Quere dicir que pasa a formar parte dese amplo abano de festas que, sen saír da provincia lucense, inclúe celebracións como As San Lucas (Mondoñedo), a Feira do Bonito de Buela, a Feira do Viño de Amandi (Sober), a Festa da Faba de Lourenzá, a Festa da Maruxaina (San Cibrao/Cervo) ou a Romaría do Naseiro (Viveiro), entre outras.
Para a ocasión esperase que acudan uns 100 expositores, 30 máis que na edición de 2015, segundo puxeron de manifesto o pasado martes en Lugo o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, e a deputada provincial Pilar García Porto. Tamén asistiron á presentación o presidente da Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro, Enrique Fernández, e a responsable de organización do feiral, Susana García.
Novas inscripcións
Os protagonistas principais volverán ser os as queixerías inscritas na Denominación de Orixe Protexida, que son catro na actualidade, Castelo de Brañas, Santo André, Marques de Cernadas e Fonchave. Este mesmo ano, esperase que outras dúas queixerías da zona se dean de alta no consello regulador da denominación.
As actividades poranse en marcha as nove e media, tanto no recinto feiral como na casa da cultura. Como en edicións anteriores, haberá diversos postos de gastronomía, artesanía e outros moitos produtos da comarca.
Durante a xornada intervirán, no apartado musical, a charanga Madialeva de Sarria e o grupo de baile
tradicional Xistra. O pregón está programado para a unha da tarde e será a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.