Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Diqueixa: un Arzúa-Ulloa con interioridades 'picantes'

28/4/2020

0 Comentarios

 
Queixería Diqueixa / queixosdegalicia.com
Ilda Gómez, licenciada en Económicas pola Universidade Santiago, xestiona Diqueixa
Diqueixa púxose en marcha no ano 1992, despois de que o maior dos tres irmáns da familia de Modesto e Carmen (Casa Diéguez) acordase abrir unha queixería en Olveda, localidade do municipio lucense de Antas de Ulla. Eran tempos nos que algúns produtores -apremiados pola cuota láctea e polas sancións que acarreaba sobrepasar os límites establecidos pola Unión Europea- comenzasen a pensar en dar o salto á obtención de derivados lácteos, co queixo como principal activo. Hoxe, por mor da ampliación do negocio, as instalacións de Diqueixa están no polígono industrial do vecino Concello de Monterroso.

Juan Gómez González, o maior dos tres irmáns -licenciado en Xeografía e Historia- foi o encargado de montar Diqueixa. A súa irmá, Ilda, licenciada en Económicas, optou tamén por quedar na empresa -rematados os estudos-. Nela estaba tamén Fernando -cos de Eduación igualmente rematados-. Fernando é desde entón o encargado da explotación gandeira. Os tres fixeron os seus estudos en Santiago de Compostela. A economía familar permitiu que contasen cun piso propio, o que facilitou a súa formación. Os seus coñecementos, por así dicilo,  foron daquela impulso e valor engadido para o Arzúa-Ulloa  que hoxe se elabora nesta empresa.

Do consumo familar á venda

É tradición que as queixerías galegas teñán na súa orixe a produción de queixos para o consumo familiar para lanzarse logo á venda. Primeiro distribuíndo os excedentes no entorno máis próximo, para aventurarse logo en feiras e nos mercados máis próximos.

Boa parte do futuro camiño estaba trazado xa cando os tres actuais xestores de Diqueixa lle daban voltas a como sería o seu futuro. Axudou o seu que  dispuxeran do respaldo familiar para rematar sen maiores quebrantos económicos os seus estudos e as expectivas de dun proxecto de empresa que espera impulso.

Cando saíron cara aos territorios docentes de Fonseca,  quedaban na explotación unhas 15 vacas. O número foi subindo ata as 200 -e variando-ata situarse nos últimos tempos arredor das 150.

Calidade, prezo, proxección

Ilda Gómez móstrase satisfeita de ter o amparo dos seus queixos baixo a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, "polos niveis de calidade, polos prezos e tamén por unha posibilidade que está en todas partes", resalta.

Atendendo as contas feitas en 2019, Diqueixa ten unha produción mensual duns 6.000 quilogramos de queixo, que en termos anuais representa máis de 70.000 quilogramos.

Todo o queixo deste fabricante véndese directamente, en furgonetas, e nunha extensión que abarca "case toda Galicia", sinala Ilda Gómez, preferentemente en pequenas tendas. Pero Diqueixa está ao alcance de calquer consumidor a través da páxina web da empresa. Aínda que "hai que ir cos tempos" e que é territorio no que necesariamente hai que entrar, recoñece que de momento a  proposta reducida.

Este fabricante ampliou instalacións para producir máis, pero quere seguir mantendo al liña tradicional de produto, deixando de lado de momento as grandes áreas de distribución.

Produtos

Diqueixa ofrece dentro da denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa o  queixo mantecoso e o curado, os dous permitidos. E está logo está o queixo picante, unha modalidade que é réplica do proceso de fabricación que non ten o recoñecemento oficial  pero conta dunha demanda crecente.

Trátase, nos tres casos, de queixo elaborado con leite pasteurizado,cunha demanda maioritaria do Arzúa-Ulloa fresco, nunha relación que supera o 80 por cento da produción.
​
Diqueixa / queixosdegalicia.com
Ilda -que xestiona cos seus dous irmáns a Queixería Diqueixa- en Monterroso-, na feira de 2019 do Queixo da Ulloa
0 Comentarios

Nesta crise, queixo galego

18/4/2020

0 Comentarios

 
queixos galegos / queixosdegalicia.com
Os produtos galegos de calidade, como os queixos, precisan dun respaldo dos consumidores que non lles debe faltar
​Están en marcha unha serie de medidas impulsadas polo Goberno galego para darlle saída aos produtos de calidade do país mentres dure o estado de alarma provocado polo coronavirus. No Diario Oficial de Galicia do pasado 14 de abril, hai unha orde da Consellería do Medio Rural na que se recollen estas actuacións e pola que se crea tamén un canal alternativo para a comercialización dos produtos agrogandeiros de cercanías. No paquete están igualmente os sectores do queixo e do mel. A mensaxe é crara: consumir carnes, viños, hortalizas ou froitas e  lácteos e os seus derivados.

Para darlle saída a esta importante produción, hai xa un acordo coas cadeas de distribución. E Medio Rural porá en marcha en breve unha campaña de comunicación e sensibilización dixida ao consumidor final. O obxectivo e que flúa a actividade comercial.

Coa finalidade de tentar normalizar a venda dos productos do campo, a Xunta acaba de pechar un acordo de colaboración coas grandes cadeas de distribución que traballan en Galicia, co que estas empresas comprométense a mercar os referidos productos durante o estado de alarma.

Queixos e meles

Os productores de queixos e meles están entre os colectivos máis afectados no confinanciamento, polo que o titular do Medio Rural, Xosé González, mantivo esta semana unha reunión por videoconferencia cos presidentes dos consellos reguladores das cuatro denominacións de orige protegida (DOP), así como coa presidenta da Indicación Xeográfica Protegida (IXP) Mel de Galicia.

Participaron  Xosé Luis Carreira (Arzúa-Ulloa) ; Enrique Fernández (O Cebreiro); Daniel Pérez (San Simón da Costa); Javier Sampayo Tetilla; e a presidenta do consello regulador da IXP do mel, Esther Ordóñez.

Campaña de comunicación e concienciación

Medio Rural porá en marcha "de inmediato" unha campaña de comunicación e sensibilización de cara ao consumidor final. Buscará conciencialo da importancia de consumir produtos galegos de proximidade, para apoiar a estes sectores, especialmente namentres dure a actual situación de emerxencia sanitaria.

Trátase de frear a perda de ingresos dos agricultores e gandeiros e de apoiar a continuidade das súas explotacións nuns momentos clave para o seu futuro e para garantir o abastecemento da poboación, "ao tempo que se poñen no mercado produtos agroalimentarios de máxima calidade", remarca a consellería.

Outra medida de interese

O recollido na orde do Diario Oficial de Galicia do pasado 14 de abril contempla tamén -de xeito excepcional e diante da crise actual- a posibilidade de que a Xunta adquira directamente parte dos produtos perecedeiros que teñen risco de deteriorarse para doalos a comedores sociais, hospitais, residencias de maiores ou centros semellantes, todo no contexto da loita contra o Covid-19.

Rede 'Mercaproximidade'

Á espera de máis novas, a Xunta animou -tamén esta semana- ás empresas suministradoras de colectividades e ás plataformas 'on line' a sumarse á rede 'Mercaproximidade', para impulsar a venda dos produtos agroalimentarios galegos.
Deste xeito, os agricultores, gandeiros e industrias transformadoras de produtos agroalimentarios do país poden solicitar desde o pasado 15 de abril a súa adhesión á rede, para paliar as perdas ocasionadas pola crise. Houbo contactos tamén da Administración autonómica co presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López, para comprobar como está afectando a situación aos distintos sectores agroalimentarios da comunidade no seu ámbito. 
​
queixos galegos / queixosdegalicia.com
Os produtores de queixos están entre os colectivos máis afectados pola crise e procede impulsar o seu consumo
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia