Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Os cremosiños, de moda

10/6/2018

0 Comentarios

 
Melosiño de Cooperativa Hoxe / queixosdegalicia.com
A Cooperativa lalinense Hoxe presentou na Semana Verde un queixo de untar, que se comercializará nunhas semanas
Os amantes dos queixos galegos tiveron este fin de semana en Silleda importantes novidades, coa presentación de novos produtos incorporados xa ao mercado ou que se porán a venda nunhas semanas. Non faltaron tampouco as degustacións, a preparación de pratos, petiscos e sobremesas elaborados a partir do derivado lácteo. Se algo destacaron os expositores, ademais dunha certa evolución positiva na comercialización dos seus produtos no presente exercicio, foi a presencia masiva de público ao feiral da Semana Verde.

Entre as novidades, destacou a presentación dun queixo de untar, obra da Sociedade Cooperativa Hoxe, de Lalín. Trátase dun produto novo que está a demandar o mercado e do que o xerente da queixería, Lito Andión,  sinala que " non lle quero chamar torta do Casar" pero pode servir a idea "para que a xente teña unha referencia, porque non hai ningún tipo de referencia deste queixo en Galicia", argumenta.

Ten un sabor cítrico, resulta moi fácil de comer e, pola súa textura, préstase especialmente para untar. Na presentación, hoxe domingo, empregouse o pan de millo. Ao ser especialmente cremoso convértese, xa que logo, nun queixo  ideal para untar, co parecido á torta do Casar no que se refire só á textura, pero totalmente distinto no seu sabor.

A previsión é polo á venda no prazo dun mes, aproximadamente, pero "pouco a pouco", porque en principio non é doado de facer. Inicialmente estará só nalgunhas tendas - para o cliente que o demandou- e, con posterioridade, iráse incorporando a toda a rede de distribución da queixería. 
​
Requeixo das Neves / queixosdegalicia.com
O chef Fran Sotelino ofrécelle ao público na Semana Verde unha crema de requeixo das Neves que se comercializará en setembro
Crema de requeixo das Neves
Entre as propostas queixeiras desta nova edición da Semana Verde, estivo a da Cooperativa Condado-Paradanta, que prepara novos produtos, como a crema de requeixo, que este domingo tiveron oportunidade de degustar moitos visitantes do feiral. Está preparado tamén para comercializar o "cremoso de requeixo, para acompañar doces e salgados", segundo destaca o xerente da cooperativa, Alejandro Martínez.  
 
O proxecto está xa desenvolvido "no papel", valorado e presupostado,  e búscase agora o financiamento, mentres se está xa cos permisos de obra para axustar o obradoiro á elaboración destes novos produtos. O mes de setembro deste ano é a referencia coa que se traballa inicialmente para presentalo todo na cooperativa.

A idea é que o consumidor final poida levar por separado o requeixo das Neves e as cremas. E hai tamén hai unha liña como base para a elaboración de pratos e sobremesas destinadas aos restaurantes de Galicia. Nestas novas propostas é parte fundamental o chef Fran Sotelino, xerente e propietario do catering Bluemoon Gastro.

'San Roquiño', de Daniberto

Entre as novidades do feiral estivo tamén a doutro novo produto da queixería vilalbesa Daniberto, 'San Roquiño' -un queixo curado de leite pasteurizado de vaca que tamén tiveron oportunidade de probar e mercar os visitantes da Semana Verde- ou os recentes tamén da Cooperativa Caprina Galega, con propostas como o queixo semicurado de cabra con pemento doce  ou o elaborado con arandos. 
​
Imagen
Daniberto aproveitou tamén o feiral para promocionar o seu novo queixo 'San Roquiño', un curado de leite de vaca pasteurizado
Cooperativa Caprina Galega / queixosdegalicia.com
A Cooperativa Caprina Galega trouxo a Silleda as últimas propostas, como o queixo semicurado de cabra con pemento doce
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia