Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Friol: máis de medio millón de euros en vendas

20/3/2022

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comImagen
Os visitantes acudiron ese domingo masivamente á cita cos queixos de Friol e o pan de Ousá
A.S.Rocha

É difícil afinar tanto sobre o importe das vendas como da asistencia a cada edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. Aínda así, na que se celebrou hoxe, sinálase que podería pasar do medio millón de euros en transaccións.  E, por asistencia -non xa de visitantes, senón polos milleiros de coches que se achegaron ata o concello-,  cabe tamén facerse unha idea. A partir destes argumentos, do que si se pode falar, e dun "éxito total", en liña coa versión oficial.

Facer estimacións non é doado,  pero hoxe, poucos minutos  antes de que se abrise a caseta municipial para agasallar aos visitantes cun viño e á degustación do queixo local, o rexedor municipal, José Ángel Santos,  sinalaba que en 2019 quísoxe evaluar o que podería quedar o día do feiral no concello. A estimación daquela estableceuse no medio millón de euros. "Posiblemente, hoxe, poderiamos incrementar ese importe", manifestou.

A estimación de asistencia coñecerase nos próximos días. Un primeiro balance sobre o número de coches que chegaron á localidade correspóndelle á Garda Civil  e podería coñecerse hoxe mesmo.

A Friol ven cada ano xente de moi diversa procedencia. Apuntou o alcalde neste sentido que hoxe estaban aparcados nas proximidades do feiral dous autobuses asturianos con xente visitando casetas e facendo compras.  E engadiu que a proposta callou tamén noutras autonomías, como a de Castela e León, "desde onde tamén nos chegan visitantes", dixo , e incluso desde Portugal.

Ao que madruga…

E en cuestión de oferta, aínda que o recinto feiral abre as súas portas - previo reparto de postos de venda-, ás dez e media da mañá- hai que andar prestos para facerse coas mellores pezas. Non en van, lembrou o alcalde que "hoxe, as dúas da tarde, seguro que non vai haber nada", nin queixo nin pan, claro. O prognóstico non é aventurado, é a repetición dun feito que se produce ano tras ano.

Durante a xornada dominical é tamén moi importante a vertente lúdica, a gastronómica - co  polbo como un dos produtos estrela-, a oferta feiral para mercar de todo un pouco segundo necesidades e petos, e a musical. O sabor  doce do peche da festa deste ano póñeno 'Os Satélites', que desde 1938 levan dando voltas con éxito polo panorama musical. 

Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comImagen
Por mor da pandemia, os postos de venda dos queixos estiveron separados uns dos outros
0 Comentarios

Próxima parada: Friol

15/3/2022

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comImagen
Este ano exporanse na feira preto de 14.000 queixos e máis de 4.000 pezas de pan
QdeG

Despois do inicio en Arzúa da campaña de promoción dos queixos galegos para 2022, toca agora o tempo da exaltación do produto na 28 Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. Será o vindeiro día 20 e acudirán á cita preto de 90 queixeiras, que porán á venda unhas 14.000 pezas, que estarán flanquedas por outras 4.000 de pan. Como de costume, cabe esperar que se vendan as existencias.

Tras a obrigada parada da feira os últimos anos no concello lucense, por mor da pandemia, a actividade volverase concentrar o próximo domingo arredor da carpa situada na praza Antón Cebreiro.  No seu interior estarán as queixerías do municipio. Fóra, haberá tamén unha ampla mostra do queixo que se fai nos concellos da contorna. Na carpa, aló pola unha da tarde, ofrecerase un viño e a degustación gratuita do queixo de Friol e do pan de Ousá.

Arredor da carpa instalaranse outros postos de venda de produtos agroalimentarios do municipio. Serán este ano, postos independentes, sen contacto cos espositores máis próximos, para reforzar as medidas sanitarias de seguridade.

E nas inmediacións, xa na praza Rosalía de Catro, estarán os vendedores de produtos de diferentes sectores, como os do textil ou o artesano, sen olvidar espirituosos como viños, sidras ou licores.

Gran dinamizador da activide económica local

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, tal e como sinala o alcalde friolense, José Ángel Santos, é "o maior polo de atracción de visitantes" co que conta o municipio, así como un referente clave co que presentarse cara a comunidade autónoma.

Programa e medidas de control contra a covid

Para reforzar sanitariamente o programa de actividades previsto para a xornada dominical, o Concello tomará medidas co obxecto de evitar problemas coa covid. Así, o rexedor municipal sinalou que se reordenarán os espazos interiores para cumprir coa normativa vixente. Reforzaranse "os protocolos de sanidade, seguridade, limpeza e desinfección", para maior tranqulidade de expositores e visitantes.

A apertura da feira está prevista para as once da mañá. Haberá diversos actos e propostas ao longo da xornada, á que porá punto e final a actuación da Orquestra Los Satélites, ás dez e media da noite. 
Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comImagen
Nas inmediacións da carpa poderán mercarse diversos produtos da contorna
0 Comentarios

Festa do Queixo, éxito redondo

8/3/2022

0 Comentarios

 
47ª Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
O recinto 'Terra do Queixo' ao mediodía. Vendedores e sector hostaleiro mostráronse moi satisfeitos polas vendas e pola afluencia de público
​QdeG

A 47ª edición da Festa do Queixo de Galicia pechou o pasado fin de semana ao gusto de todos, dos organizadores, que consideran que foi un "rotundo éxito"; dos asistentes, que sen chegar a cifras de anos atrás, contáronse por milleiros e non tiveron atrancos importantes na vila e no recinto feiral; e de vendedores, que tamén contaron coa oportunidade de volver expoñer os seus produtos e facer caixa despois de moitos meses de pandemia.

O éxito de público valora o Concello de Arzúa -o organizador do evento- que quedou reflectido  especialmente na alta participación nas actividades programadas. Especialmente destascable foi a afluencia do sábado, na que as novas xeracións puideron desfrutar das actuación musicais de Marc Seguí e Zahara.

O domingo, despois dun discreto número de visitantes ao abrir o feiral, as rúas e  o recinto 'Terra do Queixo' foron incrementando asistencia, ata chegar a facer colas para degustar e mercar queixos, aínda que houbo fluidez o tempo de espera foi mínimo. E non faltou de nada na xornada, sol e terrazas cheas e algunhas gotas de choiva  con desbandada xeral para porse a colleito.  E tampoco faltaron os habituais avisos por megafonía recomendando prestarlle máis atención as carteiras, despois dalgunhas denuncias.

O recinto feiral pechou o domingo ás seis e media do serán, cando Ailá soaba xa na carpa, anticipando un peche de festa moi agardado, coa actuación de Guadi Galego.

A Festa do Queixo de Arzúa abre a temporada anual das celebracións para exaltar os queixos galegos. O próximo encontro será o 20 de marzo, coa celebración da 28 Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. 

47ª Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
A previsión: non máis de 800 visitantes no recinto 'Terra do Queixo'. Acudiron milleiros de persoas e a fluidez foi unha constante na cola para entrar
0 Comentarios

Domingo de queixos

5/3/2022

0 Comentarios

 
47 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.com
A Festa do Queixo de Arzúa volverá convocar este domingo milleiros de visitantes

Gonzalo S. Lourido
​

Xusto no momento no que se acaba de confirmar oficialmente a celebración da segunda feira de queixos deste ano en Galicia -a de Friol, que, como se sabe, vai da man do pan de Ousá-  quedan moi poucas horas para entrar pola porta grande do recinto feiral Terra do Queixo de Arzúa. Aquí, máis de medio cento de queixerías recibirán este domingo a miles de visitantes interesados en mercar algunha peza para degustar este mes de marzo no que andamos. É festa, é gastronomía e moitas cousas máis.

E supón unha aproximación á normalidade, que os organizadores esperan que sexa 'ordenada' e con ese 'sentidiño' que desde hai dous anos se reclama e se practica. No recinto feiral 'Terra do Queixo' hai 56 casetas para a venda do produto. Noutras dez presentanse outras propostas difererentes e igualmente interesantes. A entrada é de balde, coma sempre, e habilitouse un único acceso de entrada e saída, co que en todo momento se manterá no recinto o límite de visitas establecido. Faguerase bo en certa medida  o dito de que  'antes de entrar, deixen saír'.

'Terra do Queixo', que xa abriu este sábado, poderá visitarse o domingo entre as dez da mañá e seis e media do serán. Nas casetas haberá unha oferta moi variada e de diversa procedencia, na que se inclúe o segundo queixo máis vendido das denominacións de orixe protexida (DOP) de España, adiviñen cal é? Pois sí, o Arzúa- Ulloa.

 E estarán tamén as mesas dos queixos que en cada edición desta festa ofrecen os produtores lácteos tradicionais (PLTs), que serán cinco para a ocasión, e que contan cun público incondicional, amante do queixo de sempre. Todos os queixos, tanto industriais como artesanais, e o resto dos produtos alimentarios, teñen o  obrigatorio rexistro sanitario.

Recomendacións para a conservación do Arzúa-Ulloa
​
Lembran os impulsores da festa -Concello e DOP Arzúa-Ulloa-  que este queixo arzuán segue madurando co tempo, polo que non se recomenda gardalo envolto en filme transparente ou papel de aluminio, xa que precisa respirar. Aconséllase gardalo nun lugar libre de cheiros fortes e a unha temperatura constante de uns 8-10ºC. Cómpre deixalo a temperatura ambiente un par de horas antes de degustalo, para poder apreciar mellor os seus aromas, sabores e texturas. O resultado será un queixo "boísimo".
​
47 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comImagen
Os produtores lácteos tradicionais volven ter seu espazo para os amantes dos queixos de sempre
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia