Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixo do Cebreiro, "un produto que che quitan das mans"

27/3/2016

0 Comentarios

 
XXX Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
O recoñecemento como Festa de Interese Turístico axudará a unha maior proxección da Feira do Queixo do Cebreiro
ImagenEnrique Fernández, presidente da DOP Cebreiro
​Pedrafita celebrou este venres a XXX edición da Feira do Queixo do Cebreiro coa boa nova do seu recoñecemento por parte da Xunta como Festa de Interese Turístico de Galicia e coa incorporación duns 30 novos postos de venda, o que fixo que se situasen en arredor de 100. Entre as novidades estivo tamén a presentación no feiral  doutra queixería, a cuarta,  adscrita a Denominación de Orixe Protexida. Para a edición de 2017 espérase que estea presente cando menos outro novo produtor, que está agora coa presentación dos trámites previos para a inscrición.
Aínda que co ceo nubrado e unha certa ameaza de chuvia, a asistencia de visitantes foi masiva un ano máis, con miles de persoas repartidas polo amplo abano de postos de venta e cun especial interés por probar e adquirir os queixos da zona  e tamén outros moitos procedentes de distintos puntos de Galicia. Non faltou tampouco unha gran variedade de produtos elaborados de forma artesanal ou baixo as súas respectivas denominacións de orixe. Entre eles os derivados do porco, o viño, o mel ou o pan.
A idea é que a denominación siga a medrar, xa que hai bastantes queixerías que están dispostas a entrar no consello regulador, segundo o alcalde de Pedratifa, José Luis Raposo, para quen este é o camiño a seguir para consolidarse. Asegura o rexedor municipal que o queixo do Cebreiro "é un produto que che quitan das mans", e isto esta a terse cada vez máis en conta. Aínda que hai moito gando de carne, o Consello Regulador para a recollida da materia prima para facer o produto, abarca zonas de leite que chegan ata Triacastela ou Castroverde e a aparición ou incorporación de novos produtores é posible.
A rendibilidade de transformar o leite
Debido ás dificultades polas que está pasando o sector do leite, entende o alcalde que se debe ir cara a súa transformación e  que cada vez se venda menos como un produto sen mais, porque o problema é grave. "Entón, a transformación  en queixo ofrece unha rendibilidade importante que é necesario ter cada vez máis en conta", afirma.
Unha vez que se conta xa co recoñecemento do encontro como Festa de Interese Turístico, o Concello de Pedrafita traballa na posibilidade de colaborar co Grupo Nove nunha proposta de degustación de produtos que se poidan elaborar con este queixo en feiras e festas turísticas. A idea é que todo poida estar disposto xa en 2017.
Considera  José Luis Raposo que o queixo do Cebreiro ten moito percorrido en materia gastronómica e bota man dunha anécdota protagonizada por unha muller hai trinta anos, cando comezou esta feira. Sinalaba por entón esa persoa que lle viña o lugués Mesón de Alberto a comprar o queixo do Cebreiro para facelo fundido con diversos manxares. A visita tiña lugar, especialmente, coa chegada da Semana Santa. Logo, laiábase a produtora de queixo que non tiña moitas máis posibilidades de colocar o produto.
Recorda o rexedor municipal que se propuxo, en caso de chegar á alcadía, que con el viría tamén a feira do queixo, "e así foi",  sinala.
Unha produción de 35.000 quilogramos
Segundo o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro, Enrique Fernández,  actualmente a produción está en torno aos 35.000 quilogramos anuais de produto, cunha facturación de aproximadamente 220.000 euros. Tampouco oculta Enrique Fernández que as expectativas de produción de cara a un futuro inmediato son optimistas, coa previsible incorporación de novas queixerías. 

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita / queixosdegalicia.com
O alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, na presentación da pregoeira desta edición, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
0 Comentarios

Cebreiro: Feira do Queixo, Festa de Interés Turístico   

23/3/2016

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Cebreiro / queixosdegalicia.com
Ás queixerías Marqués de Cernadas, Castelo e Santo André únese este ano a participación de Fonchave
Este venres,  o municipio de Pedrafita celebra a feira anual de exaltación do seu producto máis emblemático, o  queixo, que  está de en hora boa,  porque  neste mes no que andamos o encontro acaba de ser declarado Festa de IntereseTurístico Galego, un recoñecemento que outorga o Consello da Xunta previa proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Quere dicir que pasa a formar parte dese amplo abano de festas que, sen saír da provincia lucense, inclúe celebracións como  As San Lucas (Mondoñedo), a Feira do Bonito de Buela, a Feira do Viño de Amandi (Sober), a Festa da Faba de Lourenzá, a Festa da Maruxaina (San Cibrao/Cervo) ou a Romaría do Naseiro (Viveiro), entre outras.

Para a ocasión esperase que acudan uns 100 expositores, 30 máis que na edición de 2015, segundo puxeron de manifesto o pasado martes en Lugo o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo,  e a deputada provincial Pilar García Porto. Tamén asistiron á presentación o presidente da Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro, Enrique Fernández, e a responsable de organización do feiral, Susana García.

Novas inscripcións
Os  protagonistas principais volverán ser os as queixerías inscritas na Denominación de Orixe Protexida, que son catro na actualidade, Castelo de Brañas, Santo André, Marques de Cernadas e Fonchave. Este mesmo ano, esperase que outras dúas queixerías da zona se dean de alta no consello regulador da denominación.

As actividades poranse en marcha as nove e media, tanto no recinto feiral como na casa da cultura. Como en edicións anteriores, haberá diversos postos de gastronomía, artesanía e outros moitos produtos da comarca.
Durante a xornada intervirán, no apartado musical, a charanga Madialeva de Sarria e o grupo de baile
​tradicional Xistra. O pregón está programado para a unha da tarde e será a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
0 Comentarios

Uns 15.000 visitantes na XXIV Festa do Queixo e Pan de Ousá

20/3/2016

0 Comentarios

 
XXIV Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
No recinto feiral puxéronse á venda unhas 9.000 pezas de queixo procedentes do municipio
ImagenAs panadarías de Ousá tamen foron protagonistas da feira
O municipio lucense de Friol celebrou hoxe a XXIV Festa do Queixo e Pan de Ousá, nunha xornada na que a chuvia restou asistencia a este encontro anual. Aínda así, segundo as cifras oficiais, unhas 15.000 personas visitaron ao longo do domingo a localidade, co queixo e o pan como principais reclamos.

Como cada ano, os visitantes tiveron a oportunidade de contrastar calidades e prezos entre os 90 postos de venda de queixo que se congregaron na carpa do recinto feiral, cunhas 9.000 pezas a venda, mentres que as cinco panadarías da parroquia de  Ousá que concorreron ofertaron 3.000 pezas de pan.

Friol ten unha longa tradición xa na fabricación de queixos e hai tamén unha gran paixón polo produto. De feito, todos os restaurantes da zona teñen no menú sempre un queixo de Friol, segundo recalca o alcalde deste municipio, José Ángel Santos Sánchez, quen ten en mente darlle un impulso ao producto na procura dunha maior proxección na cociña e das súas posibilidades gastronómicas.

O 90 por cento do queixo que se puso este domingo a venda en Friol, que estaba na carpa do recinto feiral, prodúcese no municipio. O restante,  estivo á venda nos postos de fóra, instalados na parque Rosalía de Castro.

E con motivo da celebración o próximo ano do primeiro cuarto de século  da feira do queixo municipal, sen desvelar polo momento ideas e proxectos,  non oculta o rexedor friolés que se van preparar para a ocasión sorpresas e atractivos novos.

O concello, organiza e patrocina
O concello de Friol é o organizador e o patrocinador do feiral, polo que ademais dun traballo continuado ao longo do ano para preparar o encontro, debe aportar a correspondente asignación económica, que para esta ocasión se sitúa, aproximadamente, entre os 40.000 e os 50.000 euros.

En palabras do alcalde, "o  esforzo vale a pena", posto que a feira constitúe o mellor escaparate dun municipio rural que ten no sector primario o seu principal soporte económico.
​
Nesta xornada dominical, ademais de pasarrúas, charangas, concerto folk e a actuación como cada ano dunha orquesta de renome, ofrecéuse no Centro Multiusos, no polígono industrial, unha mostra de horta, flor, frutal e forestal. 

Cuadro
O alcalde de Friol, hoxe, na visita á mostra organizada no Centro Multiusos do polígono industrial
0 Comentarios

Moeche pecha con notable a primeira edición da Feira do Queixo 

8/3/2016

0 Comentarios

 
Iª Feira do Queixo de Moeche / queixosdegalicia.com
O público respondeu a esta primeira Feira do Queixo de Moeche, no que axudou o bo tempo
As expectativas, máis que cumpridas, víronse superadas, e a lª Feira do Queixo de Moeche pechou edición cunha boa asistencia de público. O tempo tamén axudou o seu, e a presenza do sol prestouse  para disfrutuar do paseo e do xantar. A falta de cifras oficiais polo momento,  fálase inicialmente dunhas ventas no recinto feiral máis que favorables.  

Esta feira, que impulsa o Concello de Moeche, en colaboración coa Deputación  Provincial da Coruña, formou parte no seu momento  do programa do actual equipo de goberno municipal, que encabeza Beatriz Bascoy Maceiras, satisfeita agora de que poideran confluir  as bondades dun queixo ben coñecido, con sesenta anos de vida, e as posibilidades que ofrece o recinto feiral.

As previsións de cara ao futuro inmediato, segundo a alcaldesa, despois da resposta nesta primeira edición, son continuar coa feira e ampliar ata onde sexa posible a proposta.

Nesta ocasión acudiu ao feiral, sobre todo, xente da comarca, fundamentalmente de Ferrol, San Sadurniño, Narón ou Ortigueira. Pero tivo  unha relevancia especial tamén o denominado 'Tren do Queixo', cuxos ocupantes contaron cun desconto do 50 por cento nos prezos de degustación do queixo e que dispuxeron tamén dun servizo de autobús para desplazarse ata pofeiral. Xa pola tarde, houbo visitas organizadas ao Castelo de Moeche.

O 'Tren do Queixo'
O 'Tren do Queixo' partiu de Ferrol e parou en Narón e San Sadurniño, con baixada en Moeche, onde os viaxeiros recibieron as bonificacións para degustar o queixo.

A alcaldesa espera que este escaparate promocional permitirá darlle unha proxección aínda maior aos queixos de Moeche  e tamén aoutros da comarca, como os de Sanjurjo, Brigantia ou O Casal.

Da única empresa que se adica no municipio á fabricación de Queixos, Lácteos Moeche, destacou Beatriz Bascoy que vende moito, incluídas as súas últimas incursións no mercado estadounidense, a través dun consorcio. Ademais, recolle o leite na comarca, no concello e nos limítrofes.
​
Moeche ten unha tradición de feiras gandeiras de hai máis de cen anos (celébranse o 11 e o 23 de cada mes), e está logo a 'feira grande' do cabalo, o 23 de abril. Económicamente, o municipio destacou tamén pola cantería, pola pedra de toelo, unha parte que tamén pretende recuperar o concello, con outra feira anual.
Nestre concello, de 1.300 habitantes, destac igualmente a existencia de cinco carpinterías e de moblerías. Todos estes productos pretenden recuperarse e impulsarse tamén ao longo da lexislatura, con feiras monográficas novas, ademais de manter a do queixo agora iniciada. 
Beatriz Bascoy, alcaldesa de Moeche / queixosdegalicia.com
Beatriz Bascoy, alcaldesa de Moeche, satisfeita cos resultados desta primeira edición do feiral
0 Comentarios

Arzúa-Ulloa, aires de festa, sabor a lenda

7/3/2016

0 Comentarios

 
41 Festa do Queixo Arzúa-Ulloa / queixosdegalicia.com
Por momentos, costa traballo abrirse paso para chegar ao queixo preferido
Pasou o día e pasou a festa. O encontro anual do Arzúa-Ulloa volveu recoller aires de celebración e tamén de lenda, recendos dun sabor que xa non se lle escapa case a ninguén -porque é o segundo queixo que máis se vende en España- e volveron quedar no imaxinario dos amantes do produto palatales e pituitarios alcatreos, aromas vellos e sabores novos.
Sí, aromas vellos arquivados na biblioteca do maxín, porque os queixos con leite cru que saen das dúas comarcas son quintaesencia da infancia,  referente que corre parello ao camiño dos camiños de Europa. E sabores novos, punteiros, dun producto baseado na calidade, en queixos que casan cunha rebanda de pan ou que se transforman en condimentos estrela da mellor gastronomía.
Na Fest​a do Queixo Arzúa-Ulloa, que acaba de celebrar a súa 41ª edición, sen dúbida,  ten a súa importancia a proxección e a venda do produto, pero hai valores máis entrañables, sutís e integrantes tamén, dun ou doutro xeito dese imaxinario.
De feito, o presidente da Denominación de Orixe Protexida, Luis Carrera Valín, mantén que o feiral seméllase moito a cando se celebra en calquera parroquia de Galicia a festa do Patrón. E afirma que hai moitos patróns dos galegos, e que un deles é o queixo do país, que todo o mundo coñece e que termina por estar en todos os fogares. Así que, cando menos, unha vez ao ano, vense  'honrar' este queixo, aos elaboradores, aos produtores e aos consumidores.
Exaltación do queixo
Xa que logo , onte, hoxe, mañá, dentro dunha semana ou dun mes, o Arzúa-Ulloa pódese atopar en calquera punto de Galicia e en moitos de España, pero acudir á chamada anual do concello de  Arzúa, ten moito de exaltación e de honra ao queixo.
É certo, hai vendas, hai promoción, pero o máis importante é, en palabras do presidente da denominación, a "honra a ese produto".
A nova edición da Festa do Queixo Arzúa-Ulloa volveu ter na xonada deste primeiro domingo de marzo milleiros de visitantes, que se tiveron que prover de paraugas e roupa de abrigo para resgardarse das amenazas de chuvia.  
Coma sempre, moita xente, moi poucas e distantes prazas libres de aparcamento nas horas de clave, moita distracción, moitos e moi bos concertos musicais ao longo de dous días,  e un debuxante e humorista de excepción, ´'O Carrabouxo', que  puxo o sábado imaxinación e sorrisos no pregón. E desde logo a presenza na festa, despois dalgúns anos, doutro clásico, A Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla .
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia