Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Friol, escaparate galego do queixo e do pan

25/3/2019

0 Comentarios

 
Feira  do Queixo de Friol / queixosdegalicia.com
O queixo friolense volveu acaparar a atención de milleiros de visitantes / Victoria Rodríguez
A localidade de Friol volveuse converter un ano máis no gran escaparate  gastronómico e turístico do municipio lucense, coa exposición e venda dunhas 12.000 pezas de queixo, mentres que as cinco panaderías da parroquia de Ousá trouxeron ao feiral máis de 3.500 pezas de pan. O resultado final foi o habitual, a comercialización de boa parte dos produtos.

Queixo e pan locais vendéronse na gran carpa da Praza de Andón Cebreiro, arredor da cal volvéronse colocar os postos nos que se puideron mercar diferentes produtos agroalimentarios do municipio, como carne, mel ou ovos.

Na Praza de Rosalía de Castro tamén se deron cita postos destinados á exposición de produtos de diferentes sectores, entre eles a artesanía, o textil ou viños e licores.

Como xa ven sendo habitual en cada feira, ao carón da carpa principal, no posto instalado polo concello, os asistentes degustaron na xornada dominical os dous productos locais, acompañados dun  viño.

Un feiral de referencia

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá -que celebrou a súa 27 edición- ten un recoñecido prestixio, que se reflicte cada ano nunha asistencia multitudinaria, que logra triplicar ano tras ano a poboación do municipio, segundo as contas que fai o alcalde do concello, José A. Santos Sánchez, quen non dubida en sinalar tamén que esta importante afluencia coloca a Friol nun lugar de referencia na comunidade autónoma.

Trátase dunha feira que medra ano a ano -que se moderniza- pero que o concello -organizador do encontró- considera que debe seguir mantendo a súa esencia, ofrecendo produtos totalmente artesanais como o o pan e o queixo locais.

Para fomentar o potencial turístico está impulsando o concello diversas accións, entre elas  a solicitude para que a feira sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego por parte da Xunta de Galicia. Trátase dunha resolución da Administración  Autonómica que se presume inminente e que lle dará máis prestixo ao enconto anual.
Imagen
O feiral congrega cada ano o equivalente ao triplo da poboación do municipio / Victoria Rodríguez
0 Comentarios

Friol, escaparate galego do queixo e do pan

25/3/2019

0 Comentarios

 
Imagen
Haz clic aquí para editar.
0 Comentarios

Moeche, camiño da consolidación da Feira do Queixo

17/3/2019

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
O alcalde de Onís (Asturias) -a dereita- espera turno para falar do queixo Gamonéu.
​O balance da 4º Feira do Queixo de Moeche foi "moi positivo" , e houbo máis xente este domingo que na pasada edición. Máis queixerías e, ás dúas da tarde, o que estaban transmitindo algúns postos de venda é que xa non tiñan existencias, mentres outras ían camiño do mesmo. Un dato significativo: algúns dos participantes confirmou vendas superiores mesmo ás de hai uns días no Fórum Gastronómico da Coruña. En conclusión, considera a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, que a feira local do queixo entra na etapa de consolidación e que se pode "seguir apostando por este sector e por este produto", sinalou.

Entre as novidades deste ano -ademais da asistencia ao feiral da denominación de orixe asturiana Gamonéu- destacou a alcaldesa a presenza de máis queixerías que na anterior edición, algunhas delas cun curto pero máis que interesente percorrido, como é o caso da queixería de Guitiriz (Lugo)  Biscato, cun queixo moi especial que haberá que ir descubrindo, e que foi un dos que hoxe vendeu  todo.

Reclamos importantes foron os obradoiros para os máis pequenos, que puideron experimentar no campo da cerámica, con máis actuacións musicais que en 2018. E concentraron tamén a atención dos asistentes as catas de queixos.

Pero houbo máis novidades, como a presencia do queixo Galmesano (Arzúa/A Coruña), que se puxo no mercado no 2017 e que viña ao feiral a facer unha promoción que rematou a media xornada co cartel 'fin de existencias'.

Queixo ecolóxico local

E dentro do panorama local, houbo propostas importantes tamén, xa que Lácteos de Moeche presentou un queixo ecolóxico, acollido no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega). Trátase, en palabras da rexedora municipal, "dun éxito", ao lograr un queixo ecolóxico feito con leite dunha gandaría do municipio (Lavandeira) que acadou o certificado de leite ecolóxico, o que interpreta como un "unha alegría e un plus" xa que, ademais dos sesenta anos que leva Lácteos Moeche elaborando produtos no concello, estase a enriquecer con este recoñecemento "o sector lácteo noso", sinalou.

Valorou a alcaldesa a importante resposta dos visitantes pola mañá -co respaldo do bo tempo- e recalcou que o feito de programar actividades pola tarde, permite encher novamente o recinto feiral (de 1.200 metros cadrados) , non na mesma medida de horas antes, pero si coa intensidade suficiente para manter  visitantes e actividades de todo tipo que teñen na gastronomía e na proxección do sector lácteo a clave do encontro anual.

A importancia da innovación e das vendas no exterior

E un dato tan novidoso como importante, o alcalde da localidade asturiana de Onís, José Manuel Aveledo Viesca, invitado hoxe á feira en representación dun queixo tan emblemático como o Gamonéu, sinalou que Galicia ten potencial para producir queixo e comercializado e que co respaldo da Administración " ten que saír máis ao exterior", dixo, para recalcar que na súa estancia en Galicia, viu nos queixeiros galegos unha importante cualidade "á innovación".

Imagen
Tres das novidades galegas da feira de hoxe, entre elas o queixo ecolóxico de Lácteos Moeche
0 Comentarios

O Tren do Queixo volve o domingo a Moeche

16/3/2019

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.comO Tren do Queixo facilitará novamente desde Ferrol o traslado á feira
​As festas gastronómicas no norte coruñés, con encontros anuais dabondo coñecidos como A Festa do Requeixo da Capela (a finais de agosto) ou o A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente (en outubro), teñen este fin de semana réplica no municipio de Moeche, que celebra a cuarta feira de exaltación do queixo local. Ao encontro acudirán en total 26 productores, entre eles, queixerías das catro denominacións de orixe protexida (DOP) de Galicia e un invitado moi especial, o queixo asturiano Gamonéu. Para achegarse ao encontro, un ano máis, funcionará o Tren do Queixo.
​
Co peche do programa definitivo xa hai uns días, o concello, organizador do encontro, facía público o programa de actos, que inclúe obradoiros infantís de cerámica e de elaboración de queixo, un concurso de cociña, varias catas comentadas, actuacións musicais e un espectáculo circense.

Para participar nas catas de queixo será preciso reservar praza con antelación no mesmo lugar onde se celebran. Son catas para un máximo de 20 persoas, cun prezo de 5 euros que inclúe a degustación de catro queixos e dun viño.

Tren do Queixo

O programa inclúe saídas da feira ao Castelo de Moeche e regreso novamente ao recinto. Como en edicións anteriores, non faltará o Tren do Queixo. Trátase dun servizo que busca facilitar os traslados a Moeche desde Ferrol e, ao mesmo tempo, reividicar o valor do ferrocarril como medio de transporte e como un servizo imprescindible para a comarca.

O Gamonéu, un convidado especial

E para enriquecer as propostas -ademais de produtores de San Sadurniño, Asturias, Castela e León, Estremadura, Cantabria e mesmo de Francia- por primeira vez, un convidado especial: o Gamonéu, un queixo das zonas de Onís e Cangas de Onís, dos máis exquisitos e tamén exclusivos dos que se producen en Asturias. Ademais de ter un lugar destacado na feira deste 17 de marzo, o concello foi convidado tamén a visitar a localidade de Onís, para coñecer polo miúdo o produto que, desde logo, non vai pasar desapercibido este domingo na 4ª Feira do Queixo de Moeche. 

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Cortes de Muar, Queserías del Eume e Queixería Prestes -ao fondo-, na feira do ano pasado
0 Comentarios

Festa do Queixo de Arzúa: medrando baixo a choiva

10/3/2019

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
O Concello de Arzúa, organizador da festa, confía en que nesta edición medrase o xa elevado número de asistentes
A Festa do Queixo de Arzúa espera superar nesta edición que hoxe se pecha "todas as expectativas", despois de que o sábado acudise moita xente aos actos programados en que ao longo da xornada dominical houbese unha resposta similar, segundo as primeiras impresións do alcalde deste municipio coruñés, José Luis García. Un ano con outro, este encontro anual congrega durante tres días arredor do queixo e da música uns 40.000 asistentes. Choveu na xornada dominical, pero os paraugas e as ganas de pasalo ben superaron inconvenientes.

O concello, organizador da festa, busca cada ano traer algunhas novidades do mundo dos queixos para ofrecer algo distinto que probar e mercar, se é o caso, aínda que as grandes propostas están sempre na exaltación do queixo da zona, que non en balde e o segundo de España en vendas, e iso tendo en conta que boa parte da produción do Arzúa-Ulloa vai parar ás mesas dos galegos.

Mención especial entre as novidades queixeiras -aínda que nesta ocasión fundamentalmente emblemática- foi a elaboración dun macroqueixo, reproducindo o mapa de Galicia, elaborado cuns 4.500 litros de leite e que permanceu exposto durante toda a xornada nunha das entradas do recinto feiral. Foi, sen dúbida, o motivo máis fotografado da xornada, e iniciativa de Queixería Barral, que en 2018 sorprendou xa cunha proposta similar.

Outra das novidades foi a inauguración, o pasado xoves, 7 de marzo, da escultura 'homenaxe ao queixo', obra de Cándido Pazos, artista e embaixador do Camiño de Santiago por toda Europa. Entre outras moitas propostas, foi igualmente importante a celebración de catas e obradoiros a cargo da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, con diversas actuacións nos colexios, onde vai crecendo o interese por incluír na dieta un produto tan completo como o dos derivados lácteos, entre os que o queixo ocupa un lugar destacado.

Rematada a festa deste ano, asegura o alcalde de Arzúa que haberá unhas "semaniñas de descando" e que "rápidamente haberá que empezar a pensar e traballar na próxima edición".

Concurso de pinchos e tapas

A casa de Comidas Chelo foi o establecemento gañador do concurso de pinchos e tapas que a DOP Arzúa Ulla organizou esta semana como un acto completario desta festa.

 A tapa denominada 'Con queixo, pan e viño faise o camino' foi a que máis puntuación acadou na valoración do xurado, que durante a tarde so sábado percorreu os dez establecementos finalistas. O segundo premio foi para o 'Trampantojo de cocido con queixo Arzúa-Ulloa', unha orixinal creación de Casa Nené. E o terceiro lugar correspondéulle a 'Hamburguesa con Arzúa-Ulloa', da Cafetería Encontro.
​
No consurso tomaron parte vinte e dous establecementos da hostalaría da vila de Arzúa, que elaboraron as súas creacións con queixo cedido gratuitamente polo consello regulador.
 
Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Un mapa de Galicia elaborado con 4.500 litros de leite presidiu este ano a entrada do feiral
0 Comentarios

26 produtores na Feira do Queixo de Moeche

7/3/2019

1 Comentario

 
Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
A Feira do Queixo de Moeche, que entra na cuarta edición, incrementa en tres os produtores de 2018
Comenza a tempada feiral para os queixos galegos, coa celebración, este mesmo fin de semana, da 44 Festa do Queixo de Arzúa (A Coruña), á que seguirá o domingo, día 17, a de Moeche (A Coruña), para a que confimaron xa a súa asistencia un total de 26 produtores. A estructura será moi similar á das últimas tres edicións, concentrando na nave do mercado desde pola mañá ata a tardiña toda a actividade expositiva e comercial.

A Feira do Queixo de Moeche naceu co obxectivo inicial de servir como punto de encontro e escaparate da transformación leiteira na comarca e de dar a coñecer o queixo local, potenciando, deste xeito, unha parte do sector primario cunha prolongada tradición na zona. Celebrada a primeira edición, o Concello de Moeche, que organiza o encontro, apostou por darlle paso a un maior número de queixerías galegas e tamén doutros puntos de España e do estranxeiro.

O resultado, neste momento, son 25 queixerías participantes, ademais de Lácteos Moeche, que colabora na organización. Haberá queixos das catro denominacións de orixe protexida (DOP) de Galicia, sen olvidar produtores de San Sadurniño, Asturias, Castela e León, Estremadura, Cantabria e mesmo de Francia. Todo isto, gastronomicamente reforzado con outras especialidades de excelente calidade como pan, mel ou doces tradicionais.

Máis de nove horas para mercar e disfrutar
​
Das dez da mañá as sete e media da tarde, os asistentes terán oportunidade de participar en diversas actividades culturais, gastronómicas e turísticas, moitas xa coñecidas de anteriores edicións. Entre elas, obradoiros, catas e actuacións musicais.

Haberá tamén, por primieira vez, un convidado especial: o Gamonéu, un queixo das zonas de Onís e Cangas de Onís, dos máis exquisitos e tamén exclusivos dos que se producen en Asturias. Ademais de ter un lugar destacado na feira deste 17 de marzo, o Municipio de Moeche foi convidado tamén a visitar a localidade de Onís, para coñecer os pormenores do produto e, sobre todo, polo que poida ter de enriquecedor este produto e a feira que celebra a vila asturiana a finais de outubro, para trasladar experiencias ao certame coruñés. 

Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
Entre outras propostas, na edición de 2019 haberá queixeiros das catro denominacións de orixe protexida galegas
1 Comentario

Arzúa-Ulloa, entre don Carnal e dona Coresma

3/3/2019

0 Comentarios

 
Festa do Queixo de Arzúa / FQA/queixosdegalicia.com
Presentación da 44 festa do Queixo de Arzúa deste ano, na que non faltou a exaltación do Día da Muller, o 8 de marzo
A Festa do Queixo de Arzúa cambiou este ano de data. E iso, co obxectivo de non coincidir co Entroido e que a xente puidese gozar de ambas festas. E co Entroido en plena efervescencia, chega a conta atrás para un dos 'supervendas' dos queixos españois. O xoves, 7 de marzo, inaugúrase a  escultura homenaxe ao queixo, creada por Cándido Pazos.  Hai moitas novidades máis, como a elaboración dun queixo xigante co mapa de Galicia. E está tamén o esperado pregón desta 44ª edición, que se lle encargou ao cociñeiro de 'Larpeiros', Benigno Campos. O domingo, día 10, chegaralle o turno aos queixos, coa gran exposición anual no recinto feiral. E logo música, moita e boa música.

Esta nova edición da Festa do Queixo Arzúa traballa coa idea de implicar cada vez máis á xente nova. Para ixo, convócase a terceira edición de 'Pequenoqueixo', pero está tamén a participación da mocidade na organización destre encontro,  para formar a un grupo de voluntarios en directa colaboración co Concello.

Para a ocasión, a Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa aportou 400 quilogramos de queixo gratuitos para petiscos, concertos e agasallos, e pensa esta denominación -de cara a un futuro próximo- sumarse á celebración do Xacobeo 2021, impulsando o Camino do Norte co queixo, unha decisión que non fará senón darlle máis proxección.

O queixo na escola

A DOP  quixo valorar neste nova edición da festa a participación da xente moza na preparación de degustacións no seu posto feiral, e na realización de obradoiros  especialmente indicados para a participación de nenos e nenas, coa importante intención de achegar aos máis pequenos a importancia de incluír o queixo na súa dieta. Para iso, cada ano, fanse actividades e obradoiros nos centros educativos. É, sen dúbida, un labor que debe medrar exponencialmente, non só nesta senón nas restantantes denominacións galegas.

E para a promoción do queixo nos días previos a festa de exaltación, está en marcha tamén o XIII Concurso de Tapas e Petiscos, que organiza a DOP, e que se poden degustar xa nos establecementos da vila arzuana entre as 18,00 e as 23,00 horas.

Nesta 44 edición apuntáronse a festa do queixo u total de 70 expositores, con 13 queixerías da DOP Arzúa-Ulla e seis postos de produtores lácteos tracionais (PLT) - todos eles co seu correspondente rexistro sanitario, segundo obriga a normativa legal. Hai, igualmente, 29 queixerías de diversa procedencia. Pero fóra do recinto queixeiro hai moitas e moi variadas propostas máis. 
Festa  do Queixo de Arzúa / FQA/queixosdegalicia.com
E despois da presentación, tempo para intercambiar impresións entre os asistentes ao acto
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia