Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

En marcha a terceira queixería galega de leite de cabra 

29/10/2016

0 Comentarios

 
Cooperativa Caprina Gallega / queixosdegalicia.com
A Cooperativa Caprina Galega promocionou este ano os seus produtos na Festa do Requeixo da Capela
​Catro pontareanos, dous irmáns e as súas respectivas parellas, están poñendo en marcha a terceira queixería galega centrada na elaboración de leite de cabra. Este queixo, aseguran os impulsores do proxecto, que é o máis rendible, ademais de ser o mais saudable, porque é o que mellor dixire o corpo humano.Fronte á idea que se ten de que o queixo de cabra é forte, a Cooperativa Caprina Galega non dubida en sinalar que se pode facer desde moi suave ata moi forte, en función de como se elabore.

O proxecto púxose en marcha hai dous anos, con cabras alpinas, que dan moito leite, aínda que o rendemento para fabricar queixo non sea moito, o que obriga a a utilizar máis cantidade de materia prima. Utilizando máis leite é como  conseguen un queixo máis suave, argumenta o presidente da cooperativa, Miguel  Rodríguez.

A fabricación comezou fai un ano e está agora nesa fase crucial de ir incrementando a produción en función de que se vaia abrindo mercado. As vendas, polo tanto, deberán ir tirando polo aumento da transformación dos litros de leite producidos, cuxo excedente se vende agora outras empresas.

As 200 cabras da cabana da que dispoñen viven e pacen no municipio lugués de Chantada,  mentres que a transformación faise en dúas queixerías distintas que traballan con leite cru. Iso, porque a queixería non ten de momento fábrica propia.

A Cooperativa Caprina Galega produce mensualmente  entre 8.000 e 9.000 litros de leite, o que supón ao redor de 300 quilogramos de queixo. Pero non son son doados de vender. Hai que seguir dándose a coñecer e continuar  incrementando o mercado, polo que os impulsores deste proxecto acoden aos eventos galegos nos que queixo o  é  protagonista, para promocionar os seus produtos.

O que fabrican vai parar fundamentalmente a tendas e restaurantes. O obxectivo a curto prazo e poder contar cun número suficiente de clientes que lles permita destinar todo o leite producido á fabricación e poder montar unha queixería propia. Isto levará a aumentar a cabaña caprina para ir adiantándose a unha demanda que ten que ir pouco a pouco medrando.

Produtos
A cooperativa ofrece queixos suaves cunha maduración curta (duns quince días) que á medida que vai subindo permite chegar a un produto máis forte, con ata un ano de maduración.

Actualmente dispón dun queixo semidurado de pasta  branda, o máis suave, xa que aos quince días xa sae da nevera.  Ten tamén un semicurado con malta de cervexa que lle da un tono tostado “como se tivese café, apunta Miguel Rodríguez, quen advirte que este tratamento convérteo nun queixo un pouco máis forte, aínda que a maduración é tamén de quince días.

Ten  igualmente  outros como o queixo fresco, o fresco con marmelo e o coñecido como rulo de cabra, que se utiliza para cociñar ou para ensaladas.

Están, por último, os semicurados e curados de pasta dura, os prensados. No caso do semicurado, está dous meses na nevera, mentres que o curado chega ata os seis meses, aínda que este perído pode chegar a un ano.

Todo o que fabrica a empresa é con leite cru, a non ser o  iogur, que ten que ser, por lei, pasteurizado. Neste caso  son de momento dúas as ofertas, iogur natural e con arándanos.

​Un queixo con "futuro"
“O queixo de cabra ten futuro en Galicia”, apunta o presidente desta cooperativa, pero haberá que desterrar ideas como que se trata dun queixo forte, cando non ten por que ser así. E tamén entende que cómpre difundir entre futuros consumidores algunhas das bondades do produto non tan coñecidas como que se trata do queixo máis saudable, “por ser o que mellor dixire o corpo humano”, insiste. 
Cooperativa Caprina Galega / queixosdegalicia.com
Ademais da oferta tradicional, a cooperativa ofrece produtos novos, como queixo de cabra con malta de cervexa
0 Comentarios

Ao redor dun milleiro de visitantes na Feira do Queixo do Eume 

11/10/2016

0 Comentarios

 
VIII Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Na feira do domingo participaron seis queixerías
​O municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez congregou este domingo ao redor dun milleiro de visitantes na VIII Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente, un encontro anual que en cada nova edición vai  gañando adeptos, tanto no que se refire a asistentes en xeral como aos centos de comensais que transforman o encontro nunha cita gastronómica, sen olvidar o aumento dos postos de venda, que pasaron nesta ocasión dos corenta.
 
Así o indicou a titular de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego do concello pontés, Ana María Pena Purriños, quen resaltou que a experiencia segue a ser positiva e que está a servir para que cada ano se achegue máis xente a coñecer o queixo do Eume e o mel de Goente, que é a parroquia na que se celebra o encontro e na que se atopa o  Casa do Mel.
 
O único queixo que se fai no municipio, na parroquia da Faeira, é o elaborado baixo a denominación comercial de Queserías del Eume. É ben coñecido nas comarcas de Ferroltera, Eume e Ortegal, onde se asentan media ducia de queixerías. Trátase, polo tanto, dunha zona onde hai e se consome moito produto, segundo recalca  ao pé de posto de venda Ana Isabel Prieto Díaz, xerente de Queserías del Eume.
 
Esta fábrica, que ofrece uns queixos que polas súas características poderían entrar nas  esixidas na Denominación Arzúa-Ulloa, espera darse de alta en breve -antes de que remate o ano-  na fabricación de queixo da Denominación de Orixe Protexida Tetilla, para a que non existen as limitacións  xeográficas que impón o Arzúa-Ulloa, xa que se pode fabricar en toda Galicia.  Aínda que se trata inicialmente dun reclamo, o obxectivo último é vender o producto en mercados exteriores, fóra da Comunidade Autónoma.
 
E como as feiras son terreo abonado para recoller e analizar a opinión dos amantes do queixo, a fábrica pontesa presentou para a ocasión un novo produto, un semicurado de seis meses, ao que se suma o que xa fabricaba de mes e medio de curación.
 
Nesta oitava edición, acudiron ao recinto feiral –baixo unha gran carpa que ano tras ano se monta para protexerse das posibles inclemencias do tempo- outros cinco postos de venda de queixos, entre eles o da Cooperativa de Produtores Campo Capela -no concello veciño de A Capela-, O Casal (San Sadurniño) ou Queixos de Brigantia, fábrica esta última tamén de San Sadurniño, cun ano no mercado que se está a abrir camiño con produtos como o seu queixo fresco tradicional, un requeixo propio, o seu cremoso ou o semicurado 'Grei de Breogán'.

​800 comensais
 
​A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente está organizada polo concello pontés, xunto coas entidades veciñais Raíces e Virxe do Rosario, así como pola Casa do Mel e por Queserías del Eume.
 
Na comida e na merenda do domingo, en total, calcúlase que participaron uns 800 comensais.  Ademais dos seis postos de venda de queixos, acudiron trece de mel e máis de vinte centrados na artesanía e na venda de productos diversos. 
VIII Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Para a comida e a meranda do domingo preparáronse máis de 5.000 frreixós
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia