Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Arzúa-Ulloa, volve ás rúas a festa do queixo que anuncia a primavera

19/2/2022

0 Comentarios

 
47 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Alcalde de Arzúa e concelleira de Cultura, na presentación, o pasado xoves, da 47 Festa do Queixo
A.S.Rocha

Arzúa celebra os vindeiros 4,5 e 6 de marzo a súa 47 Festa do Queixo. Despois de moitos desacougos e incertezas e dunha edición -o ano pasado- que quedou nunha celebración dixital, en 'streaming', o econtro volve ás rúas e será o máis parecido posible "ao normal", segundo anunciou esta semana o alcalde do municipio coruñés, José Luis García, na presentación do evento.

Para lograr este obxectivo, se algunha partida orzamentaria se incrementa este ano é a da seguridade. Haberá polo tanto, controis de entradas e saídas ao recinto Feira Terra do Queixo e unha  limitación de asistentes más reducida, pero os concertos seguirán sendo gratuítos. E, na rúa, tamén se contará con reforzos importantes, por exemplo, de axentes das policías municipais da contorna.

Este ano, a presentación da Festa do Queixo celebrouse a poucos quilometros  de Arzúa, na Queixería Verbas (Granxa A Curiscada-Burres) , na que se elabora un queixo con leite crú, á espera só do visto e prace oficial da Administración para respaldar o queixo artesanal que xa fabrican  co amparado, agora, Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

56 postos con queixos

Na festa instalaranse  56 casetas para a venda de queixo, ademais doutras dez para expoñer  produtos diversos. A entrada ao recinto feiral Terra do Queixo estará controlada para  manter en todo momento o máximo permitido de asistentes, polo que haberá un único acceso de entrada e saída.

Acudirán, ademais de queixerías das catro denominacións de orixe protexida (DOP) galegas, outros recoñecidos queixos chegados de Francia, Italia, Asturias, Aragón, Baleares, León, A Mancha ou Estremadura. Os anfitrións aportan 12 queixerías da DOP Arzúa-Ulloa, xunto a outras seis con certificado de Produtores Lácteos Tradicionais (PLT). Tanto os queixos industriais como os artesanais e o resto dos productos alimentarios contarán co obrigatorio rexistro sanitario.

No primeiro andar celebraranse as actividades infantís do Pequequeixos, un concurso de escritura e haberá diversas sorpresas.

Festival do Queixo

As condicións de acceso  polo miúdo ao Festival do Queixo pódense atopar na páxina número 30 do programa aínda que, a grandes rasgos, haberá que reservar entrada; pero todos os concertos seguiranse celebrando baixo carpa, e serán de balde.

Neste caso haberá tamén limitación de entrada, estimada actualmente  en 1.000 persoas por concerto, que poderán estar de pé, pero usando sempre a máscara.  E non haberá mostradores para o consumo de bebidas,  nin se poderá acceder ao interior con elas nin con comida.

Adiantou o alcalde -que compareceu xunto coa conselleira de Cultura, Aurora Varela,- que a reserva de entradas para  pregón, o sábado ao mediodía, para a actuación do 'Queixo maquetón' -que terá lugar a continuación- e para a sesión vermú (o domingo), realizaranse nas oficinas de Cultura do Concello. Para os concertos da noite do sábado terase que reservar a entrada para cada un deles 'online' en www.ataquilla.com.

Charlas e encontros sobre os queixos, exposicións, concurso de tapas e petiscos, catas comentadas ou os premios 'Arzuáns do ano 2021', constitúen outros dos atractivos destes tres días intensos de festa, cun pregón que ofrecerá a médico viguesa Susana Rodríguez,  campioa paralímpica en Triatlón en Tokio, catro veces campioa do mundo e dúas veces campioa de Europa. 
​
Festa do Queixo-Queixería Verbas /  queixosdegalicia.com
A presentación fíxose nesta edición na Quexería Verbas, preto de Arzúa, na que se elabora un queixo con leite crú artesanal que terá pronto o respaldo do Craega

0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia