Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

68 mostras compiten na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

30/11/2015

1 Comentario

 
Cata dos Queixos de 2014 / queixosdegalicia.com
En 2014 presentáronse á cata anual dos queixos de Galicia 59 mostas das catro denominacións de orixe
Este mércores 2 de decembro comeza en Santiago de Compostela a XVIII Cata dos Queixos de Galicia, que contará neste nesta ocasión cun total de 68 mostras participantes, nove máis que na edición de 2014.

O certame, que se celebra conxuntamente co da Cata dos Meles de Galicia, está organizado pola Consellería de Medio Rural, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas. Como ven sendo habitual, os catadores daranse cita no santiagués Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, en Lamas do Abade.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, das 68 mostras que se presentan, 28 corresponden á Denominación de Orixe Protexida Queixo (DOP) de Tetilla, outras 28 a DOP Arzúa-Ulloa, nove á DOP San Simón da Costa e tres á DOP Cebreiro.

Cata cega
Esta cata a cegas anual dos queixos galegos acollidos a alguna das catro denominacións de orixe protexidas, garante o anonimato das mostas en todo momento, de xeito que os queixos premiados non se coñecerán ata que se faga a entrega dos galardóns.

Un grupo de expertos en análise sensorial encargarase de escoller os mellores queixos. Este grupo de catadores está composto por persoal do Panel de Cata dos Queixos de Galicia e mestres de hostalería, así como por recoñecidos escritores expertos en gastronomía e cociñeiros de recoñecido prestixio.

No que se refire á XIV Cata dos Meles de Galicia, a participación ascende nesta ocasión a 22 mostras, das que 13 corresponden á categoría de multiflorales e nove á de monoflorales. O mel presentado a concurso debe pertencer á colleita do ano 2015 e estar previamente certificado e sometido aos controis do Consello Regulador. 

1 Comentario

Queixo e Albariño, sabor a Galicia

18/11/2015

 
ImagenPalo Santo e Albarino, sedución do padal
​O queixo 'Palo Santo al vino Albariño' é unha das apostas fortes de Central Lechera Gallega  para os próximos anos. Supón tamén un bo traballo, ben estudado e desenvolvido, que recolle a ensamblaxe en orixe ou directa maridaxe de dous produtos de calidade contrastada en Galicia, o viño Albariño, da denominación de orixe Rías Baixas, e o referido queixo.

Hai arredor dun ano, e como un produto orientado fundamentalmente á exportación, saíu da fábrica, en Cuntis (Pontevedra) o 'Palo Santo al vino Albariño'. O obxectivo era dar ideas ás demandas dos consumidores de fóra, interesados en novas propostas, con queixos semicurados, neste caso de vaca.

Casan e casan ben, e entenden os seus impulsores que van ser parella para quedar no mercado. Na enquisa rápida cara aos amantes dos queixos, fálase de que se trata dun produto semicurado, cremosiño, que deixa un regusto moi suave ao Albariño, e que como pasa no caso do propio queixo 'Palo Santo', parece non cansar.

Desde que saíu á venda, foron facéndose probas diversas, na busca dun sabor óptimo, e chegouse á conclusión de que a partir dun  mes ou mes e medio, o viño Albariño empezaba a notarse cunha suavidade 'intensa' no queixo.  

Prezo
É, sen dúbida, un traballo ben feito, que segue a gañar adeptos nun comercio tan interesante como o exterior. E o prezo é tamén moi competitivo, posto que para os consumidores do 'Palo Santo' ten esta variedade un coste engadido dun euro ou pouco máis por peza. Ou sexa, que se está a falar de sete euros no primeiro caso e oito ou oito euros e cincuenta céntimos,como moito,  no  caso do 'tocado' con ese efluvio dun caldo das ribeiras vitivinícolas galegas polo que devecen mercados como o dos Estados Unidos.

Do produto gustan tamén outros como o madrileño ou o catalán, amplos e con significativa presenza galega. Hai que adaptarse as propostas e demandas que vaian xurdindo. Pero este queixo ten tamén moito percorrido no mercado galego, aínda que as expectativas estean encamiñadas cara países interesados por produtos novos e atrevidos, capaces de seducir aos mellores padales.

Parece que están feitos un para o outro, pero o certo é que o binomio Palo Santo-Albariño, debe gañar, se cabe, cunha botella do caldo cambadés, ou con calquera outro das Rías Baixas. Non en balde, chega a denominación do mesmo nome ata o municipo de Cuntis.

Do Albariño ao chocolate?
Se queixo e viño tan singulares se levan ben, hai probas e proxectos na Central Lechera Gallega que falan de investigacións en asociacións como a do queixo co chocolate,as  olivas ou o xamón. Non é nada novo isto da innovación, porque así se tentou xa nos inicios da empresa láctea.

Nas instalacións faise tamén queixo da denominación de orixe Tetilla e, non hai queixo  Arzúa-Ulloa porque, non hai moito, cando se ampliou ata a Estrada a denominación, "nos rezabamos para que ampliara ata Cuntis",  lamenta a xefa de compras de Central Lechera Gallega, Estefanía Rozados. Ampliouse á zona do Deza, ata a Estrada, "e quedamos fóra por doce quilómetros, sabendo que había aquí, en Cuntís unha empresa láctea", engade.
​
Sinala Estefanía Rozados que este queixo sen denominación mantén o nome de "queixo do país", que se vende co nome de 'San Paulín', un dos queixos da fábrica que goza de maior aceptación.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia