Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Casa Zolle, un crú para esixentes

27/6/2018

0 Comentarios

 
Queixos Casa Zolle / queixosdegalicia.com
Casa Zolle, que fixo a presentación na última feira de exaltación do producto en Friol, partiu de 400 queixos diarios
O mundo dos queixos galegos ten desde hai uns meses un novo fabricante, Casa Zolle (Friol, Lugo), que aproveitou a celebración da última Feira do Queixo e Pan de Ousá para facer a súa presentación oficial. Á fronte da empresa está Ovidio Zolle Vázquez, que fala dunha fábrica artesanal coa referencia dun produto sen denominación de orixe que pretende, fundamentalmente, divulgar e confrontar o queixo lucense de Friol "coa calidade máis grande que hai", afirma.

Non repara Ovidio Pérez en ponderar as bondades do queixo do municipio, do que di "se fai só", polas explotacións, "que aportan leite galego cento por cento", o que supón que se trata "dun produto diferenciado, con vacas de pastoreo", destaca.

A partir de aí, argumenta este fabricante que o leite pasa por uns circuítos pechados, en salas independentes, nos que se lle bota o sal, o cuallo e o fermento. Logo, vén unha curación na que se persegue obter "un queixo manteigoso, un queixo cremoso e un queixo vivo", que logo hai que coidar moito para evitar que críe mofo.

Leite crú

O produto que sae desta fábrica é queixo elaborado a partir de leite cru, aínda que sinala Ovidio Zolle que conta cun pasteurizador que se está utilizando, exclusivamente, "para quentar a camisa da cuba" con obxecto de que o leite estea á temperatura que esixe o xefe de fábrica.
E fai o queixo con leite crú porque é o que lle piden os consumidores. Acaba de empezar e ten unha importante cantidade de produto para vender non so no mercado galego, senón noutros de referencia tan importantes como o madrileño ou o catalán, "para os que se busca ter sempre queixo dabondo para atender a demanda que se produza".

Casa Zolle non ten vacas propias, traballa coa Cooperativa de Friol, á que lle pide unhas calidades determinadas tanto en proteínas como en bactereoloxía. Son vacas de pastoreo galegas.

O mercado manda

Nos inicios, coincidindo coa celebración da última Feira do Queixo e Pan de Ousá, a previsión era producir uns 400 queixos diarios, que supoñen uns 120.000 ao ano. Pero a fábrica ten capacidade para triplicar a produción. "Todo está preparado para iso", sinala, polo que  dependerá do que o mercado demande en cada momento.

Casa Zolle é unha sociedade limitada única, con sede no polígono industrial municipal e unha pequena plantilla de traballadores. Recalca este queixeiro que o principal obxectivo da fábrica é proxectar o queixo de Friol, que insiste en que "é un produto moi demandado non so na comarca ou en Galicia, senón tamén en España".  
​
Queixos Casa Zolle / queixosdegalicia.com
A queixería friolense, tres meses despois de abrir, ten expectativas xa en mercados como o madrileño e catalán
0 Comentarios

Os cremosiños, de moda

10/6/2018

0 Comentarios

 
Melosiño de Cooperativa Hoxe / queixosdegalicia.com
A Cooperativa lalinense Hoxe presentou na Semana Verde un queixo de untar, que se comercializará nunhas semanas
Os amantes dos queixos galegos tiveron este fin de semana en Silleda importantes novidades, coa presentación de novos produtos incorporados xa ao mercado ou que se porán a venda nunhas semanas. Non faltaron tampouco as degustacións, a preparación de pratos, petiscos e sobremesas elaborados a partir do derivado lácteo. Se algo destacaron os expositores, ademais dunha certa evolución positiva na comercialización dos seus produtos no presente exercicio, foi a presencia masiva de público ao feiral da Semana Verde.

Entre as novidades, destacou a presentación dun queixo de untar, obra da Sociedade Cooperativa Hoxe, de Lalín. Trátase dun produto novo que está a demandar o mercado e do que o xerente da queixería, Lito Andión,  sinala que " non lle quero chamar torta do Casar" pero pode servir a idea "para que a xente teña unha referencia, porque non hai ningún tipo de referencia deste queixo en Galicia", argumenta.

Ten un sabor cítrico, resulta moi fácil de comer e, pola súa textura, préstase especialmente para untar. Na presentación, hoxe domingo, empregouse o pan de millo. Ao ser especialmente cremoso convértese, xa que logo, nun queixo  ideal para untar, co parecido á torta do Casar no que se refire só á textura, pero totalmente distinto no seu sabor.

A previsión é polo á venda no prazo dun mes, aproximadamente, pero "pouco a pouco", porque en principio non é doado de facer. Inicialmente estará só nalgunhas tendas - para o cliente que o demandou- e, con posterioridade, iráse incorporando a toda a rede de distribución da queixería. 
​
Requeixo das Neves / queixosdegalicia.com
O chef Fran Sotelino ofrécelle ao público na Semana Verde unha crema de requeixo das Neves que se comercializará en setembro
Crema de requeixo das Neves
Entre as propostas queixeiras desta nova edición da Semana Verde, estivo a da Cooperativa Condado-Paradanta, que prepara novos produtos, como a crema de requeixo, que este domingo tiveron oportunidade de degustar moitos visitantes do feiral. Está preparado tamén para comercializar o "cremoso de requeixo, para acompañar doces e salgados", segundo destaca o xerente da cooperativa, Alejandro Martínez.  
 
O proxecto está xa desenvolvido "no papel", valorado e presupostado,  e búscase agora o financiamento, mentres se está xa cos permisos de obra para axustar o obradoiro á elaboración destes novos produtos. O mes de setembro deste ano é a referencia coa que se traballa inicialmente para presentalo todo na cooperativa.

A idea é que o consumidor final poida levar por separado o requeixo das Neves e as cremas. E hai tamén hai unha liña como base para a elaboración de pratos e sobremesas destinadas aos restaurantes de Galicia. Nestas novas propostas é parte fundamental o chef Fran Sotelino, xerente e propietario do catering Bluemoon Gastro.

'San Roquiño', de Daniberto

Entre as novidades do feiral estivo tamén a doutro novo produto da queixería vilalbesa Daniberto, 'San Roquiño' -un queixo curado de leite pasteurizado de vaca que tamén tiveron oportunidade de probar e mercar os visitantes da Semana Verde- ou os recentes tamén da Cooperativa Caprina Galega, con propostas como o queixo semicurado de cabra con pemento doce  ou o elaborado con arandos. 
​
Imagen
Daniberto aproveitou tamén o feiral para promocionar o seu novo queixo 'San Roquiño', un curado de leite de vaca pasteurizado
Cooperativa Caprina Galega / queixosdegalicia.com
A Cooperativa Caprina Galega trouxo a Silleda as últimas propostas, como o queixo semicurado de cabra con pemento doce
0 Comentarios

Semana Verde: abano de queixos galegos

9/6/2018

0 Comentarios

 
Hoxe queixos / queixosdegalicia.com
A queixería lalinense Hoxe, en plena cata popular dos seus productos, na Semana Verde do ano pasado
O queixo galego ten na Semana Verde de Galicia unha crecente importancia. Nesta ocasión, seguindo o programa de expositores, estarán no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) camiño da ducia de fabricantes, que ademais de produtos das catro denominacións de orixe protexidas (DOP) galegas, aportan outras variedades, incluídos os queixos ecolóxicos. E no faltan os de cabra ou o tradicional requeixo de As Neves, sen esquecer marcas procedentes doutros puntos de España, como o Idiazábal (Guipúzcoa).

Para degustar e mercar todas as referencias que presentan as queixerías, mañá domingo será día clave do feiral, no que non faltarán as aportacións dalgúns dos postos de venda, nos que se se programarán actividades tanto para coñecer aspectos fundamentais dos produtos como as súas posibilidades no mundo da gastronomía.

Este pode ser o caso, por exemplo, da Cooperativa Hoxe Queixos, de Lalín (Pontevedra), que ofrece unha ampla mostra de produtos, entre eles os procedentes das denominacións Arzúa-Ulloa e Tetilla. Nas súas instalacións, seguindo as pautas de edicións anteriores, poderá asistirse a interesantes catas de queixo comentadas.

Os amantes do queixo Daniberto,  da denominación de orixe protexida San Simón da Costa, terán oportunidade de adquirir reservas para os próximos meses. Pero, da Tarra Chá hai tamén mostas como da Queixería Don Gabino, que oferta o San Simón de sempre e outros produtos como o queixo graxo madurado. Está tamén neste feiral a Queixería don Crisanto, cos seus queixos San Simón, os da denominación Tetilla, o 'patelo' -que ven a ser o queixo do país de sempre- e tamén un requeixo propio.

Requeixo de As Neves

Un habitual de Semana Verde é o requeixo e mel de As Neves (Pontevedra), unha cooperativa moi seriamente danada nas súas instalacións no grave incendio forestal do ano pasado no municipio e que, sen dúbida, volverá estar a pleno rendemento na próxima festa da exaltación deste emblemático requeixo do sur de Galicia.

Pero as opcións queixeiras non se esgotan aquí, porque estará  en Silleda tamén A Cooperativa Caprina Galega, con sede en Ponteareas, con interesantes produtos. No posto de Dairylac (Melide/A Coruña), ofertanse este fin de semana os seus queixos de Arzúa-Ulloa e Tetilla, , así como queixo crema e queixos en barra (Edam, Cheddar e Gouda).

Dona Cobina (A Golada/Pontevedra) ten entre as súas propostas queixos das denominacións Arzúa-Ulloa e Tetilla, así como queixo de 'barra país', o seu coñecido queixo ecolóxico e un requeixo.

Está presente tamén en Silleda, outra das zonas importantes de produción queixeira galega, Curtis (Lugo) coa recoñecida firma Queinaga, e non faltan outras igualmente significativas do panorama galego, como é o caso de Queixos Barral (Arzúa/A Coruña) e Queixos Castelo, unha pequena empresa familiar da localidade lucense de Pedrafita do Cebreiro a que hai que agradecer a recuperación deste produto e que chegase a obter a denominación de orixe protexida Cebreiro.

A semana Verde de Galicia está na súa 41º edición, un ano máis coa colaboración da entidade financeira Abanca. Ofrece nestes días máis de 200 actividades, nun proxecto que apunta a un rexurdir que, segundo os seus impulsores é  "motor económico de Galicia e símbolo de emprendemento". O domingo pecha as súas portas. 
​
Central Lechera Gallega / queixosdegalicia.com
Central Lechera Gallega, momentos antes de publicitar os seus produtos en 2017 na caseta de Carrefour
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia