de maduración de 50 días (Santo André chega ata os 70 días). O resultado é un produto dunha gran aceptación, que se vende por pezas ou en cuñas, cun sabor e singularidades especiais que, segundo os padales, dalle valor engadido ao fresco, xa de seu un queixo moi especial.

O 'Santo André', como os dos outros tres fabricantes acollidos actualmente a DOP Queixo Cebreiro (Castelo, Marqués de Cernadas e Queixos Fonchave) elabórase con leite pasteurizado de vaca. Ten unha feitura fácil de distinguir, semellante á dalgúns fungos ou á do tradicional gorro de cociñeiro, de formato cilíndrico e a parte superior máis ancha. Trátase dun queixo brando, de pasta branca e granulada, que no caso do curado que elabora 'Santo André' precisa -por esixencias da DOP- ese mínimo de 50 días madurando. Ese tempo de espera paga a pena.
Bo Nadal.

Queixería Santo André / queixosdegalicia.com
'Santo André' é a última queixería en incorporarse a Galicia Calidade
0 Comentarios

Castelo, Arquesán, Bo-queixo e Don Gabino: ouro na XXIII Cata dos Queixos

17/12/2020

0 Comentarios

 
Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Santiago de Compostela acolleu hoxe a XXIII edición da Cata dos Queixos de Galicia e XIX do Mel de Galicia

Castelo (Queixos Castelo de Brañas / Cebreiro ), Arquesán (Agro Despensa / Tetilla), Bo-queixo (José CastroTeo / Arzúa-Ulloa)  e don Gabino (Cristina Román Candamil / San Simón da Costa) son os gañadores na última edición da Cata dos Queixos e da XIX Cata dos Meles de Galicia, celebrada hoxe en Santiago de Compostela, nun acto que estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos.

José Gónzalez, destacou o prestixio da gastronomía galega en xeral e o dos queixos e meles en particular grazas á calidade das materias primas e do inmensurable esforzo do sector, nun ano atípico no que quedou claro que o medio rural é imprescindible.

Así, o titular de Medio Rural puxo en valor dúas das producións máis senlleiras do agro galego, resaltando que “estes produtos gardan neles a calidade que define a Galicia, que son mostra da nosa excepcionalidade”, dixo. Neste senso, sinalou que o reforzo desa calidade está asegurado a través da Estratexia de dinamización do sector lácteo. Este plan monográfico toma en consideración a produción de elaborados lácteos como o queixo, que reflexa a aposta do Goberno galego pola mellora e a promoción da calidade dos produtos lácteos galegos.
Relanzamento de Galicia Calidade

Así mesmo, mediante esta estratexia preténdese aumentar o peso das denominacións de orixe na transformación industrial, reforzando as campañas de promoción dos distintos selos de calidade no marco do relanzamento da marca 'Galicia Calidade', como punta de lanza para mellorar o posicionamento competitivo e a visibilidade do conxunto do sector, baseándose na calidade e na diferenciación. Tamén se traballará na adaptación dos formatos e envases dos queixos ás demandas de consumo e á tipoloxía dos fogares.

Nesta liña, o conselleiro matizou que se está traballando para mellorar, se cabe, o posicionamento dos produtos agroalimentarios no mercado, tanto nacional como internacional; na diversificación das producións e no fomento da industrialización no rural galego, xa que “o sector primario para Galicia é imprescindible, é garantía do noso porvir e é un motor esencial”, engadiu.

Falou tamen do papel das catas de Galicia, que promocionan uns produtos de alta calidade. Así, felicitou ás 29 industrias queixeiras e 25 industrias de mel que participaron nesta edición e gabou a profesionalidade destes sectores que, nun ano atípico, souberon saír adiante e fortalecer o prestixio da gastronomía galega.

Tres 'Galicia Calidade'

Entre os galardoados, por ser o tema que nos ocupa nestas últimas entregas de queixosdegalicia.com, están tres queixos galegos incluídos baixo algunha das Catro Denominaciós de Orixe Protexida e que forman parte de Galicia Calidade. Trátase de Daniberto, que obtibo o quinto posto nos Queixos Tetilla; Pazo de Anzuxao, que acadou o premio de prata para a DOP Arzúa Ulloa; e, de novo Daniberto ,cun 'bronce', para o seu queixo San Simón da Costa.

O datos

Un total de 86 mostras participaron na XXIII Cata dos Queixos e na XIX Cata dos Meles de Galicia, organizada pola Consellería do Medio Rural e os consellos reguladores das denominacións de orixe protexida (DOP) San Simón da Costa, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia.

Nesta vixésimo terceira edición, optaron a galardón 29 industrias queixeiras, cun número de mostras que se distribuíron da seguinte forma: 20 queixos inscritos da DOP Queixo Tetilla; 15 queixos na categoría DOP Arzúa-Ulloa e cinco queixos que competiron como Arzúa-Ulloa curado; sete pertencentes á DOP San Simón da Costa e dúas queixerías na categoría de queixo fresco da DOP Cebreiro. No caso dos meles, 25 industrias proveron 17 meles para concursar na categoría A, de meles monoflorais, e outras 20 para a categoría B, correspondente a meles multiflorais.

Os paneis de cata estiveron formados por profesionais experimentados vencellados ao ámbito da gastronomía, da hostalería, da comunicación e do sector agroalimentario. Eles foron os encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras que hoxe foron reveladas.

Meles
​
Nos meles, os 'ouros' foron, en multiflorais, para O poder das Flores, de Javier Carreiras Cuadrado, e en monoforais para Ouro Puro, de Iván Marrube Rodríguez.
 

Cata de Galicia 2020 / queixosdegalicia.com
Estes foron os gañadores da XXIII edición da Cata dos Queixos de Galicia e da XIX Cata dos Meles
0 Comentarios

'Anzuxao': un 'Arzúa-Ulloa' para este Nadal (4)

14/12/2020

1 Comentario

 
Lácteos Anzuxao / Queixos de Galicia.com
Lácteos Anzuxao, en Arzúa, na primeira e última feira de 2020 na que se puideron exaltar os queixos galegos
Gonzalo S. Lourido

Despois da selección de queixos feita estes últimos días para o Nadal, sen máis parámetros que o de pertenceren a ese selecto clube que promove Galicia Calidade, hoxe é a quenda do queixo da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, da man, neste caso, do que fabrica a queixería lalinense Lácteos Anzuxao. Trátase dun produto elaborado con leite de vaca pasteurizado, cunha ampla gama de formatos, que van desde os 800 gramos ou un quilogramo de peso para o consumo familiar, ata os dous e 3,7 quilogramos que demandan sectores como o hosteleiro.

Trátase dun queixo de pasta branda, de sabor suave e poucos ollos. Atendendo ás demandas dos consumidores, Lácteos Anzuxao elabora os seus produtos con menos sal do habitual.O leite de vaca utilizado procede de produtores rexistrados da comarca de Lalín e dáselle prioridade ao gando de pastoreo, o que resalta o fabricante que non fai máis que darlle valor engadido ao producto final. O resultado son uns queixos cunha cor máis amarela que melloran tanto a súa textura como o seu sabor.

Tanto a cremosidade como a suavidade son dúas das principais características deste queixo, en liña co que esixe a DOP Arzúa-Ulloa. Esas dúas características fan que o produto  sexa do gusto de todo tipo de padales. Non en van estamos a falar dunha denominación que, despois da DOP Queixo Manchego, é a que  vende máis en España.

O Arzúa-Ulloa Pazo de Anxuxao ten múltiples recoñecementos e galardóns e, desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta  de Galicia. Esta certificación supón para a queixería lalinense un recoñecemento máis para o seu produto e un plus de prestixo cara ao consumidor. Dese mesmo recoñecemento goza o seu queixo Tetilla.

Un 'porta a porta' de éxito

Un dos activos máis importantes de Lácteos Anxuxao é a venda 'porta a porta' en Galicia. Os consumidores reciben puntualmente os produtos no seu domicilio, o que supón unha tan tradicional como efectiva fórmula de fidelización. Unha flota de furgonetas sae todos os días a rúa para facer o reparto.

Pero se, pola contra, as demandas de produtos xorden desde calquer outro punto da Península Ibérica, pódense realizar pedidos a través do servizo e atención ao cliente do fabricante ([email protected]), que o envía por transporte ordinario ao domicilio do solicitante.

​
En breve: Bo Nadal cos queixos galegos! (e 5)

Lácteos Anzuzao / queixosdegalicia.com
Lácteos Anzuxao, en plena promoción do seu queixo Arzúa-Ulloa, anos atrás
1 Comentario

'Anzuxao', 'Daniberto', 'Feijoo':  tres 'tetillas' para o Nadal (3)

13/12/2020

1 Comentario

 
Lácteos Anzuxao / queixosdegalicia.com
Lácteos Anzuxao (Lalín /Pontevedra)
Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
Queixería Daniberto (Vilalba / Lugo)
Quesos Feijoo / queixosdegalicia.com
Quesos Feijoo (Celanova / Ourense)

Gonzalo Soto

Aínda que o queixo que máis se vende entre os galegos  é o da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa -o segundo de España en facturación, despois do queixo manchego- o 'Tetilla' é o que, probablemente, teña unha maior proxección internacional, en versión autorizada, neste caso, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida deste último. A súa impresión olfativa, o seu sabor suave, e a súa textura cremosa fano ideal para calquera momento e padal, segundo a DOP Qeixo Tetilla, e non lle falta razón. E neste contexto, a para o Nadal - á volta da esquina- unha selección: a dos queixos Tetilla incluídos en Galicia Calidade.

Entre as principais propiedades do queixo Tetilla está a dun arrecendo suave, lixeiramente acedo e que no seu conxunto lembra o leite do que procede. O seu sabor e aroma falan dun lácteo mateigoso, lixeiramente acedo e salgado suave.

O Consello Regulador resalta que poucos queixos como este posúen unha potencialidade culinaria semellante. Desde os aperitivos ás sobremesas, con receitas nas que a súa presenza ten unha especial relevancia. Funde moi ben, e permite gratinar gran cantidade de preparacións. Recheos con pementos, cogomelos, canelóns, verduras ou tomates son recursos seguros para gañar en sabor nos recheos. Están logo os aperitivos salgados, pinchos ou compangos, chulas, purés pasteliños ou tortas, nos que este queixo ten moito que aportar na preparación.

Anzuxao

O 'Tetilla' de Lácteos Anzuxao  (Lalín,Pontevedra / lacteosanzuxao.com) é un queixo de pasta cremosa e uniforme, con poucos ollos e sabor lácteo. En liña co resto dos produtos desta queixería, e tamén coas demandas dos consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos do mercado.

Este queixo conta con diversos recoñecementos e premios e,desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta un plus de prestixio cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o producto.

Lácteos Anxuzao é unha empresa que converteu en exelencia a súa venta 'porta a porta'. A actualidade manda, e hai que dicir que o queixo tetilla Pazo de Anzuxao recibiu  o pasado 22 de outubro o galardón acreditativo de Mellor Queixo Madurado de marca de España. Ao certame presentáronse máis de 220 propostas.

Daniberto

A queixería Daniberto (Vilalba, Lugo), que abriu no ano 1992, fai un queixo Tetilla  de leite pasteurizada de vaca, suave,  moi cremoso e cun exquisito sabor que lembra un pouco a manteiga. Este queixo que acumula recoñecementos,  como primeiro premio da DOP Tetilla na cata dos queixos e meles de Galicia, ofrécese  nos formatos de 900 e 1.200 gramos.
Para esta queixería, como para as restantes de Galicia, é importante darlle saída a moitos dos seus produtos, que quedaron no almacén despois da crise continuada a que, como o resto da economía, se viron sometidas. Esta é unha razón dabondo para que nestas festas se consuman queixos galegos.

Para os que mercar o queixo Tetilla  deste fabricante poidera representar alguna dificultade, sempre poderán atopar resposta en https://www.daniberto.com/tienda/.

Feijoo

Desde marzo de 2016, Quesos Feijoo (Celanova, Ourense) ten amparado o seu 'Tetilla' baixo o paraugas de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración na comunidade autónoma, pola súa materia prima ou deseño galegos, merecen esta distinción, unha vez contrastada mediante os controis establecidos.

É un recoñecemento que a esta empresa lle aporta aspectos tan interesantes como poder contar con clientes en Madrid, Barcelona ou Alacante. O feito de ter este selo oficial da Xunta de Galicia sinala o fabricante que lle da un "plus" ao seu 'tetilla' e que aos consumidores "gústalle velo".

Para este Nadal, o Tetilla de Feijoo pode atoparse nos habituais punto de venda e, en todo caso, facendo os pedidos directamente a [email protected].

'Tetilla' de Anzuxao / queixosdegalicia.com
'Tetilla' de Lácteos Anzuxao
Tetilla de Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
'Tetilla' de Queixería Daniberto
'Tetilla de Quesos Feijoo / queixosdegalicia.com
'Tetilla' de Quesos Feijoo
1 Comentario

'Daniberto' e 'Casleiras': dous 'San Simón' para este Nadal (2)

11/12/2020

0 Comentarios

 
Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
Daniberto expón os seus queixos na Feira de San Simón (2013)
Queixería Casleiras / queixosdegalicia.com
Casleiras foi a primeira queixería en obter o selo de Galicia Calidade
Gonzalo Soto
​As queixerías Daniberto e Casleiras teñen moito en común: excelentes produtos, como os queixos que fabrican -baixo a mesma denominación- no caso do San Simón da Costa; a proximidade e complicidade que dá ser orixinarios da mesma parroquia ou a de facer un produto que parece non ter competidores semellantes nos mercados nacionais e internacionais. E como é ben coñecido, parece que non hai ninguén -ou deben ser moi poucos-  os que non lle guste este queixo.  Pero máis aló destas circunstancias, imos falar dos dous queixos como propostas para este Nadal desde outra óptica, a de dispor da certificación de Galicia Calidade.

Desde 2014, por decisión da Xunta de Galicia, o selo Galicia Calidade é a 'marca paraugas' da economía galega para impulsar a súa competitividade nos mercados exteriores. Este é un factor moi acaído para a Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, xa que boa parte dos produtores están unidos para a proxección dos seus produtos no exterior.

O resultado é que, fóra, véndese todo o que se manda, porque se ofrece a mellor calidade, un producto exclusivo e a uns prezos máis que competitivos. Tanto é así, que a maioría dos fabricantes de San Simón da Costa aportan cara á exportación os seus produtos en común, sen marcas e baixo a Denominación de Orixe Protexida, cun éxito -crise a un lado- que non fai máis que medrar e de xerar novos mercados ao longo destes últimos anos. Por poñer un exemplo: Queixería Casleiras ten nas vendas do comercio exterior arredor dun 50% da súa facturación.

Daniberto

Quexería Daniberto naceu en 1992. Coa incorporción da segunda xeración ao negocio familar, comezaron a producirse  novos produtos, así como a mellora das instalacións e o incremento da produtividade. Desta factoría sae o seu San Simón (45 días de curación), de aproximadamente un quilogramo, e o 'bufón', duns 800 gramos (30 días de curación).
Está logo o San Simón Reserva, que inclúe modalidades como 'Carmen Chao', 'Monseivane' e 'Vilar de Lagares' todos eles rexistrados na marca Galicia Calidade.

O San Simón da Costa Daniberto afúmase en labras de vidueiro, o que lle da un característico e diferenciado sabor que, segundo resalta o fabricante, convérteo nun produto "exclusivo"que o diferencia de todos os queixos galegos e, practicamente, de todos os queixos do mundo.

Elabórase con leite de vaca, pasteurizado e pode encontrarse en moitas tendas de Galicia e de España, así como en todo tipo de feiras anuais por todo o territorio español. Tamén pode solicitarse ao propio fabricante ([email protected]), xa que conta cunha tenda virtual plenamente operativa.

Casleiras

Sen desmercer a outros fabricantes, Casleiras é outra das queixerías chairegas que elabora un San Simón codiciado por moitos consumidores. Trátase dun queixo curado, con matices a manteiga, abelá e co característico toque do fume. A maduración parte dun mínimo de 45 días, no formato grande, que se reduce a 30 días no caso do pequeno (bufón).

Casleiras (casleiras.com)  garantiza unha curación mínima destes queixos que, de feito, duplica a estipulada polo Consello Regulador da DOP San Simón da Costa. Conta con laboratorios propios  para someter aos seus queixos a controis nas distintas etapas de elaboración. E está baixo a supervisión de Galicia Calidade, marca que certifica a calidade do produto. 

Trátase da primeira queixería de Galicia en conseguir o selo de Galicia Calidade, recoñecemento que ten unha especial forza nas vendas cara ao exterior, sen olvidar o apoio recibido en todo o relacionado coa promoción.

Non fai falla abundar nos galardóns deste queixoque, como no resto dos da DOP, conta cun amplo abano de recoñecementos. O máis importante: a medalla de ouro, en 2012, na Word Cheasse Awards.
​
Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
Queixería Casleiras / queixosdegalicia.com
'San Simón da Costa' de Queixería Daniberto​                        'San Simon da Costa' de Queixería Casleiras

​

​En breve: 'Anzuxao', 'Daniberto' e 'Feijóo':  'tetillas' para o Nadal (3)
0 Comentarios

'Santo André': un 'Cebreiro' para este Nadal (1)

8/12/2020

0 Comentarios

 
Queixería Santo André / queixosdegalicia.com
O propietario de Santo André, Carlos Reija, exhibe na feira de exaltación dos queixos do Cebreiro (ano 2016) o premio do Salón de Gourmets ao seu queixo madurado

Gonzalo S. Lourido

A poucas xornadas  das Festas do Nadal, é importante ir aprovisionándose das mellores viandas, aos mellores prezos, sen esquecer que na cesta dos manxares para a Noiteboa, a fin de ano ou na festividade de Reis, non deben faltar unhas pezas dos mellores queixos galegos. Hai moito onde elixir, pero unha boa escolma, sen dúbida, pode vir nesta ocasión da man de Galicia Calidade e dos queixos que certifica. Todos os seleccionados para a ocasión están  acollidos a algunha das catro Denominacións de Orixe Protexida (DOP). O queixo do Cebreiro  Santo André é a última incorporación á empresa pública, que certificou a calidade de máis de 120 empresas e 400 produtos dos sectores máis representativos da economía galega

A queixería Santo André atópase no concello lucense de Castroverde, de onde saen, desde 2010, as tradicionais pezas de queixo do Cebreiro. Foi en agosto de 2014 cando empezou a producir o queixo curado, co que logrou gañar en 2015  o recoñecemento de mellor queixo de España no salón Gourmet de Madrid. Ao ano seguinte, o premio foi para o queixo fresco (medalla de prata)  e en anos sucesivos foi incorporando á vitrina dos galardóns recoñecementos similares, tanto para o  fresco como para o curado.

Santo André ten espazo hoxe -deixando a crise a un lado- nalgúns dos mercados madrileños máis puxantes. Produce de pezas de 500 gramos de queixo fresco e pezas de queixo curado de dous quilogramos, que distribúe en mercados, tendas especializadas (como Juncal, en Pontevedra, ou Seco, en Santiago)  en recoñecidos restaurantes galegos e noutros de Londres, Madrid, Valencia, Barcelona, Murcia ou Alacante. E mesmo coloca os seus produtos no mercado estadounidense, onde conta coa licencia FDA.

Apoiase moito este fabricante na figura do distribuidor -sabendo que o seu papel é o de facer queixos e mellorar sempre o proceso-, pero calquera pode facer pequenos pedidos polo whastapp e polo correo electrónico ([email protected]) a partir de dúas unidades de queixo curado ou oito de queixo fresco.

Queixo fresco, queixo curado

O fresco da DOP Queixo Cebreiro de Santo André, de fabricación natural, está listo para o consumo a poucas horas do proceso de elaboración. Non se utiliza ningún tipo de aditivo nin conservante e preséntase en unidades etiquedas, cunha contraetiqueta na que se fai referencia a súa condición de Denominación de Orixe Protexida.

O proceso de fabricación do queixo curado desta fábrica lucense está contemplado igualmente pola denominación, que fixa un tempo mínimo de maduración de 50 días (Santo André chega ata os 70 días). O resultado é un produto dunha gran aceptación, que se vende por pezas ou en cuñas, cun sabor e singularidades especiais que, segundo padales, dalle valor engadido ao fresco, xa de seu un queixo moi especial.

O 'Santo André', como os dos outros tres fabricantes acollidos actualmente a DOP Queixo Cebreiro (Castelo, Marqués de Cernadas e Queixos Fonchave) elabórase con leite pasteurizado de vaca. Ten unha feitura fácil de distinguir, semellante á dalgúns fungos ou á do tradicional gorro de cociñeiro, de formato cilíndrico e a parte superior máis ancha. Trátase dun queixo brando, de pasta branca e granulada, que no caso do curado que elabora 'Santo André' precisa -por esixencias da DOP- ese mínimo de 50 días madurando. Ese tempo de espera paga a pena.
 
En breve: 'Daniberto' e 'Casleiras': dous 'San Simón' para este Nadal (2)

Queixería Santro André / queixosdegalicia.com
Santo André fabrica en Castroverde (Lugo) o seu queixo fresco da DOP Cebreiro, xunto cun curado que non para de gañar adeptos
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia