Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

​A neve volve a Pedrafita na exaltación do queixo Cebreiro

29/3/2024

0 Comentarios

 
Festa do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.comFoto
Os organizadores cren que este ano foi o que contou con máis asistencia

G.S.L.

Do mesmo xeito que hai catro anos, a neve volveu estar presente este venres na celebración da Feira do Queixo do Cebreiro, que entrou este ano na súa 36 edición. Pero lonxe de converterse nun problema, volveu ser un excelente reclamo para os turistas, que tiveron un aliciente máis para desfrutar da xornada, como xa sucedera en 2018, aínda que daquela a caída fora mais copiosa.

En palabras do alcalde desde municipio da montaña lucense, José Luis Raposo, foi "a xusta neve dos turistas", xa que se puido andar polas rúas sen dificultade e houbo "unha excelente feira", que desde a perspectiva dos fabricantes do queixo Cebreiro traduciuse na venda total do produto.

A asistencia de público tampouco desmereceu en relación a anos anteriores. A primeira estimación do concello -organizador do encontro- é que mesmo puido haber más visitantes que en ningún outro ano.

En total, os postos de venda controlados polo concello foron arredor de cen, sen contar outros instalados nas inmediacións das naves nas que se concentra boa parte da actividade.

O pregón pronunciárono este año alumnos do CPI Uxío Novoneira, ocasión que aproveitou o rexedor municipal para recalcar que antes de finais de 2024 estará operativo o segundo dos tramos do viaducto da A-6 que se derrubaron.

Aumento da produción

A produción do queixo da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro foi en 2023 de 54.000 quilogramos, cun incremento camiño do 5%. Ao longo desde ano, agárdase a incorporación dun produtor, o que contribuirá sen dúbida a mellorar resultados ao peche do exercicio actual, segundo o presidente do consello regulador da DOP Queixo Cebreiro, Enrique Fernández, quen alude igualmente ao "tirón" que segue a ter a neve na celebración do feiral.  
​ 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.comFoto
Fonchave, Castelo e Santo André, as tres queixerías da DOP Cebreiro, vendérono todo

Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Alumnos do CPI Uxío Novoneira foron os pregoeiros deste ano

Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
O concello contabilizou arredor de cen postos de venda, ademais dos instalados nas inmediacións das naves municipais
0 Comentarios

O municipio de Friol racha as previsións de asistencia da 30 Feira do Queixo e  Pan de Ousá

25/3/2024

0 Comentarios

 
Feira do Queixo en Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Os asistentes xa se contaban por milleros no recinto feiral antes do mediodía

G.S.L.

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá segue a desbordar expectativas ata o punto de que as estimacións falan de máis de 30.000 asistentes na edición do domingo, 24 de marzo, mentres continúa anfianzándose "como un dos encontros gastronómicos máis importantes da comunidade autónoma", en palabras do alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos, para quen o recoñecemento de  Festa de Interese Turístico de Galicia está a supoñer un auténtico revulsivo.

Ademais dos milleiros de coches aparcados xa nas distintas entradas a Friol antes da inauguración do feiral, a medida que ía avanzando a mañá chegaban autobuses ateigados de xente procedentes de distintos puntos e o ir e vir de visitantes foi constante.  

Os queixeiros locais aportaron ao recinto feiral arredor de 10.000 pezas, mentres que as cinco panadarías asistentes despacharon outras 3.000. E como xa é habitual, os visitantes tiveron a oportunidade de degustar de balde queixo, pan e viño no posto municipal instalado a carón da gran carpa do reloxo, que, por unhas horas converteu a explanada cuberta nunha sorte de estación na que milleiros de  persoas entraban e saían sen présa, degustando e mercando.

Non é novidade dicir que as queixerías e as panadarías  venderon todas as existencias, e que camiño das dúas e media da tarde non había nada nos postos, aínda que as actividades continuaron no exterior.
A evolución desde encontro -que acadou este ano a edición número 30- foi moi positiva. Mesmo despois de saír da pandemia, xa no ano 2022, no que sinalou o rexedor municipal que "nos vimos desbordados". No 2023 seguiu o crecemento en canto a visitantes, mentres que na edición actual a asistencia volveu a subir.

Máis leite, máis queixo

A produción de queixo neste concello lucense ten unha subida sostida, en liña coa produción de leite. Mantense o número de queixerías artesanais -tres-mentres que hai pouco rexistrouse a venda dunha queixería instalada no polígono local - Queixos Zolle-, que foi adquirida por unha empresaria de Miami (Florida/Estados Unidos), que pretende duplicar cando menos a produción no prazo dun ou dous anos.

Crecemento parello á calidade

A curto e medio prazo, José Ángel Santos prevé que o crecemento na produción de queixo vai ser constante. Pero ten que ser unha evolución que entende que debe ir parella sempre coa calidade. "É algo que lle  digo moitas veces ás queixeiras e aos panadeiros".

​Ademais dunha evolución nos últimos anos que considera "evidente", o alcalde friolense salienta que "ten que seguir ese proceso de modernización e evolución da produción, pero mantendo sempre a calidade coa que se identifican", conclúe.

Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comFoto
Nas inmediacións da Praza Andón Cebreiro colocáronse ducias de postos de venda


Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comFoto
As queixerías non pararon de vender na xornada dominical, ata acabar coas existencias

Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Os produtores lácteos tradicionais teñen cada ano os seus clientes incondicionais nesta festa do queixo

Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Tan solicitadas como as queixerías estiveron as panadarías, que elaboraron cada unha para a ocasión unhas 600 pezas do mellor pan
0 Comentarios

Moeche:  amálgama de queixos e visitantes e consolidación do feiral

18/3/2024

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.comFoto
Ás dúas da tarde, postos como o da queixería do 'Cebreiro' Santo André xa non tiñan existencias

A​.S.Rocha

O Concello coruñés de Moeche volveu deixar claro outra vez que o queixo gústalle a grandes e a pequechos e que unha festa anual dedicada ao produto é un excelente reclamo para saír das rutinas diarias e deixarse levar polos gustos tradicionais, as novidades e para facer unha amálgama gastronómica de sabores…,  e de visitantes, ao tempo que se impulsa a economía local.

Tal foi, porque camiño das dúas da tarde do domingo,  quedou patente que o xentío mercou moito queixo no recinto feiral, até o punto que, daquela, algúns postos xa non contaban con existencias e outros ían e viñan na procura de novos avituallamentos.

Sábado para profesionais

A fin de semana houbo na capitalidade do municipio dous encontros ben diferenciados. O sábado, 16,  o programa centróuse na presentación da Ruta QueRed e dos fabricantes presentes, na sesión formativa 'Queixos artesáns e requeixos normativos' e na degustación de queixos artesáns. Foi unha xornada para profesionais do gremio.

Esta fórmula, que se traduciu para o Concello na I Feira Estatal de Queixerías Artesás QueRed, tivo unha boa acollida e o sábado pola tarde falouse da normativa de como se monta unha empresa destas cararacterísticas. Neste sentido, lembrou a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, que no municipio estase a montar unha queixería artesá,  que recibiu moita e boa información sobre todo o proceso. De prosperar -que todo parece que si, porque presentou xa no feiral os seus folletos promocionais- , será a segunda queixería de Moeche.

Da asociación QueRed participaron 22 queixerías, ás que lle hai que sumar outras oito que son de fóra do colectivo.  En total foron 39. O último bloque (nove queixerías)  foi o dos fabricantes galegos, cunha especial presencia dos de Ferrolterra. A todo isto hai que engadirlle 19 postros de alimentación.

Domingo para visitantes

 Na xornada dominical, na celebración xa da VI Feira do Queixo, houbo miles de visitantes, confirmados polas prazas de aparcamento habilitadas e ocupadas. A asistencia valórase este ano como a mellor. E volveuse comprobar que a xente merca queixo na Feira de Moeche, co que, camiño dos dous lustros -incluídos os anos  baldíos do tempo do virus da covid-, hai xa unha clara consolidación.

Xa que logo, unha boa acollida nesta edición, o reforzamento dun feiral que non perde corda e o desexo entusiasta de chegar ao medio século do que desfrutará en 2025 a festa  de exaltación do paladín dos queixos galegos  -o Arzúa-Ulloa- resumen o ideario para a ocasión da rexedora dos modestinos. 

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
O tempo de comer foi valeirando o recinto feiral, que tivo nas dúas horas anteriores pleno total


Foto
O Concello modestino contará cunha fábrica artesanal, xunto coa actual de Quesos de Moeche

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.comFoto
Queso Galmesán, de Arzúa, recuncou na Feira do Queixo de Moeche

Feira do Queixo de Moeche  / queixosdegalicia.comFoto
Da asociación española QueRed, participaron 22 pequenos fabricantes
0 Comentarios

Moeche adobíase con queixos de toda España para promocionar o seu

12/3/2024

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.comFoto
Queixos Brigantia, de San ¨Sadurniño (A Coruña), na feira de 2023
G.S. L.

Xa hai datas, produtores e programa. Falta comezar coa festa. O Concello coruñés de Moeche, que adianta este ano a celebración anual, será nuns días o centro de atención do mundo queixeiro galego. Por partida dobre, xa que xunto coa celebración da VI Feira do Queixo, ofrécese a I Feira das Queixarías Artesás QueRed. Abrirá as portas a vindeira fin de semana, co domingo, 17,como día grande, para que os amantes do produto poidan participar activamente.

O obxectivo do encontro non é outro que por en valor este produto e reivindicar o papel do sector leiteiro; e contou nestas últimas edicións cun amplo respaldo popular. Pero este ano, a convocatoria  amplíase a dous días, para poder acoller a I Feira das Queixarías Artesás QueRed, organizada en colaboración coa rede estatal desta marca, que ten entre os seus obxectivos a interlocución coas administracións públicas para mellorar o marco normativo e informar, formar e promocionar aos seus asociados. Masa crítica para impulsar o produto haina, porque  engloba a máis de 300 pequenos produtores e empresas relacionadas co mundo do queixo.

Tamén é membro QueRed da Farmhouse and Artisan Cheese and Dairy Producers European Networtk -presente en 15 países- e participou ata agora en eventos como o Salón de Gourmets (Madrid), o Festival Slow Food (Bra-Italia) ou na Festa da Trashumancia (Madrid).

Máis de 40 queixerías

Más de corenta queixerías expresaron a súa intención de estar nesta feira, na que compartirán espazo firmas locais, galegas e as chegadas de distintos puntos de España.

O sábado, 16 de marzo, dedicarase a actividades sectoriais, con encontros profesionais, accions formativas, presentación de QueRede ou actuacións musicais. Non haberá neste primeiro día venda directa de produtos ao público.

O domingo, 17, día grande do encontro, o recinto feiral abrirá ás 10 da maña. As actividades son múltiples e para todos os públicos e incluirase o Tren do Queixo -con saída e regreso á estación de Ferrol- e visitas programadas ao castelo de Moeche.

O apoio loxístico e económico para o desenvolvemento do encontro estatal representa unha grande oportunidade para este municipio coruñés e para dar a coñercer dentro e fóra os queixos que se fan na zona, segundo resalta a rexedora municipal, Beatriz Bascoy.    

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
A Cooperativa Campo Capela levou tamén os seus queixos de leite cru o ano pasado á Feira de Moeche

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.comFoto
O queixo local é motor, xunto coa produción leiteira, da feira anual de Moeche

0 Comentarios

Arzúa volveu ser unha festa de queixo, música e asistencia

3/3/2024

0 Comentarios

 
49 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.comFoto
A xente abarrotou este domingo o recinto 'Terra do Queixo'


A.S.R.

A Festa do Queixo de Arzúa volveu responder ás expectivas, chegando a superar incluso as cifras de anos pasados. Así que  o recinto feiral 'Terra do Queixo' rebosou este domingo e durante horas houbo que esperar quenda para mercar nos máis de sesenta postos e escoller entre centos de propostas. O cartel musical da fin de semana congregou tamén a milleiros de asistentes incondicionais,  ávidos da boa música, e sen ter que pasar polo portelo. E da asistencia, un dato ben significativo, os  máis de corenta autobuses que se achegaron ata a vila coruñesa con xente disposta a desfrutar da xornada.

E aínda que fixo frío, e chuviscou de vez en cando, parece que as inclemencias non botaron para atrás a ninguén, xa que nos postos de venda a pé de rúa, no comercio e na hostalería locais houbo tamén unha importante resposta, que supón un considerable retorno  por cada euro que se gastou. Pero isto non é novidade, senón unha constante de edicións anteriores.
 
Este encontro de promoción do queixo da denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa chegou este ano á súa 49 edición, polo que de cara a 2025 xa se falou días atrás de crear unha comisión de traballo para ofrecer daquela unha celebración á altura que a ocasión merece.

Control do gasto e…, da carteira

E xa se sabe que, en acontecementos coma este, que logran reunir un ano con outro uns 50.000 visitantes, é convinte axustar os gastos, sen esquecer non lle dar facilidades aos amigos das carteiras alleas.

Cara ao mediodía do domingo, despois de varios pequenos furtos e alomenos dúas billeteiras que cambiaron de dono, a megafonía do recinto da 'Feira do Queixo' repetíu, no nome da Policía Local, e cada pouco tempo,  iso tan recomendado en concentracións populares de 'ter coidado coas carteiras', non formar rodopíos e tapóns nos cruces do recinto feiral, camiñar con fluidez e, xa postos,: "mercar queixo". O consello foi acollido na práctica con 'división de opinións'.

'Arzúa para todos'

Son datos aínda provisionais: a produción do queixo Arzúa-Ulloa medrou un 4,67 por cento por riba do 2022, un novo rédord e 5 anos consecutivos subindo. En resume, 4.445.000 queixos producidos e certificados en 2023, que traducido en quilogramos supón 4.018.000.

49 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.comFoto
A Policía Local tivo que informar por megafonía e entre os visitantes que tivesen 'coidado coas carteiras'


0 Comentarios

"O queixo Arzúa casa ben con auga, con viño e con música..."

1/3/2024

0 Comentarios

 
Guadi Galego, cantante 
Festa do Queixo Guadi Galego / queixosdegalicia.comFoto
Guadi Galego non oculta a súa preferencia polo queixo Arzúa-Ulloa

​A.S. Rocha

As mulleres galegas porán o vindeiro domingo, 3 de marzo, en Arzúa, (A Coruña) o " broche de ouro" da 49 Festa do Queixo, en palabras de Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes do país. Na proposta, ademais da actuación da cedeiresa, inclúese a intevención de De Vacas (sesión vermú) e Fillas de Casandra (concerto de peche). Hai na chiscadela de Guadi unha aposta polas matriarcas, "aloitadoras, conquistadoras, billantes activistas da vida cotiá…". Será a mellor música, só con pasar pola taquilla 'de balde', e a cuberto, por se chove. Pero quedaría incompleto o repertorio se non se incluíuse o pregón mañá sábado da actriz viguesa María Vázquez, e tamén das actuacións de Tu Futura Ex Mujer, La Plazuela, Grande Amore e unha das bandas do momento: Arde Bogotá. E, por resumir, se saíran gastronómica e  culturalmente 'a bailar', Guadi Galego apostaría sen reservas  por un  Arzúa-Ulla e por 'chea de vida'. Sexa.
 
Pregunta.- É a segunda vez que vén a este festival; música e queixo casan ben…

Resposta.- Ai!, o queixo casa ben con todo (rí a fartar). O queixo, se é o de Arzúa, casa ben, con auga, con viño e con música…

P.- Entón, o seu queixo galego de cabeceira debe ser…

R.- O Arzúa. Sempre.

P.- En Cedeira non hai fábricantes de queixo…

R.- Non, non hai, así que non hai que quedar ben. Eu son do Arzúa.

P.- E se houbese que emparellar este queixo cunha canción súa, cal sería?

R.- Unha canción miña que poida ir ben co queixo…, co queixo…,  chea de vida, non? (Volve rír)

P.- Podemos remitir ao lector a un enlace para compartir esta canción mentres enceta un queixo que se sabe suave, cremoso e dun amplo mundo de sensacións gustativas…

R.- Si, moi ben.

Mil nenos cantando 'chea de vida'
 
P.-  Cantas veces viu ese emblemático vídeo '1.000 nenos e nenas cantan chea de vida'?

P.- Vino, vino…, os meus fillos vírino máis que eu, coido, porque aos nenos gústalle ver nenos, entón, chámalles moito a atención. É fermoso.

R.- Foi unha idea de Ramón Bermejo, mestre director de coro.

P.- Mestre, como vostede…

R.- En excedencia…

P.- E como ve a incorporación dos escolares ao consumo dun alimento tan completo como o queixo galego,  hai que ter algún coidado?

R.-  Ben, no caso dos escolares,  menos coidado, porque non teñen colesterol.

P.- Parece que se consome pouco queixo nos colexios, pero tamén está moi baixa a cota do consumo en xeral dos galegos.

R.- Eu subo a media. Na miña casa consómese moito queixo, por hábito.

'Síntese Horizonte'

P.- No plano profesional, cales son as súas propostas a corto/medio prazo?

R.- Estamos presentando unha xeira que se chama 'Síntese Horizonte' que é específica para teatros. Logo estamos adaptando todo ese repertorio para poder facer en espazos mais para fóra, como este que imos facer en  Arzúa; de feito, esta é nosa primeira adaptación.

 E imos tocar por toda a xeografía do país, con moitas ganas, mostrando a nosa música de autora que especifiquei antes - na presentración da festa do queixo Arzúa-Ulla-; unha autora de cincuenta anos, que teño 25 de carreira, moitas cancións e que continúo a ter ilusión, o que coido que segue a ser importante desde a madurez, mostrar a ilusión e desexo de seguir creando e cunha expectativa moi alta, porque está funcionando moi ben e hai moitas ganas de velo e a saber se lle chega á xente, cun equipo íntegramente galego e nove persoas enriba do palco, que case non se estila xa…

P.- Unha superestrutura en danza…

R.- Para o que hai, somos unha superestructura; só en equipo humano somos unha estrutura grande para o que é o habitual. Seguramente somos o equipo  máis grande que vai enriba do palco neste festival. 

Foto
A cantante cedeirense, na presentación da 49 Festa do Queixo, xunto co alcalde de Arzúa
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia